Un coio é un anaco de pedra, de granito ou seixo, de calquera tamaño que sexa, xeralmente arredondeado polo arrastre das augas e que soe atoparse nas beiras do río e por suposto no leito do río.

O coio tamén se chama seixo,  croio e pelouro, .

Un coial, é un conxunto de coios preto dos ríos. Tamén se chama coiñal e coiñeira polo menos no río Miño por Laias.  Outros nomes son coieira, croieira, coído e boleira.

Nesta fotografía, sacada no paseo das Ninfas en Ourense, a carón do río Miño, vese un coial ou coiñeira perfectamente.

Un coial, é polo tanto un conxunto de coios, cantos rodados preto dun río.

Os coios chegaban a este coiñal e outros moitos por sedimentación, a formación dos coios é a partir de pedras e area que arrastra o río. Hoxe cos encoros, en moitos ríos como o Miño,  xa non chegan, xa non hai ese arrastre. Algunhos deste coiñales pasaban dos tres metros de profundidade.

Na fotografía o mismo coial que na anterior pero sacado noutro momento. A fotografía é polo tanto do río MIño, os coios dín un pouco negros demais, é o problema de Ourense que moitas veces a agua ven aceitosa e deixa o coial negro.

Eu penso que son os aceites que votan as turbinas dos encoros. Habería que arranxar esta desfeita.

Cando era rapaz, o baixar o río debaixo das pedras había moreas de anguías; hoxe non hai nin a primeira.

¡Non hai dereito a facer esta desfeita, Srs. de Fenosa!. Hoxe Naturgy.

 

Na fotografía, sensacional, vese unha troita en postura, por suposto viva e no leito do río. Todo ó que rodea a troita son coios, pedras arredondeadas de tódolos tipos. Algunhas son de granito, outras pizarrosas, etc.

 

Na fotografía vese unha persoa que non sei quen é, sentada nun típico coiñal do río Miño, moi preto de Sela onde algunhos bárbaros queren facer un encoro que rematará definitivamente co noso río pai , o río Miño.

No río Miño hai moitas coiñeiras.

As veces hai ríos de pequeno caudal pero onde os coios son grandes, ver estas tres fotografías do río de Vilamea en Lovios (Ourense), que por certo ten un sendeiro de muíños que merece a pena recorrer.

Cantos rolados no río Vilamea. En Lovios no Xurés.

As veces son moito máis grandes, auténticos pelouros.

 

Máis cantos rolados.

Este río ten un gran desnivel, xa que en seis kilómetros baixa setecentos metros, é lóxico que as correntes formen estos grandes cantos rolados, eses cantos que logo o pasar os anos vanse pulindo e cada vez son máis pequenos e feitiños...

Os maiores cantos rolados que vín na miña vida vinos no río Cenza, en Vilariño de Conso (Ourense) cantos rolados que eran producto dun val glaciar, algún día porei fotografías da zona.

En galego Luír chámase cando algo se consume pouco a pouco a causa do rozamento ou do uso. Por eso hai autores que falan dos pelouros que están luídos e lisos , así como desgastados.

 

---o---

 

Especial sobre o nome de "O Pelouro"

 

O Pelouro. Centro de Educación especial.

Fundado por Juan Llauder e Teresa Ubeira

Descoñezo ao autor da fotografía.

 

Sobre O Pelouro, decir, que no seu día porei un traballo completo, que é o nome dun colexio que hai en Caldelas de Tui e que foi fundado por Juan Llauder e Teresa Ubeira no ano 1973. Un centro pioneiro na integración de nenos con problemas psicóticos e emocionais e que está considerado como un dos mellores colexios de España.

O nome é "Centro Neuropsicopegagogico O Pelouro". É un centro de educación especial C.E.E.

Pois ben, o  Pelouro ou canto rolado ten moito que ver coa filosofía que impera e respira este gran colexio. O pelouro vaise formando toda a vida, vaise pulindo pouco a pouco, sempre que o deixen rodar. E todos están xuntos, os pequenos, os grandes, os distintos e os iguais...

 

A CIENCIA DA INCERTA REALIDADE

 DO NENO

DO HOME

DA VIDA

DO CORRER DO RÍO...

 A UTOPÍA

Trociño dunha poesía de JUAN LlAUDER  sacada do seu libro POEMARÍO (O pelouro Axeito Ediciones. 2014) e traducida ao galego polo que escribe.

Este libro tamén está reseñado na miña bibliografía sobre o Pai Miño, por razóns obvias. Ver este link. (Regresades pulsando <--)

Tendes a poesía completa neste outro link. (Regresades pulsando <--)

Neste colexio hai nenos con autismo, síndrome de Asperger o Down, pero tamén superdotados ou os considerados "normais". É un colexio onde se vive a diversidade. Un colexio onde non existe o fracaso e está en todo momento a carón dos nenos seguindo e guiando o seu proceso de aprendixase. Como a natureza fai cós pelouros desta ficha.

Por outro lado na súa pedagoxía utilízase moitísmo o río Miño, repito que está en Caldelas  de Tui...Por eso e por máis farei un traballo que porei na ficha do noso Pai Miño, leva o título "O Pelouro e o Pai Miño".

Saludar a súa directora e cofundadora Teresa Ubeira a quen tuven a sorte de coñecer e saludar recentemente. Descubrín algo que descoñecía e no que penso profundizar, como maestro e profesor que fun. Algo ó que hai que quitarse o sombreiro...como se dice vulgarmente. ¡Enhoraboa! ¡Gracias por levar a cabo estas utopias ata o final!.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír a dicionario fluvial.           Volver ao traballo O pelouro e o río Miño.