Herba das troitas |
 |
Trátase dunha herba típica a carón dos
ríos de Galicia, que usada de determinado xeito envelenaba
as troitas do río. Espero que hoxe non se utilicen estas
prácticas de sempre prohibidas...
Deste xeito cubro no dicionario a letra
H que estaba orfa de palabras relativas os ríos; por certo,
si sabes dalgunha mándame un
email.
Evidentemente no río hai moitas máis
herbas, pero simplemente poño este exemplo. Un estudio das
demais téndelo neste
apartado da
páxina.
En realidade a Herba das troitas é
o Casamelo (Senecio vulgaris) que lle teño no apartado das
plantas unha ficha.

Esta herba é moi coñecida en
Galicia, por algo ten moitos nomes: casamelos, cascamelo, manteigueira, herba
crecha, morga, herba das troitas, herba da familia, cálcemo,
cascabel e un longo etc.
O máis normal é chamarlle casamelos ou herba das
troitas. Trátase dunha planta ergueita
que chega os 50 cm, con talo moi ramoso como se ve na fotografía.
Chámase herba das troitas xa que se usaba para
envelenar o río, xunto coa ruda e o trovisco. Esta herba e o
trovisco soias. A ruda mezclada con excrementos.
Frolece casi todo o ano.
|

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50
cm.
O talo é moi ramoso.
As follas son moi características e definen
a planta xa que son un pouco carnosas e están divididas de forma
bastante irregular en lóbulos dentados.
As cabeciñas que leva en toda a planta
tamén é moi característica, así como os froitos en pelotiñas
blancas.
|
|

Os froitos teñen o aspecto que se ve na
fotografía é unha especie de pelo blanco.
¿Quen non soplou algunha vez estos froitos?. Pois hai que facelo...
Aparece en moitos lugares: fincas, xardíns,
lugares onde se bota o lixo, e por suposto a carón dos ríos.
|

Na fotografía do autor da www, a flor
da herba das troitas sirve como imaxen da Ponte de Mandrás no
río Arenteiro Ourense.
|
|

En castelán chámase Hierba cana, hierba de
las quemaduras, lechocino, zuzón e outros nomes.
|

Casamelos no paseo das ninfas en Ourense. Río MIño.
Autor da web.
Saír.

|