A pesca tradicional nos ríos de Galiza.

Un libro que editou Gotelo Blanco estudos e investigacións no 2008, Premio Vicente Risco de Ciencias sociais. O autor é Lois Ladra.

O libro é moi interesante toda vez que explica dunha forma moi pedagóxica, con dibuxos e fotografías os pescos, pesqueiras e caneiros de Galicia.

O libro é polo tanto básico para entender a importancia dos ríos galegos e o seu valor que está a perderse por mor dunha política de encoros e unha contaminación fora do normal.

o traballo está centrado no estudio da pesca tradicional nos ríos galegos, dende o Miño ata o Navia, Ulla, Tambre Ladra e Sil.

O libro céntrase no estudio de tres comunidades ribeiregas como son Portomarín, Herbón e Arbo. No estudio cabe de todo, o aspecto filolóxico, ictiolóxico, histórico, documental, etnofráfico, folclórico e antropolóxico. No fondo o que quere o autor é que este patrimonio básico non se perda.

salir.jpg (922 bytes) Saír.