Termal

 

As augas termais, auga termal termas son augas quentes que brotan por causas naturais.

Denomínase auga termal á que emana á superficie cunha temperatura 5°C máis alta que a temperatura da auga do suelo nas que se atopa ou das augas da superficie; por suposto hai outras definicións... Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se atopan a maior temperatura; son ricas en diferentes compoñentes minerais, que arrastrou as augas pluviais,  e permiten a súa utilización en tratamentos terapéuticos como: baños, inhalacións, irrigacións…


 

As augas termais están moitas veces vencelladas os ríos toda vez que se parte de infiltracións das augas superficiais, un río, un regato, etc.

As augas termais dan lugar o termalismo que son medios médicos, hixiénicos e hospitalarios, tamén hoteleiros o servicio da utilización terapéutica das augas termais. O termalismo ten a súa manifestación máis evidente nos balnearios que reunen todos os medios anteriores.

Neste mapa están marcados sobre o río Miño os distintos balnearios de augas termais.

 

Ver este traballo meu sobre as augas termais do río Miño.

 

Hai moitos exemplos de augas termais nos ríos galegos así como do seu aproveitamento, porei simplemente o caso de Ourense cidade pero en Galicia tendes exemplos dabondo de ríos e augas termais e balnearios en todas as provincias. No meu traballo tendes as que hai no río Miño.

 

 

O río Miño en Ourense ten un circuito termal único e que merece a pena ver. Nun espacio de poucos kms. presenta catro casos de augas termais. Por certo o circuito pode visitarse nas zonas libres ou en pequenos centros termais privados. Unha marabilla.

 

A chavasqueira, que é libre. Un pouco máis adiante tamén está o tinteiro, que é libre.

O muíño das Veigas que tamén é libre.

Pozas de Canedo en Outariz, tamén libre.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.