|
|
![]()

Inicio o 15/07/2000 unha colección de imáxenes dos seres vivos que habitan nos ríos galegos. En total o 30-03-2007 teño estas fichas:
475 fichas de seres vivos galegos.
Peixes Mamíferos Paxaros 29 35 60 Reptiles Anfibios Insectos 12 15 100 Arbores Plantas Outros 32 142 33 Brións Liques O autor da www 8 8 1 122.890 entradas na páxina www, en marzo do 2007. ¡Moitas gracias!
A pretensión deste pequeno traballo, que se irá completando pouco a pouco, é triple:
Primeiro: mostra-la vida dos nosos ríos e polo tanto mostrar o gran dano que se fai cando se atenta contra esta vida.
Segundo: pretender que o internauta descubra por qué razón algunhas persoas amamos con paixón os nosos ríos e os defendemos diante dun mal chamado progreso que nono respecta.
Terceiro : Fomentar con este traballo a afección a estas visitas a natureza, para coñecer estes seres e outros moitos que habitan as nosas ribeiras, que sen dúbida é o mellor e máis natural que temos en Galicia. " O descoñecemento é unha das causas graves da desgracia humana" dicía Epicuro e é certo.
Dicir: que non son especialista no tema, son un simple afeccionado; con miles de horas xunto os ríos de Galicia, dos que estou namorado.
Este anaco da miña páxina pretende ser : "un canto de esperanza a tanta desfeita que se está a facer cos ríos galegos entre 1998 e o 2006. Non os encoros e minicentrais que están a desfacer Galicia". "Non a uns estudios de impactos ambientais de vergoña. Unha auténtica tomadura de pelo, xa que demostran un descoñecemento da nosa fauna e a nosa natureza incrible". Neste traballo demóstrase que os ríos son algo máis cunhas correntes de auga... xa está ben de desfacer os nosos ríos ... e roubarnos o mellor que temos".
Hoxe a política que se está a seguir cós ríos de Galicia é unha auténtica desfeita que non vale para nós hoxe e por suposto moito menos para as nosas xeracións futuras. É, polo tanto, un roubo que lle facemos os nosos fillos e os nosos netos.
En Galicia seguimos, en setembro do 2006, pagando as secuelas "dunha especie de formación do espíritu hidrolóxico nacional, que algúns científicos (como Javier Martínez Gil) chaman holocausto hidrolóxico".
Por si fora pouco o que temos, neste verán do 2006 Galicia é un auténtico inferno: arde o monte queimado por catro terroristas, envelenanse os ríos e un longo etc.
Espero que esta páxina axude a tomar conciencia de que a natureza galega e algo marabilloso que temos que conservar coste o que coste.
Espero que cambie a nosa sorte, Galicia e os galegos merecemos máis.
As miñas fontes foron as seguintes:
Libros Galegos básicos para coñecer a natureza galega e que foron usados neste traballo:
"A natureza dos ríos e Ribeiras de Galicia" un libro de Victor M. López Román e Miguel A. Fernández Martinez publicado recentemente pola editorial Ir Indo. ( Este libro foi a miña guía e penso que é a miña obriga decilo). Ano publicación 1999. Merece a pena. Sensacional.
Outros libros básicos usados neste traballo:
"Guía das árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar.1997
"Guía das árbores de Galicia". Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell.1989
"Tódolos peixes de Galicia". Estanislao F. de la Cigoña.1999.
"Peces de agua dulce de Europa". Silvio Bruno y otro.
Fauna e flora de Europa de Editorial Blume.1994.
"Guía das aves de Galicia" de Xosé M. Penas Patiño , Carlos Pedreira López e Calros Silvar. 1991.
"Esos anfibios y reptiles gallegos" de Jose Curt y Pedro Galán. 1982
"Guía das bolboretas de Galicia" de Xosé Luís Iglesias e Xulio Astor Camino. 1992
"Guía de la naturaleza del Camino de Santiago en Galicia" de Joaquín Gimenez, Ignacio Munilla y Rafael Romero.
