Pousafoles.

        O  Pousafoles dun muíño é unha pedra, ou pedras,  situadas aos lados da porta dun muíño, onde se pousaban os sacos de gran cando se descargaban.

En algúns lugares, como Camba (Ourense) chámanse pescas, estas pedras nas que se pousaban os sacos.

 

A fotografía deste muíño está feita na "Ruta dos Muíños de Vilamea" en Lobios, unha ruta marabillosa da que o muíño de Selas forma parte.

Nesta fotografía queda claro, ou debe quedar claro,  o que é o pousafoles.

Este é un muíño dun soio rodicio e polo tanto unha moa únicamente. É o que se chama un muíño relo.

Aproveito para dicir que este é un muiño relo xa que é dun soio rodicio

 

Ver a fotografía anterior con máis detalle:

Muiño no río Vilamea en Lobios.

 

Ver outra fotografía onde aparece o pousafoles:

Muíño da "Carballeira de Berdeogas" ou "Devesa da lúa" un lugar marabilloso preto de Umbría na Costa da Morte. Este muíño ten un pousafoles ben a vista. O río é o Albarellos un afluente do río Castro. Fotografía de agosto de 2012

 

Neste esquema tendes un muíño, e podedes ver o que é o rodicio.

Hai muíños que teñen varios rodicios. Cando teñen un soio chámanse relos.

Sobre os muíños podedes consultar este link deste mismo dicionario.

salir.jpg (922 bytes) Saír.