Unha ría
é o resultado do anegamento polo mar dun val fluvial;
o anegamento do estuario dun río. Trátase polo tanto dun fenómeno
xeolóxico, que é básicamente un brazo de mar que se interna na costa,
coincidindo coa desembocadura dun río. Este brazo está rexido polas
preamares e baixamares.
As rías
son propias de Galicia pero tamén temos rías en Irlanda, Bretaña e
China.
Ría de Arousa, una das rías
marabillosas que temos en Galicia. Esta ría está formada
polo anegamento do estuario fluvial do río Ulla.
Ría de Arousa.
O que sigue é unha copia do libro "Ríos
de Galicia e augas interiores" de AM . Agán. Aulas náuticas
medioambientais. Ir Indo 2008.
"...Hai dúas teorías que intentan explicar a formación
das rías. Unha é a Teoría de Torre Enciso,
básicamente fala de dúas fases unha na era Terciaria onde se forman os
encaixes dos ríos actuais e onde o nivel do mar queda por baixo do
actual. A segunda parte na era Cuaternaria o clima máis temperado faría
que os glaciares o derreterse elevarían o mar e invadiria os vales
fluviais formando definitivamente as rías actuais.
Así no Cuaternario o clima máis
temperado fai que os glaciares se derreetan, aumentando o nivel do mar que
invade vales fluviais formando as rías.
Divide as rías galegas en tres zonas:
Bloque setentrional:
rías altas, desde Ribaeo a Ortigueira.
Bloque noroccidental:
rías centrais, desde Cedeira a Corcubión.
Bloque suroccidental,
rías baixas de Muros a Vigo.
A outra teoría é a de
Henri Nonn,
que é a misma pero onde pasarían as dúas cousas na era Terciaria.
A maiores fala de catro tipos de rías:
Aquelas en que osríos
que as forman explican o seu trazado. (Rías altas)
As que tiñan forma de
cubeta, alterada no Terciario e cubertas despois polo mar. (Ferrol, A Coruña
e Arousa).
As que son máis
amplas en relación cos ríos que as forman (rías de Muros e Vigo)
E as mixtas que son
vales fluviais ensanchados pola acción química de diferentes materiais ou
por fragmentación do propio terreo (rías de Cedeira e Camariñas)..."
-------------------------------------
Esteiro do río Miño dende o Monte Tegra na Guarda.
O Miño, hai teorias sobre o tema, o seu estuario non formou ría
na Era Terciaria e sigue sendo o estuario que vemos, unha
marabilla por certo. É un dos misterios do río Miño, hai outros...
Saír.