Documentación basada na información recollida nas fontes bibliográficas referenciadas, nas páxinas web citadas e no traballo personal.
Fotos propias, salvo indicación contraria na páxina web.
A idea básica da web, que logo fun ampliando, é de xustiza decir que, está sacada do libro "A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia" , 1999, de Víctor M. López Román e Miguel A. Fernández Martínez de Ir Indo Guías. En xeral a bibliografía usada é galega.

O traballo está referido a Galicia e os seus casi dez mil ríos. Galicia é unha auténtica marabilla, non hai dúbida, ademais é un mundo,
"tan grande como queiras", decía
Vicente Risco:
“Ti dis: Galicia é moi pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada terra é como se fose o mundo enteiro. Poderás percorrela en pouco tempo de norte a sur e de leste a oeste; poderás voltar a percorrela unha e outra vez; non conseguirás andala toda. E cada vez que a percorras, atoparás cousas novas. (...) Pode ser ela pequena en extensión; mais en fondura, en entidade, é tan grande como queiras”
Por favor, si atopas, nesta páxina, algunha imaxen, ilustración ou texto que estén legalmente rexistrados e non se permita o seu uso con fíns docentes, envía un e-mail para retirala ou especificar a súa orixen. Moitas grazas.
AGRADECEMENTOS: quero agradecer moi especialmente ós usuarios (actualmente a
16/05/2013 son máis de 237.125 visitantes) algúns escríbenme sobre erros que detectan. É unha das mellores formas de correxir e actualizar tódala información destas páxinas. Para facilitar esa tarefa só é necesario enviar un e-mail coas suxestións. Quero tamén dalas gracias a moitos grupos escolares galegos, amigos e namorados da natureza, que me escriben e me animan no meu traballo, ver libro de visitas. Esos nenos, e esa xente, son, hoxe xa, a maior garantía que poden ter os ríos galegos na súa conservación.

Esta páxina e o seu traballo foi donado, polo autor, a Asociación Cultural
Exaprin Ribadavia según consta en acta o día 12 de marzo de 2013.

O
hosting da páxina é actualmente CESGA, o centro de supercomputación de Galicia o
cal lle estamos moi agradecidos como A.Cultural.
Volver.