Unha fonte é un manancial de auga que xorde da terra, tamén se chama fontela, fontana,  fontiña, fontal, fontán e moitos máis nomes. Seica hai 1.300 topónimos de fonte.

Gustanme moito os nomes de fontaiña (fonte pequena, nome que escoitei pola zona do río Deva, en Quintela de Leirado).

En realidade o que interesa a esta páxina sobre os ríos galegos é o nacente da fonte, o manancial, que por certo xa tiña un link neste diccionario,  que logo pode ou non dar lugar a unha fonte, entendida como construcción feita para darlle saída a auga, un  rego, regato ou río.

 O nacente,  tamén se chama entre outros illó, illón, gorgullón, e abrollo.

Na fotografía está a famosa "Fonte do Santo", fotografía sacada polo autor da web na serra de San Mamede, en Ourense.

Esta fonte é famosa na zona e surte de auga, entre outras na zona,  o río Arnoia, no alto Arnoia. Esta fonte,  simplemente sae dun penedo, e o que se chama unha fonte de mergullo.

É a tipica fonte de mergullo. Son fontes onde si se quere coller a auga hai mergullar ou asolagar a ola, o vaso ou o que sexa...

 

Na fotografía de Camarro vese o nacente dun pequeno regato en Castro Leboreiro; chámase fonte da vaca; esta tamén é de mergullo. Trátase do típico manancial.

 

 

 

O pai dos ríos galegos é o río Miño.

O río Miño nace precisamente neste pedregal que se chama Pedregal de Irimia.

Este é o manancial que logo da orixen  ou é fonte nada menos que do río galego mais grande. É o nacente.

 

As fontes dan lugar a moitísimas palabras xa que dependen do que estemos a falar, así si falamos de nacer temos as palabras  brotar, manar, gurgullar, etc.;  si falamos de manar da auga temos tamén mina, pinguela (Monforte de Lemos), pinguelo, bica (en Calvos-Vilasouto-O Incio-Lugo) e un longo etc. ;  polo caudal, falamos de  boullón,  sumideiro,  gurgullón,  etc.  Logo polos tipos de fonte, falamos de fontes de cano e de mergullo.

Soio aclarar que unha fonte de mergullo, son a maioría no monte galego e por exemplo:

 

 

A "Fonte do santo". A agua brota simplemente da terra ou do penedo...

Unha fonte de cano,  que son moitas das construcións que existen cando se fala dunha fonte,  son por exemplo de cano :                      

As Burgas en Ourense.

 

O luar fai uns anos chamábase "A Bica", xa que había esa fonte e a auga saía pola "bica". Lugar Calvos, en Vilasouto, O Incio (Lugo).

 

Non é este o lugar, penso eu, de describir os distintos tipos de fontes, a importancia vital das mismas e o que levaban parexo unha fonte nun pobo, como é o sumideiro para o gando e o lavadoiro, aparte por suposto da auga para beber. O que esté interesado pode consultar por exemplo o libro " A auga na natureza"  de  Elixio Rivas Quintas; que é un dos libros que eu utilizo.

Como curiosidade decir que evidentemente as fontes dun pobo teñen nome, según o lugar ou o tipo de fonte.

Por poñer un exemplo, lembro os nomes das fontes dun pobo que xa non existe, Alberguería en A Veiga (Ourense) e que quedou debaixo do encoro de Prada, a súa historia ten este link do que son eu precisamente webmaster. Pois ben Alberguería tiña as seguintes fontes:

 

 

Alberguería en A Veiga (Ourense) era un pobo, hoxe está debaixo do encoro de Prada,  que tiña moitas fontes:

  Dentro  do pobo:

1) Prado do liño (no cima do pobo), 2) Da Zorra (debaixo da casa do Sr. Julio), 3) Do Xardín (onde a casa do Pedro do cura), 4) Do Licor (onde a  Cruz), 5) Das Abelairas (debaixo da cortiña), 6) Do Cagallón (pasando a casa da Sra. Remedios).

Fora do pobo:

1) Dos Pitos, 2) De Covas, 3) Das Corgas, 4) A Grande, 5) Das Fornas, 6) O Coballón, 7) A Ladeira, 8) As Fontiñas, 9) O Prado Veso, 10) De Cancelos, 11) A Veiga, 12 O Pereiro, 13) O Rebolal, 14) As Cubas, 15) De Veado, 16) Do Domingón.  Entre outras...

salir.jpg (922 bytes) Saír.