Lavago

     O lavago é, en algúns lugares de Galicia como por exemplo en Barbantes (Ourense) na desembocadura do río Barbantiño no río Miño, onde no seu tempo de subida do meixón (angulas e pequenas anguías)  a xente estaba atenta e recollía ó que ao final facía un abono  especial para as terras. sobre todo as viñas do Ribeiro da zona.

Lavago, que se collía na orela do río Miño e do Barbantiño e que se utilizaba como abono, por certo según os datos,  marabilloso para a terra.

Mapa onde se ve o desove das anguías, primeiro nacendo nos Sargazos e logo despois de cruzar o Atlántico,  remontando o río como angulas, logo convírtense en anguías e finalmente volvendo a criar os Sargazos. A palabra lavago fai referencia o punto 3, coa chegada por exemplo o río Miño e o remonte do meixón ou angula. Eran millóns que subían río arriba e que moitas veces ao orillar extraínse, mezcladas con area e barro,  para abonar as fincas...curioso.

Agradezo ao meu amigo e compañeiro Celso Rey García de Barbantes (Ourense)  por proporcionarme esta palabra que por certo non aparece nos dicionarios que consultei.  pero que se utilizaba en toda a zona e que a xente estaba atenta todos os anos para recoller cando subían. 

O lavago levaba aparte de terra e barro moitos meixóns e esa mezcla era especial para abonar as terras. Efectivamente era materia orgánica.

Na fotografía os meixóns ou angulas que subían e se collían na beira do río en determinadas épocas do ano.

Evidentemente este desove no río Miño dende Frieira para arriba pasou a historia...O encoro de Frieira rompe totalmente este proceso.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.