Unha
babuxa é unha chuvia moi
miúda e pouco intensa.
O poñela neste dicionario fluvial
ten un sentido claro, eu diría dous sentidos. Un, que se
sepa que a chuvia é moi importante a hora de falar dos ríos; dende todos
os puntos de vista: o río medra, as fontes non secan, o río límpiase; e
por útltimo a hora da pesca da troita por exemplo según o tipo de chuvia
é positiva ou non. Por exemplo unha chuvia a chuzos ou a
cachón
evidentemente é nefasta para a pesca.
As mellores chuvias, para a pesca da troita,
son a babuxa, o
froallo, a
Loaira e as treboadas; pero estas despois de producirse a chuvia; as
troitas, moitas veces, vólvense tolas por comer e entran os enganos moi
ben, despois dunha treboada e a súa descarga de chuvia.
O segundo sentido que ten ou
teño para poñer estas palabras é demostrar, unha vez máis,
que o galego é único e debemos conservalo, estudialo e usalo. A
súa riqueza é incrible...
No que sigue hai 42 formas distintas de
explicar como chove en Galicia. E hai algunhas máis...

Explicarei un pouquiño esto,
axudado polo dibuxo, por certo moi ben feito.
O autor é Alberto Guitián ó
que felicito. A supervisión lingüística é de Elvira Fidalgo da
USC. Logo houbo engadidos do que escribe...
O poster está editado por
Cucuducho.

Babuxa:
é unha chuvia moi miúda e pouco intensa. Tamén se chama
babuña, babuza, barruñeira, calabobos, zarzallo e orballiscada
entre outros nomes.

Froallo: é unha chuvia moi miúda que cae lentamentamente e alterna
con momentos de sol. É a chuvia mellor para ver o arco da vella ou arco
iris. É moi boa tamén para practicar a pesca da troita, dependendo de que o vento
non sexa forte, e non sexa do norte. O vento sur ideal. (Estou pensando na
pesca da troita en Galicia). Tamén se chama
Mexadeira e Breca
entre outros nomes.

Loaira: é un
pequeno espacio de sol entre dúas chuvieiras. É unha situación especial que
se da moitas veces. Tamén nos ríos é unha situación beneficiosa para a pesca
da troita, o mismo có froallo do dibuxo anterior, sempre que non teñamos
vento do norte. Tamén se chama caldelo, raeira,
raiola entre outros nomes.
A ideia deste texto e concretamente
esta palabra foi suministrada por María Loaira, unha nena para o que escribe
e á que lle dou as grazas.

Orballo: chuvia
miúda e persistente, un pouquiño máis que a babuxa. Ten moitos máis
nomes como poalla, chuviña, zarzallo,
mocalleira, patiñeira...

Bátega:
é unha chuvia repentina, moi intensa e de curta duración. Tamén se chama
arroiada, bategada, balloada, chaparrada e chubieira
entre outros nomes.

Barrufa: é unha chuvia miúda e pouco intensa.
Tamén se chama barbaña, barbuña, barbuza e barrallo
entre outros nomes.

Treboada:
é unha chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento forte e
que adoita ter pouca duración. Ten máis nomes como
torboada, torbón e
trebón entre outros. Normalmente despois de
unha treboada, e si non choveu moito, é un momento excelente para
pescar troitas nos ríos galegos.

Chuzo:
é unha chuvia con moita intensidade. Fálase de "chover a chuzos" ou "caeren
chuzos". Tamén "caer auga a chuzos" ou "chover chuzos de
punta".

Cebrisca:
é unha chuvia que vai acompañada de neve miúda e normalmente de vento
forte. Tamén se chama saraibada
forte.

A Cachón:
é unha chuvia con moitísima máis intensidade. Ou sexa chuvia a chuzos,
pero moito máis grosa.
Nota: agradecer
á miña
filla María Lorenzo que me fixo chegar o dibuxo que figura
nesta ficha. Unha curiosidade para mín e para ela.
Ela tamén ve a gran riqueza do
noso idioma.
Un bico.

Saír.