Ripícula.

        Dise da vexetación que se desenvolve seguindo os cursos de auga, como os ríos e regatos.

En Galicia esta vexetación ripícula está formada por especies arbustivas e herbáceas (como os xuncos, espadanas, etc.) e arbóreas (amieiros, bidueiros, salgueiros, etc.).

Tamén falamos de vexetación riparia/o.

Vexetación ripícola: neste caso salgueiros no medio do río Avia, amieiros nas beiras e algún bidueiro.

 

 

Aquí son básicamente bidueiros e freixos. En segunda liña a carballeira de Berdeogas. O río é o Albarellos.

 

Seguimos cunha vexetación ripícola típica: os fentos, as espadañas, os ranúnculos no leito do río así como os carrizos.

O único que non é ripícula, inda que neste caso si, son  as tritonias que alguén plantou na beira esquerda do río. Son moi bonitas pero non...

A fotografía é do río Albarellos en Berdeogas.

 

Aquí vense mellor as tritonias entre as espadañas os fentos enfrente e as árbores que son amieiros.

Fotografía de agosto de 2012 na Carballeira de Berdeogas, un lugar único...

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.