Alborexar

Momento no que abre o día, ou ben nace a luz do sol. É sinónimo de amañecer, amencer,  abrente, luzada, alba, albor e alborada. Tamén clarexar.

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

Ao abrir o día, ó alborexar,  sempre me gustou estar a beira do río disposto a coller as mellores troitas, e dende logo así foi sempre.

Trátase tamén dun momento especial.

Hoxe xa non madrugo, pero moitas veces teño estado ó alborexar preto do río e lanzando xa a culleriña ou a miñoca. 

Pescar a noitiña ou ao amencer, eses momentos dos primeiros lances chámalle Eliseo Alonso, no sensacional libro seu "Pescadores del río Miño" , axexo. Unha palabra máis para o dicionario fluvial.

 

A fotografía é personal.

 

Ao alborexar xusto por riba de Celanova indo cara a Bande, un día de pesca.  É o abrente do día, un momento único.

En tempos, repito, xa estaba a carón do río, nada máis saír o sol.

Sempre foi un momento especial que tratei de aproveitar. É o nacer da vida na natureza...

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.