.

   A VIDA NOS RÍOS GALEGOS

 

 

 

 

 

 

 

 

PROBLEMAS  HOXE

 DOS PEIXES DE RÍO

A nosa troita común está ameazada de morte: ten moitos inimigos. Non se atalla a contaminación, non se depura, día sí e día tamén envelénanse ríos: o Xubia, o Lagares , o Louro , o Barbaña, Miño, Limia, Tamega, Camba ou Lonia, etc.  son exemplos de ríos contaminados. O desove da troita ou non poden facelo ou si o fan acaban morrendo sen auga ou na boca de depredadores, mal botados en Galicia, como a carpa e outros "criminais ecolóxicos" xa lle chaman en EEUU a estas pragas. Galicia non mira polos ríos, e os peixes non son amigos dos nosos políticos. A  política aplicada cós ríos galegos é totalmente nefasta. Non se fixo nada practicamente nos últimos anos. (1997-2015) ¡¡ Unha magoa!!.

Dende esta folla un berro ¡¡ temos que cuidar a nosa natureza !! . ¡¡ Xa está ben !!.   O mellor da nosa terra, a nosa natureza,  estamos rematando con ela día sí e día tamén.

O progreso, desfacendo a natureza, para mín no é progreso é unha desfeita. A coña do desenrolo sostible, é eso, unha coña. Palabras para a galería.

Os peixes galegos teñen actualmente moitos problemas nos nosos ríos. Algúns están desaparecendo como o salmón , a anguía, a lamprea , o sábalo , a saboga, e outros moitos.  A contaminación vai en aumento, as industrias non depuran; os puríns arruinan os nosos ríos; por si fora pouco as centrais eléctricas ( 40 grandes encoros)  e as minicentrais ( soio en Ourense hai previstas 100) rematan co pouco que queda, están arruinando os mellores regatos troiteiros de Galicia.

A troita e outros peixes están ameazados de morte en Galicia. Por si fora pouco o anterior, especies de fora, como a carpa, o bass, e un longo etc., botados xa fai anos, están rematando o que queda, sin que a  Consellería, diga nada. En Canadá e EEUU están francamente preocupados con estas especies foráneas e asesinas. Están a tomar medidas. En Galicia no nos preocupa, de momento... A Consellería de Medio Ambiente debera tomar en serio estos problemas, ou cando se entere será tarde...

 

 

Ultima hora. (Voz de Galicia do 07/11/2005, páxina 51)

A contaminación está a chegar de forma alarmante os ríos galegos. Según científicos da U. de Santiago hoxe hai concentracións de sustancias artificiais que non deberan estar nos ríos, pero están. As consecuencias as veces non chegan a morte dos peixes pero si a deformacións, asimetrias, cousas raras como dúas cabezas e un longo etc.

Casos concretos: nun informe de Greenpeace e con análisis realizados pola Universidade de Exeter, concluia que as anguias que foron extraidas no río Miño, na zona de Tomiño contiñan HBCD e PCB que son tóxicos (estos tóxicos úsanse hoxe en electrónica  e decoración). De feito os exemplares galegos eran os terceiros máis tóxicos de Europa. Sin máis comentarios...

O anterior no é un feito aislado. En Galicia non se están a cuidar os ríos en absoluto, polo menos ata o ano 2005 no que estamos. Moito muro bonito, moito paseo, moito folclore de gastos, pero nada de nada en saneamento. Ver sinon Ourense, en novembro do 2005 os ríos Barbaña e Lonia son auténticas cloacas, o Miño vai tamén penoso inda que aguanta todo. Pero esto pasa con casí todos os ríos ( o Avia, Arenteiro, Barbantiño, Támega, Arnoia, etc.). As cloacas típicas, únense as industrias que non tratan os seus resíduos, os pesticidas e un longo etc. Así non vamos a ninguna parte...

Pobres peixes e pobre fauna galega...

¡Dende esta páxina www UN BERRO MOI GRANDE PARA PORLLE FRENO A ESTA DESFEITA.

Subir.