Un caneiro é a canle dunha presa na que se colocan redes para pescar. Tamén é unha presa baixa nun río.

O caneiro está formado por muros de pedra, dispostos transversalmente no río, para conseguir desviar a auga para unhas canles, que en algúns lugares chaman presas.  Estas canles son usadas para pescar, sobre todo anguías, ou ben son aproveitadas as augas para facer funcionar os muíños.

En moitos lugares chámese tamén caneirón, o normal é que o caneirón sexa máis pequeno e rectangular, tamén se chama caneira e guiares.

As palabras pía e caneiro con pallaza están definidas máis abaixo deste texto.

Vexamos alguns caneiros e como funcionan:

 

Caneiro en Portomarín. Río Miño.

Estas construccións facíanse para pescar. Así vese na fotografía (octubro do 2002)  unha canle en V, situada có vértice da V cara arriba no río. No vértice colocábanse as redes polas que ó baixar (as anguías) ou ao subir os peixes, e pasar pola rede, quedaban atrapados.

Valía polo tanto  para pescar peixes de todo tipo incluidas as anguías.

Caneiro en Portomarín. Río Miño.

O caneiro desta fotografía  (anos 1950 ou así) é o mesmo que o da fotografía anterior.

Hoxe este pobo, Portomarín, foi trasladado, e o terreo está baixo as augas do encoro de Belesar. Encoro de Fenosa no río Miño.

 

É o mesmo caneiro que os anteriores. Observar a forma de V do caneiro.

Decíame un paisano en Portomarin que, fai anos, cando non había o encoro de Belesar, un caneiro daba máis anguías que hoxe en todo ano, todo o encoro. Non me estrana, hoxe as anguías están en extinción total no río Miño xa que Fenosa, hoxe Naturgy,  non fixo nada para que remontasen os seus encoros. Un auténtico roubo os galegos... 

CANEIRO NO RÍO MIÑO EN LUGO.

Estos caneiros eran, é inda o son, moi típicos no río Miño. Siguen sendo,  pero sin utilidade e deixando morrer a súa existencia e o seu significado.

Hoxe non se utilizan prácticamente, no referente a pesca fluvial. 

É unha magoa xa que nos caneiros hai moita historia de Galicia.

Moitísima...

Caneiro en Portomarín.

O caneiro desta fotografía esta situado en Portomarín. Por riba da antigua ponte.

Observar a forma e onde se colocaban as redes. 

Este caneiro está visto por debaixo.

As formas triangulares eran típicas.

Caneiro no Río Miño en Outeiro de Rei (Lugo)

Trátase do Caneiro de Sta. Isabel, e está nun área recreativa sensacional de Outeiro de Rei e forma parte dunha ruta fluvial na zona. Está moi ben conservado e cuidado.

Este caneiro desvía tamén a auga para facer funcionar o Muíño de Sta. Isabel.

Caneiro no Río Miño en Outeiro de Rei (Lugo)

Outra vista do caneiro anterior.

A auga desvíase a calquera dos canles que se ven na fotografías.

Tamén se pode desviar á esquerda ó Muíño de Santa Isabel, que se ve na fotografía seguinte.

Muíño de Sta Isabel. Caneiro no Río Miño en Outeiro de Rei (Lugo)

A auga desviada polo Caneiro anterior vai por esta canle ata o Muíño que se ve ó fondo.

O sistema é moi doado de traballar xa que as comportan levántanse accionadas mecanicamente.

 

.

Caneirón no río Sarria.

Este caneirón que en Sarria lle dín "pesqueira" está no muíño dos meus amigos Mercedes e Mourín, por riba  do pobo de Sarria.

En tempos era doado coller anguías nestes caneiróns.

Este caneirón está preto do muíño das Poldras na parte baixa do río e precisamente onde hai un paseo fluvial que lle chaman o "Paseo do caneirón"

 

 

ESQUEMA DUN CANEIRO.

Caneiro descrito abaixo. Esta fotografía é do autor da web. Este caneiro non ten pallaza pero vese a pía perfectamente e os espigóns. Está feita a fotografía en Portomarín un ano que o encoro de Belesar estaba baixo.

 

O esquema e as ideas do texto están sacadas do libro "A pesca tradicional dos ríos de Galicia" de Lois Ladra, publicado pola editorial  Sotelo Blanco no ano 2008.

 

ESQUEMA DUN CANEIRO 1.

Neste dibuxo de Cristobo Fernández, tomado de Ladra 1998 vese o esquema lateral e a planta dun caneiro de Portomarín, concretamente o caneiro anterior e seguintes.

