Olleiros

  

Os Olleiros son lugares dos ríos onde a auga nace a borbotóns, como si saíra do fondo do río ou fervera a auga nese lugar. Tamén se dí que a auga sae abroiando. Abrollar é cando empeza a saír a auga dun manantial.

No dicionario "auga que sae da terra ou de entre penas", entre outras.

 

 

 

Fotografía do Libro "Os ríos". A Nosa terra.

 

Olleiros na Lagoa de Fonmiñá.

A auga sae a borbotóns como si fora o nacemento do río, pero non ten por que ser o nacemento.

A auga pode nacer noutros lugares do río. Neste caso a zona recibe o nome de "Olleiros do río".  Fálase tamén de "os ollos do Miño"

Na fotografía a auga sae abroiando na Lagoa de Fonmiñá.

Nota: dice Gonzalo Sancho Blanco que esta palabra a escoitou en  Tomeza, preto de Pontevedra.

Gracias Gonzalo.

 

 

Conta Gonzalo Sancho Blanco, que foi o que me fixo chegar esta palabra tan bonita,  o seguinte:

"Cando eu era pescador aproveitaba o tempo de veda para ollar todo canto libro sobre troitas e pesca chegaba as miñas máns. O de Miguel Delibes "Mis amigas las truchas", inda me gusta agora, pois ten a capacidade de transmitir as súas xornadas de pesca como propias. Dentro da súa riqueza lingúistica sobre ríos topei unha palabra nova para mín: "Ojuelos", brote de auga a borbotons, como o nacemento de un rio. Anos máis tarde unha tía da milla muller decíame: "Este regato ó teño andado de nena desde aquí ata os olleiros"

 

 

Nesta fotografía de Pedro Retamar, sacada do libro "Las edades del Agua" de Joaquín Araujo a auga abroia en todo o olleiro.

Trátase polo tanto dos olleiros dun río ou regato.

 

Algunhas fotografías da  auga abroiando na Lagoa de Fonmiñá, fotografías sacadas na miña visita do día 18/10/2013:

Lagoa de Fonmiñá, onde se decía que nacía o río Miño. Hoxe sabemos que nace no Pedregal de Irimia a poucos kms. desta Lagoa pero no Concello de Meira, non no Concello da Pastoriza.

 

Lagoa de Fonmiñá.

Detalle da auga abroiando na Lagoa de Fonmiña. Toda ela son Olleiros do río MIño.  Fálase tamén de "os ollos do Miño". Esta fotografía gústame moito xa que se ve como sae a auga dende abaixo, todo un espectáculo, que podedes ver tamén neste video meu, que saquei na miña visita ao Pedregal, a Meira e tamén a Fonmiñá. Sensacional excursión que fixen co meu amigo  Xulio Taboada Páxaro, ao que mando un saúdo e feliz ano 2024. A excursión fixémola en setembro do ano 2013...¡xa choveu!...

 

 

Pedregal de Irimia, Meira e Fonmiñá.

Hai que ir unha vez na vida...merece a pena.

 

Continuamente vese como a auga nace nesta lagoa; parece como que ferbe a auga,  e todo un espectáculo. Tamén  fálase de "os ollos do Miño"

salir.jpg (922 bytes) Saír.