GUÍA DE LOS RÍOS DE LUGO

Un libro que editou o diario El Progreso de Lugo en colaboración con Europa Press Ediciones e a Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, obras públicas e vivenda.

O libro é unha auténtica xoia e para mín unha exaltación dos ríos marabillosos que temos en Galicia, neste caso os de Lugo. Unha magoa que non exista das outras provincias.

Non é doado de conseguir, de feito este libro vino como colección en fascículos no ano 2003 en Lugo, logo intentei conseguilo, incluso escribindo o Diario, sin resultado.

Finalmente merqueino en Ourense como "libro vello" na Praza Maior nos mercadillos do primeiro domingo de mes, o día 05/11/2006.

Un libro para ter na casa e contemplar e ler para todos os amantes da pesca e da nosa natureza.

Unha pena que esté en castelán; pero está feito con moito gusto, moi boas fotografías e excelente texto.

salir.jpg (922 bytes) Saír.