Básicamente está realizado con cachoteira de xisto e son dous espigóns como se ven no dibuxo converxentes ( con chantos de xisto ou troncos). Converxen hacia a pía, que é onde se coloca a rede, as veces ten unha palloza. A pía ten un feitío triangular.

A pía é esa construción en forma de triangulo, en relidade é un prisma triangular dunha boa altura e que aguante as enchentas.

Entre a pía e os espigóns van as bocas que é onde se arma a rede.

Básicamente a idea é que ao baixar a anguía, por exemplo, se vexa levada polas correntes do río hacia esta V, neste caso o río vai de dereita a esquerda, por eso a forma da pía.

A anguía entra na pía e queda na rede.

O caneiro funcionaba perfectamente nas enchentas do outono que era cando baixaba a anguía. (A anguía intenta baixar cara ó mar nuns momentos do ano. Esos momentos eran especiais e normalmente facíano sin lúa e nas primeiras enchentas. É o ciclo da anguía.)

Na estiaxe do verán aproveitávase para construilo.

ESQUEMA DUN CANEIRO 2.

Neste outro dibuxo tamén  de Cristobo Fernández, tomado de Ladra 1998 vese o esquema frontal e lateral da pía.

O importante é amarrar perfectamente a rede de forma que se coloque e se quite perfectamente, e ademais quede  estirada, aproveitando a corrente do río.

Para logralo montaxe o arco que se ve na figura que normalmente era de Loureiro e podía abarcar os dous metros de altura.

O arco vai amarrado nos pes e nun travesaño que se ve no dibuxo, o tesón, que vai amarrado entre as chaveiras e o carrual,  que vai permitir colocalo e sacalo.

Era básico no sistema o uso de barcas para achegarse a estos caneiros. Na pía entendese que houbera unha pallaza ou similar para poder estar o pescador no seu momento. Moitas veces o caneiro tiña adosado unha caseta de pedra, así duraba dun ano para outro.

Os caneiros estaban perfectamente construidos de cara o estudio do movementos das correntes e cachóns do río para obligar a anguía e a pesca a coller precisamente pola pía e caer na rede.

As mellores pescatas de anguías facíanse en noites moi oscuras sin luar e sen vento do poniente, si o río estaba enlodado inda  mellor...

Neste dibuxo está un caneiro do río Sil, observar o parecido. Púseno xa que se ve perfectamente o sentido da auga e o caneiro así como a rede , trae tamén dibuxado a "Liña da auga" e xa colocada a anguieira ou rede onde o baixar quedan as anguías. Sábese hoxe que xa no século X había pesqueiras no río Sil, concretamente na zona de Santo  Estevo de Ribas do Sil, onde hoxe está o encoro, que rematou con todo.

As mellores pescatas de anguías facíanse en noites moi oscuras sin luar e sen vento do poniente, si o río estaba enlodado inda  mellor...

 

¡Que riqueza se perdeu en Portomarín e noutros lugares sin a subida e a baixada da anguía e demais pesca, unha magoa que o progreso remate con todo!...menudo progreso.

 

 

Este é o caneiro anterior pero con Portomarín no seu lugar. A fotografía é dos anos cincuenta do século pasado. Por baixo vense as ruínas da ponte que xa soio tiña un arco. A fotografía está sacada dende a ponte da estrada que unía Sarria con Portomarín, e o río é o Miño.

Aquí vese o arco de loureiro o que se amarra a rede e que leva a súa vez os amarres na pía. A fotografía é de Trabazos, está feita no Páramo en 1998. Pola miña parte está copiada do libro citado anteriormente. Decir que esta rede era a que se usaba na baixada da anguía. Os caneiros dependendo do artilugío que se coloque podería pescarse un ou outro peixe, así por exemplo si na subida se colocaba unha rede tipo buitirón podería pescarse outros tipo de peixe. De tódolos xeitos a maior parte deles o seu uso era en baixada, poñendo a rede a favor da corrente e onde caían kg. e kg. de anguías que regresaban ao mar.

Aquí vese un caneiro con pallaza.  Simplemente un caneiro onde na pía se facía unha pallaza para pasar a noite ou contra o mal tempo.

A fotografía está sacada en Portomarín  (Arquivo Pereira). A pallaza facíase no ano . Hai caneiros onde o triángulo da figura chamado pía se anexionaba por detrás  un lugar para pasar a noitada, o lugar estaba feito de seixos e de forma que aguantara as enchentas do río. Por suposto non é o caso da pallaza.

Tamén se dice caneiro con caseto para pasar a noite.

Fotografía dun caneiro con caseto ou caneiro con pallaza como decían en Portomarín. A fotografía é de Adela Leiro e Mon Daporta. Trátase dunha fotografía do río Miño por riba de Lugo capital.

salir.jpg (922 bytes) Saír.