CARRIOZO.

     Un carriozo (falando de ríos) é un curso de auga de pouco caudal que trascorre por unha depresión do terreo cando chove moito, por suposto buscando un regato o un río. Tamén se chama carronzo,  carrozo, carrouzo, congostra, torrente, cavarca,  idoiro, doira e doiro. Por suposto que si non chove non levan auga. É distinto do regueiro ou regato xa que este ten nacemento nunha fonte.  O carriozo non ten fonte, soio leva auga nas chuvieiras.

 

Carrozo ou torrente no Courel.

O fundamental é que non esté producido por unha fonte e ademais no caso de chover que baixen por alí  as augas.

Esta fotografía está sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

 

 

Na fotografía podería ser un carriozo ou carrouzo  inda que ten toda a pinta dunha corga.

Vexo que no pueblo de Navea en Trives (Ourense) utilizan a palabra cavarca, con este sentido dunha depresión do terreo pola que discurre auga, pero non sempre, cando hai unha choiva forte ou tormenta. Nos meses de calor seca totalmente.

No dibuxo pode entenderse o que é un carriozo.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.