Luscofusco, Lusquefusque

 

     O luscofusco é o momento do final da tarde en que a oscuridade nocturna empeza a impoñerse a claridade diúrna.

    Tamén se dí : a noitiña, entre día e noite. Si inda non se puso o sol e está apunto ou comenza a poñerse chámase solpor (ocaso)  en Galicia; e, xusto despois,  ven o luscofusco ou lusquefusque.

     É un momento fora de serie para a pesca da troita, un momento marabilloso. Eu diría un intre máxico para a pesca con mosquito.

A luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes chámase Rubién ou Roibén. (Ver máis abaixo).

 

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

No luscofusco é un momento especial de pesca, é tamén un momento prodixioso, máxico.

Realmente no luscofusco a luz desapareceu por completo e as cousas percíbense como sombras.

Esta fotografía esta sacada desta www, na que hai máis fotografías deste estilo.

 

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

 

O luscofusco é un momento especial de pesca, é tamén un momento precioso. Os pescadores decimos que "a noitiña é sensacional para pesca o mosquito".

Esta fotografía esta sacada desta www.

 

 

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

O solpor nun río de alta montaña. Realmente o luscofusco é o momento que ven despois do solpor, pero bueno... en calquera caso os dous son marabillosos.

 

A fotografía é personal.

A fotografía é de S. Lorenzo, unha mañán indo de pesca ata Herdadiña no río Limia en Ourense. A fotografía está feita nun amencer ao pasar Celanova, preto do Furriolo. ¡Tempos aqueles no que iba con Félix de pesca a aquel gran río!

 

O luscofusco, tamén é según o dicionario da Real Academia Galega : o momento do día, entre a noite e o día, en que a primeira claridade permite distingui-las cousas como sombras.

Na fotografía o luscofusco xusto por riba de Celanova indo cara a Bande, un día de pesca.

 

 

 

A noitiña é sensacional en Galicia e en calquera país para a pesca da troita.

Na fotografía da páxina www "Ríos y senderos", aparece unha fotografía na noitiña do Sur de Chile, sin dúbida tamén un país sensacional, o mesmo que Galicia.

A pesca no luscofusco chámase en castelán a pesca no sereno ou na serena.

Aproveito esta ficha para explicar que o rubién é a luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o día  e no atardecer cando lles da o sol.

Tamén as nubes de cor vermella que hai o abrir o día ou no atardecer cando as ilumina o sol

Tamén se chama roibén.

A fotografía é de José Manuel Salgado.

Fotografía miña. Secundino Lorenzo. Foz do MIño Agosto 2014.

Foz do río Miño dende a capela de San Antao en Caminha. 09/08/2018. Fotografía S. Lorenzo

 

Miguel Delibes (1920-2010)

Para Miguel Delibes "el sereno" ou "la serena", momento da pesca que coincide có luscofusco e o solpor,  non é unha pesca que lle molara, xa que dice que un non fai nada pola troita, tirar o buldó cós mosquitos e ver como a troita se engancha, pero nada mais.

"...en la serena el pescador sabe que está aprovechándose de una ceba casi ciega  para hacer la cesta  que no consiguió hacer durante el día. Mal asunto (poco claro, al menos). El pescador barrunta que los peces se están pescando solos..."

Trociño do libro "Mis amigas las truchas".

O caso é que tiña razón Miguel Delibes... De tódolos xeitos é un momento que hai que vivir...moitas veces con grandes sorpresas, lembro unha vez unha gran picada de troita  que logo se converteu nun morcego...

 

Nota: para o autor deste dicionario sobre os ríos galegos  hai dous libros básicos, referidos a natureza e os deportes de natureza,  que por si só fan que toda a miña vida foxe un fan deste escritor, que desgraciadamente nos deixou neste ano 2010:

O libro "Mis amigas las truchas" que inda hoxe 05/04/2010 é un libro que releo, e

"Mi vida al aire libre",  outra xoia.

Por suposto que Delibes e moito máis que estos dous libros...

 

------------------------------------

O rubién pódese aproveitar para predecir o tempo.

O que sigue son traducións miñas de varios refráns que nos ensinan como vai ser o tempo o día seguinte,  tendo en conta o rubién:

Rubién pola noite como nesta fotografía:

Rubién ó atardecer

bon tempo vai facer

----------------------------------------------

Rubién ó amencer

o tempo vaise enfurecer.

salir.jpg (922 bytes) Saír.