As Redes Fluviais. 

     As Redes fluviais ou Redes Hidrográficas son o  conxunto formado polos cursos fluviais que drenan un territorio máis ou menos extenso. Neste caso falo da Rede Fluvial Galega.

    Dentro destas redes hai unhas liñas imaxinarias que separan no terreo a parte que verte a auga a unha conca fluvial (cunca ou bacía),  da que a verte a outra. Máis abaixo tendes esta divisoria das augas en Galicia.

    A divisoria das augas da lugar ó concepto de vertentes, por vertente enténdese o conxunto de cuncas ou bacías (polo tanto conxunto de ríos)  que verten as súas augas a un mar determinado.  Por exemplo a vertente atlántica ou a vertente Cantábrica que son as únicas que hai en Galicia.

 

OS RÍOS GALEGOS MAIS IMPORTANTES da REDE FLUVIAL GALEGA.

 

 

"Galicia é o país dos dez mil ríos", decía Alvaro Cunqueiro, e dende logo e certo.

Ver estos dous dibuxos para comprender as vertentes de todos os grandes ríos galegos; os dibuxos están sacados do libro "A natureza" publicado pola Editorial Nosa Terra:

 

Concepto de divisoria das augas, separando as cuncas ou bacías para logo ir a unha vertente.

Esto en Galicia transmítese no seguinte mapa:

No dibuxo aparecen marcadas as divisoria das augas en Galicia e que da lugar as distintas cuncas ou bacías. Estas liñas están no dibuxo en vermello.

Ver no seguinte dibuxo como estas bacías ou cuncas van as distintas vertentes.

Aquí están marcadas as grandes vertentes galegas. O dibuxo permite entender a gran bacía do Miño-Sil  que é sin dúbida a maior de Galicia.

Resumindo e concretando:

Cuncas ou bacías en Galicia:

De norte a sur:

 A cunca ou  bacía dos ríos que van o cantábrico como os ríos Mera,  Masma, Landro, Ouro,  Eo,  Navia, etc.

A cunca ou bacía  arco ártabro ou Finisterrán con ríos como o Xallas, Anllóns, Mero, Mandeo, Eume, etc.

A cunca ou bacía das rías Baixas con ríos como o Tambre,  Ulla, Umia, Lérez, Verdugo, etc.

A gran cunca ou bacía Miño-Sil, cun río único que a súa vez recibe miles de ríos.

A cunca ou bacía do Limia: co río Limia e os seus afluentes.

A cunca ou bacía dos afluentes do Douro: con ríos como o Támega, Mente e Barxa (Rabaçal).

 

Vertentes en Galicia

Vertente Cantábrica: a esta vertente vai a bacía ou cunca do Cantábrico.

Vertente Atlántica: a esta vertente van todos os demais así a bacía ártabra, a bacía das rías Baixas, a do Miño-Sil, a bacía do Limia e a bacía do Douro.

 

Algunhas curiosidades dos ríos galegos en canto a súa lonxitude, ordeados de maior a menor.

Os ríos galegos por orden de lonxitude son :

Nº Orden Río  Lonxitude Nacemento  Desembocadura
1 Miño 310 km. Fonte Miña ( Neira) A Guarda.
2 Sil 225 Km. Cueto Albo ( León) Río Miño. Os Peares.
3 Ulla 135 km. Fonte Ulloa ( Taboada) Ría de Arousa.
4 Tambre 134 km. Montes de Bocelo ( Sobrado) Ponte Nafonso ( Noia).
5 Arnoia 87 km. Serra de San Mamede ( Vilar de Barrio) Río Miño por Arnoia.
6 Eo 79 km. Montes de Cábado ( Baleira) Ría de Ribadeo.
7 Eume 77 km. Montes de Xistral ( Muras) Ría de Ares.
8 Anllóns 70 km. Serra de Montemaior ( Laracha) Ría de Corme ( Ponteceso)
9 Bibei 60 km. Serra de Porto. Río Sil por Montefurado.
10 Lérez 60 km Monte Coco ( Forcarei) Pontevedra
11 Umia 55 km. Fillois ( Forcarei) Cambados.
12 Lor 55 Km Piedrafita do Cebreiro Río Sil.

Nesta lista faltan ríos como o Támega , que nace en Ourense na Alberguería a 900 m., pero que a súa lonxitude de 171 km. trancurre a maior parte en Portugal xa que é un afluente do Duero. En Galicia únicamente ten 44 Km.

Tamén o Limia con 108 km. un río da provincia de Ourense que nace en Paradiña (Sarreaus) e desemboca en Viana do Castelo en Portugal, salindo da Provincia de Ourense por Lobios. En Galicia únicamente ten sobre 50 km.

Tamén o río Navia con 159 km. pero que nace na Serra do Rañadoiro en Pedrafita do Cebreiro pero desemboca na ría de Navia en Asturias. En Galicia ten únicamente 80 Km.

O mismo se pode decir do río Sil, pero pola súa importancia vouno deixar na lista. Ademáis en Galicia ten 106 km.

Outros ríos tamén considerados como principais son:

 

Nº Orden Río  Lonxitude Nacemento  Desembocadura
13 Cabe 55 km Fontes ( O incio) Río Sil. Sober.
14 Sarria 57 km Serra de Oribio ( Samos) Río Neira.
15 Neira 61 km. Montañas de Fontaneira Río Miño. Páramo.
16 Tea 53 km. Nieva ( Avión) Miño en Salvatierra
17 Támoga 54 km. Serra de Carba ( Abadín) Río, por Cospeito.
18 Xallas 50 km. Monte Castelo ( Santa Comba) Ensenada de Ézaro.
19 Deza 47 km. Monte do Testeiro ( Irixo) Río Ulla entre Silleda y Vila de Cruces.
20 Arnego 46 km Poboadura ( Rodeiro) Río Ulla, por Brocos ( A golada)
21 Mandeo 43 km Montes de Bocelo ( Sobrado) Ría de Betanzos.
22 Ouro 46 km. Montes de Xistral ( Muras) Fazouro ( Foz)
23 Verdugo 44 km Serra do Suído ( A Lama) Ría de Vigo.
24 Mero 41 km Montes de A Tieira Ría do Burgo ( Culleredo)
25 Sor 42 km. Montes Caxado Ría do Barqueiro.
26 Navea 37 km. Serra de San Mamede. Río Bibei por Montefurado.

Nesta lista falta (seguramente), o río máis importante: que é o río do teu pobo.

¡¡¡ Coida o río do teu pobo!!!.  ¡¡¡ Manteno limpo e con vida !!! e  ¡ si observas que o tratan mal, escríbeme e cóntamo ( manda foto si podes). Polo menos denunciaremos en Internet...o mellor algún día a Consellería de Medio Ambiente fainos caso.

 

Salir.