"Anfibios e réptiles de Galicia " de Pedro Galán Regalado y Gustavo Fernández Arias. 1993
"A natureza de Galicia", libro publicado en octubre de 1999 pola Xunta de Galicia e con fotografías de Xurxo Lobato. 1999
"Guía de Campo de los insectos de España y Europa" de Michael Chinery. 1997
"Inventariación piscícola de los ríos Gallegos" de F. Hervella y P. Caballero. 1999.
"Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos" Sociedade Galega de Historia Natural . Consello da Cultura Galega.e F. Hervella y P. Caballero. 1995
"Eses nobres cazadores" Xurxo de Vivero. Ediccións Serais. 1990
"As donas do vento" Xurxo de Vivero. Ediccións Serais. 1989.
"Claves de la Flora de España" Mariano Garcia Rollán. Dous tomos. 1981.
"Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y Balear" Mariano Garcia Rollán. Dous tomos. 1996.
"Flora de Galicia" Xosé Ramón Garcia. 1979.
"Cuadernos de Campo" del Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. 1991.
"Guía das fervenzas da Coruña" de Ramón Muñiz de las Cuevas.2001.
"Anfibios españoles" de Alfredo Salvador y Mario Garcia París.
"Guía de las serpientes de Europa" de Silvio Bruno y Stefano Maugeri. Ediciones Omega. 1992.
"Cando os animais falaban" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais 2002.
"Enciclopedia Temática ilustrada: os ríos" de Manuel Núñez Pérez. Nosa Terra Volumen 11. Año 2002.
"Guía de la flora del Parque Natural Baixa Limia Serra Xurés" de Íñigo Pulgar Sañudo. 2003.
"Nomenclatura vernácula da flora vascular galega" de E. Losada Cortiñas e varios. Xunta de Galicia 1992.
"Insectos" de Gunter Steinbach. Editorial Blume 1984
"Fauna das augas galegas" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo. AGEC. 1999.
"Guía dos liques de Galicia" de Carlos Pérez Valcarcel, Mª Carmen López Prado e Mª Eugenia López de Silanes Vázquez. Baia Edicións. 2003
"As bioinvasións na Galiza" de Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández. Nós os galegos. Edicións A nosa Terra. 2004.
"Árbores de Galiza" de Adela Leiro Lois, Mon Daporta Padín, Victor M. Caamaño Rivas, Manuel Núñez Pérez, Isaac Pontanilla Pérez e Xoán Colazo Pazó. Editorial A nosa terra. 2006.
"Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi Cabirta. Baía Edicións. 2006
"Ríos de Galiza" de Manuel Núñez Pérez, Adela Leiro Lois y Mon Daporta Padín. Editorial A nosa terra. 2007.
"Aves do río Gafos" de Ramón Sineiro. Editorial Servicio Publicaciones Excma. Diputación de Pontevedra. 2005
"A voltas coa fauna galega", (Traballos e novas sobre invertebrados, peixes, réptiles, aves e mamíferos da nosa terra) de Estanislao F. de la Cigoña. AGEC. 2004.
Outros libros fundamentais:
"Atlas y libro rojo de los peces continentales de España" Ignacio Doadrio y avalado por el CSIC. 2001.
"La vegetación de ribera de la mitad norte española" Francisco Lara, Ricardo Garilleti, Juan A. Calleja. 2004. Editado pola Consellería de Medio Ambiente estatal. 2004.
"O río animado". Biodiversidade dos ecosistemas acuáticos continentais galegos. F. Cobo, M.A. González, R. Vieira-Lanero, M.J. SAervia. Editado por Fernando Cobo. Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". USC. 2006.
"Guía de los ríos de Lugo". Descoñezo os autores do libro. Está publicado polo diario El Progreso de Lugo e coa colaboración da Xunta de Galicia. No final do libro figura Editado por El Progreso con la colaboración con Europa Press Ediciones. Desconozco el año de publicación. Sobre 2002.
"Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia". de Marcos A. González González e Fernando Cobo Gradín. Edita Hercules de Ediciones. (Tfno 981220585. A Coruña). Novembro do 2006. O libro que estaban esperando os que amamos os ríos de Galicia para demostrar o que xa sabíamos dende fai tempo, que é a súa inmensa diversidade e a súa gran riqueza. O libro está escrito por dous especialistas da USC, son Profesores Titulares do Departamento de Bioloxía Animal da Universidade e son recoñecidos especialistas na Taxonomía e Ecoloxía de insectos Acuáticos, entre outras cousas.
"Guía dos mamíferos de Galicia". de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy Cartelle. Edita Baía Edicións. Novembro do 2007. O libro que estaban esperando os que amamos a natureza galega. Nada menos que 98 especies de mamíferos terrestres e mariños que habitan a nosa Galicia. Un libro básico. Os datos deste libro ireinos aos poucos incorporando ás miñas fichas.
Outros libros e fontes:
- Os libros sobre a natureza do "Circulo de Lectores", deles están sacadas moitas fotografías:
- Mamíferos. Helga Hofmann. 1992
- Aves: Nicolai/Singer/Wothe.1992
- Árboles. Gregor Aas-Andreas Riedmiller.1992
- Flores. Wolfgang Lippert.1992
- Frutos silvestres. Manuel Durruti. 1992
- Plantas. Wolfgang Lippert-Dieter Podlech.1992
Guía de Campo de los árboles de Europa de Gerd Krüssman.
Fauna y flora de Europa. Guía de campo básica. Editorial Blume.
Enciclopedia ilustrada del Reino Animal de V.J.Stanek.
Los anfibios y los reptiles en su medio de Bernard Le Garff.
As miñas camiñatas tantos anos a beira dos ríos galegos. Unhas veces pescando e outra observando simplemente a natureza.
Internet : a maior parte das fotografías están sacadas deste medio.
Revistas fundamentais utilizadas:
- La tierra. Unha revista sobre temas de natureza. Sensacional.
- Quercus. Unha revista sobre temas de natureza. Sensacional. A decana das revistas españolas.
- Natura. Outra revista sobre temas da natureza. Sensacional. Fotos incribles.
- Cerna : unha revista galega que debera publicarse tódolos meses. Sae de vez en cando.
Algunhas das direccións www que recomendo para ampliar :
- Sensacionais dibuxos de plantas. Otto Wilhelm.
- Den virtuale flora ( sensacional)
- Fotografías sensacionais. Josef Hlasek.
- Dragonfly. (Desapareceu)
- Los árboles de España.(Desapareceu)
- Sociedad albacetense de ornitología.
- Fauna ibérica.
- Fotográfica.
- Kingsnake com.
- Muzeum Przyrody: fotografías.(Desapareceu)
- Hierbas y plantas.(Desapareceu)
- Fauna. Nafoku Natur.Sabine Jelinek.
- Páxina sobre gaiteiros ( libeliñas).
- Animales picture archivo.(Desapareceu)
- Aves de Europa.
- Bird telephotos.
- Fotos paxaros. Srameen.
- Máis fotos de paxaros.
- Zoología.(Desapareceu)
- Sonidos dos paxaros. Sensacional.
- Investigación sobre as tartarugas en Galicia. A. Cordero.(Desapareceu)
- W.U.V. Ventas de imáxenes espectaculares.
- Pájaros de nuestros campos.
- Búsqueda de plantas.
- Fotografías de plantas.
- Botánica en la web
- Sobre coleopteros (sensacional)
- Invertebrados. Galería.
- Fauna e flora das zonas húmedas.
- Fotografías de insectos.
Outras básicas aparecidas últimamente:
- Aves en la ría de Noia.
- Axena: Asociación xuvenil para o estudio da natureza.
- Banco de imágenes. Ministerio Educación.
- Aquam latam
- Anthos. Sistema de información sobre as plantas de España (novembro do 2007 - sensacional)
Entre outras...
NOTA IMPORTANTE:
Son consciente de que as imáxenes teñen dono e por suposto unha propiedade intelectual. Neste traballo procurei que se vira o autor, algunhas foi imposible xa que non figuraba. De tódolos xeitos, suministro o meu email por si algún autor quere que retire algunha delas.