Sable                    

      O Sable ou sábel , en castelán Sábalo foi o peixe máis importante dalgúns ríos galegos, en particular o RÍo Miño. Foi o chamado "cocho do Miño" e sin lugar a dubidas cando subía polo río Miño ata Lugo era a riqueza deste río, entre outros peixes. O sábalo  da lugar o nome de Pai Miño que se lle da a este río sobre todo nos últimos kms.

 O nome científico do Sable é Alosa alosa.

 

Pode botar ata 83 cms os 10 anos e 4,5 kg. de peso. O normal son 35-40 cms con un peso de 1 kg. inda que pode botar ata 4,5 kg.

Na pesca no baixo Miño, en tempos, soio se collían exemplares superiores a 3,5 kg. de peso.

 

Nesta fotografía sacada do libro Ribeiras del "Baixo Miño" 1997 de Praxiteles González vese a un pescador, Plácido Martínez mostrando tres "promesas" que lle corresponderon na pesca do día. As "promesas" son tres sábalos de máis de 3,5 kg. Cando nun lance a rede traía máis de 20 peces eran dúas "promesas" si ademais traía un salmón era unha máis.

Os menores de 3 kg. llamabanse "samorjas"

Dicen,  os que tuveron a sorte de telo no plato para comer,  que o sable do  río Miño, era exquisito de sabor;  da categoría do salmón.

 “Boa é a troita, millor o salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.

 

A sábalo ten varios nomes: sable,  sabel  todos eles nomes que se lle da o sábalo en Galicia. En Portugal chámase sável.

 

Este sábalo foi pescado a mosca no río Zújar. afluente do Guadiana. Incríble.

Viven no mar e soben a desobar os ríos, son o que se chaman anádromos. En Galicia soio se ven algúns na zona baixa do río Miño, no Umia e no Navia.

Bueno, rectifico, no río Umia, co encoro de Caldas e cós últimos desastres de contaminación xa lle poden decir adeus o sabel.

No río Miño únicamente ata Frieira. Pero moi poucos xa que o encoro de Frieira no lle gusta a esta especie. E non lle gusta xa que os encoros baixan moito a temperatura da auga,  fundamental para esta especie. Por suposto tamén a contaminación non anima os sables a desovar no río Miño.

En tempos colleuse sabel no río Miño en Ourense. Casi nada...

Hai constancia de atopar sábalos no río Miño en Lugo.

Hoxe, ano 2013, a xente do Baixo Miño sabe que o sábalo desapareceu casi totalmente. As razóns hai varias pero en primeiro lugar as grandes presas como Frieira, Castrelo que fan que a temperatura da auga non sexa a adecuada. O sábalo non sube por esas augas. Ademais a contaminación fai o resto.

O sábalo era abundantísimo no río Miño, nos anos de abundancia e soio co método de rede do "alxarife" as capturas podían superar as 30.000 exemplares. esto botaba un peso incrible xa que neste sistema de pesca soio se quedaban na rede os que superaban os 3,5 kg. O lector que multiplique...

Ese número quédase corto xa que o sábalo tamén se pescaba ó trasmallo polas noites e tamén entraban algúns nas lampreeiras.

Era unha riqueza incrible para todos. Por eso se fala de "Pai Miño".

Os que queirades profundizar no tema do sable tendes este link meu con todos os detalles deste peixe mítico...

Fotografía do libro Pescadores del río Miño de Eliseo Alonso.

Típico Sable do río Miño. Foto Eliseo Alonso..

Cousas que hai que ter claras sobre o Sábalo en Galicia:

Foi o peixe máis abondoso do río Miño en tempos.

É un animal que hoxe (outubro 2020) está en peligro:

Hoxe ten moitos inimigos: aparte dos encoros, que non deixan reproducir a esta especie, os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas súas industrias, os incendios,  os aproveitamentos indebidos de ríos, os que envelenan os ríos, a pesca intensiva,  entre outros.

Había sable nos río Umia e no Navia sobre todo na parte baixa, hoxe xa practicamente non existen nesas zonas. Igual que no río Miño, suben algúns pero desapareceron casi totalmente.

Actualmente (2020) está a tratarse este tema para conseguir que o sable volva a subir. de feito botáronse 20 exemplares de sábalo, proxecto migramiño, ver este link.

 

Non confundir o sable e a zamborca:

Diferencias sable-sabela.

A Alosa alosa, o sable, é normalmente máis grande, as escamas máis visibles,  a cola é distinta, a liña lateral inexistente e dende o medio para atrás parece unha quilla. Presenta normalmente unha soia mancha negra postopercular, que nesta fotografía se ve perfectamente. Ten tamén branquispinas moi numerosas entre 85 a 130 e máis longas que os filamentos branquiais.

A Alosa fallax, a sabela ou zamborca, é máis pequena pero máis robusta. O aspecto é distinto. Ten unha mancha negra na parte lateral superior do corpo,  pero logo presenta de 5 a 10 machas que disminuen de tamaño o longo do corpo. Ten tamén branquispinas pero son curtas e o seu número varia de 30 60, ou  sexa que ten a mitade.

A freza ten lugar de febreiro a  xuño e en xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores , os adultos revelan a súa presencia gracias a axitacións moi visibles na auga.

O sábalo alcanza a madurez sexual os catro cinco anos.

Suben ata augas máis templadas e dende logo limpias, desovan e a maioría morren.

O sable pón 50.000 ovos por kilo de peso.

A temperatura da auga ideal está entre 17 a 18º cousa sumamente dificil cós encoros, que enfrian moitísimo a auga do río Miño e outros.

Os ovos, deposítanse sobre o fondo e logo a deriva. Eclosionan o cabo de 4-5 días. Os novos unha vez que alcanzan unha lonxitude de 8-12 cms, abandonan as augas doces entre os meses de agosto e octubro e permanecen no mar ata alcanzar 30-40 cms. A continuación suben e volve a comenzar o ciclo.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír