CARTAS OS REIS MAGOS

 

Carta do ano 2007.
Carta do ano 2006.
Carta do ano 2005.
Cartas anteriores: anos 1999/2000/01/02/03/04

 salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carta os Reis Magos de Oriente.

Nota: esta carta foi escrita os reis nos anos 1999, 2000, 2001, 2002, 2003 e agora no 2004 volvo a repetir. Espero que un ano destes teñan en conta as miñas peticións.

¡¡ Feliz nadal !!.

¡¡ E feliz ano 2.005 !!

 

Xunto a esta carta tendes unhas botellas de licor café, augardente de herbas e augardente blanca.

 

 

Facer uso delas, son productos galegos para quitar a friaxe e o mal corpo que, seguro, se vos vai poñer na visita as minicentrais.

¡¡ A verdade é que poñen a carne de galiña, e non se entende tanta desfeita!!

 

---------------------------

 

Tamén vos deixo tres fotografías das desfeitas que producen as minicentrais, están previstas 300 en Galicia. Penso que así xa podedes ir a tiro fixo.

Si non sabedes que son as minicentrais, cousa que comprendo xa que no ceo non se farían, pulsade este link.

Desfeita no río Deva. Ourense.
Desfeita no río Limia.
Desfeita no río Barbantiño.

 

Ponte do Areal, baixo as augas do encoro de Caldas de Reis.

Non deixedes de visitar o encoro de Caldas de Reis e ver a desfeita que hai no lugar. Veredes que é unha magoa o que alí fixeron. Unha mágoa non necesaria.

Encoro de Caldas- 2004

Foi un escándalo o que pasou en Caldas có encoro...

 

 

¡¡Feliz estancia en Galicia !!

¡Feliz ano 2005!  

Estimados Reis Magos

 de Oriente:

Son un galego, que vivo actualmente en Ourense. Sei que coñecedes Galicia e sei que sabedes de Santiago polo Ano Santo, de tanta sona no mundo.

Seguramente non vos sona Ourense, unha provincia marabillosa, esquecida da man do Señor, pero moi bonita é que merece a pena visitar.

Pois ben, Ourense está a 100 kms. o sur de Santiago. É doado chegar dende Santiago, no 2004 xa tendes autopista ata Lalín e alí , tomades un cocido e xa vos informan. (En realidade xa chega ata Dozón.)

Nos vos quero cansar coa a miña carta por eso vou directamente as miñas peticións:

Só os pido unha cousa e pídovola de corazón: cando veñades a Galicia a repartir os vosos regalos, tendes que visitar algunha minicentral e algúns encoros e comprobar cal é a desfeita que se está a producir nos nosos ríos. Sei que fostes amigos de Alvaro Cunqueiro e estades o loro da Galicia dos mil ríos, pois ben, a maioría van camiño de quedar embalsamados.

Unha vez comprobada a desfeita, pídovos si é posible o seguinte:

1.- Que deixedes un saco de carbón  o Sr. Cuiñas pola desfeita do encoro do Umia e outros ríos  e o Sr. Del Álamo por non mollarse e defender os nosos ríos ( sempre estivo caladiño cós ríos, non debían estar no medio ambiente que lle tocaba, xa que o outro medio era de Cuiñas). O Conselleiro actual o Sr. Barreiro sigue na mesma actitude, caladiño e deixando facer. Merece, de momento,  unha bolsiña de carbón, pola súas poucas ideas...

2.- Que deixedes escrito un edicto "de obrigado cumprimento" prohibindo no futuro as minicentrais nos ríos galegos.

3.- Nas que hai xa feitas que cumpran coa normativa e fagan escadas para subir as troitas e peixes e aumenten o caudal ecolóxico (polo menos, ata os estudios que xa hai feitos, e non o 10% do caudal medio anual que é a morte dos ríos) , de forma que deixen vivir os seres vivos que figuran no meu traballo.

Coas miñas gracias anticipadas, despídome dende Ourense, estando seguro que non teredes inconveniente en facerme estes regalos, toda vez, que inda que os pido para mín, serán un ben para tódolos galegos.

Unha aperta  e gracias anticipadas:

 

Secundino Lorenzo.

 

Ourense. Nadal -2004.  

Pd) Como vedes son moi teimudo nas miñas peticións, ano si e ano tamén... Espero que teñades en conta a miña perseveranza no tema...

 

 

 

 Subir.

 

 

 

 

NOTA CURIOSA:

Saben Vds. cal pode se-lo colmo da mala sorte da miña carta de Reis (no ano 2000) ...pois voulles a contar unha pequena anécdota, no punto 1º pido carbóns é moi merecidos, na miña opinión, para o Sr. Cuiñas, etc.

Saben Vds. ¿ quen fixo de Melchor nestas festas de Nadal pola provincia de Pontevedra ? ...Efectivamente, o mesmo... En fin, a vida ten estas cousas...Non me estraña, en absoluto, que os reis non me deixaran nada do que lles pedín...Espero que este ano 2005 teña máis sorte...

 

 salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carta os reis magos do ano 2005

¡¡ Feliz nadal !!.

¡¡ E feliz ano 2.006 !!

 

 

 

Xunto a esta carta tendes unhas botellas de licor café, augardente de herbas e augardente blanca.

 

 

Facer uso delas, son productos galegos para quitar a friaxe e alegrar a vida.

 

 

 

 

---------------------------

 

¡¡Feliz estancia en Galicia !!

¡Feliz ano 2006!  

Estimados Reis Magos

 de Oriente:

Sei que coñecedes ben a miña traxectoria a favor dos ríos e a natureza galega. Son xa moitos anos en contacto...

Este ano quero de corazón darvos as grazas polos vosos regalos o longo do ano pasado: sei que fixestes as visitas que vos pedín e vexo que tomastes medidas serias a favor dos ríos e regatos de Galicia. ¡Moitas grazas no nome de tódolos galegos!.

Quero facer simplemente dúas peticións, nada máis:

1.- Que botedes unha man moi grande a Consellería de Medio Ambiente para que se fagan moitas cousas a favor da natureza galega.

2.- Que non levedes carbóns, este ano, os antiguos Conselleiros de Medio Ambiente os señores Del Alamo e o Sr. Barreiro. Xa bastantes lles deixaron os anos anteriores. E por certo, ben merecidos.

De tódolos xeitos si vos sobra algúns carbóns deixarllos o Sr. Cuiñas, xa que o do encoro do Umia non se pode perdoar...

Unha aperta  e gracias anticipadas:

 

Secundino Lorenzo.

 

Ourense. Nadal -2006.

 Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carta os Reis Magos de Oriente. Ano 2006

¡¡ Feliz nadal !!.

¡¡ E feliz ano 2.007 !!

 

 

 

Xunto a esta carta tendes, como sempre,  unhas botellas de licor café, augardente de herbas e augardente blanca.

 

 

Facer uso delas, son productos galegos para quitar a friaxe e alegrar a vida.

 

 

 

 

---------------------------

 

¡¡Feliz estancia en Galicia !!

¡Feliz ano 2007!  

Estimados Reis Magos

 de Oriente:

Sei que coñecedes ben a miña traxectoria a favor dos ríos e a natureza galega. Son xa moitos anos en contacto...e sei , polos anos anteriores, que facedes moitas das cousas que vos pido.

Neste ano estou francamente disgustado xa que son moitas as desfeitas que están a producirse en Galicia, e vexo que a maioría das cousas soio se poden arranxar botando todos unha man.

Quero facer dúas peticións, nada máis:

1.- Que botedes unha man moi grande o Conselleiro Suárez Canal para que este ano consiga, coa axuda real de tódolos galegos,  que resolva dunha vez por todas,  o tema das queimas dos montes, que tanto afecta, non soio os montes si non tamén os ríos galegos.

2.- Que levedes algúns carbóns as sedes dos partidos da oposición. Da a sensación de que soio están pendentes dos votos e soio fan criticar e criticar. Este país non irá para adiante ata que os políticos loiten, sexan do partido que sexan, por o ben de tódolos galegos.

Pd) Si vos sobran algúns carbóns seguir a deixarllos o Sr. Cuiñas, xa que o do encoro do Umia non se pode perdoar...

Unha aperta  e gracias anticipadas:  

Secundino Lorenzo.

  Ourense. Nadal -2007.

 Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARTA OS REIS MAGOS DE ORIENTE. ANO 2007

¡¡ Feliz nadal !!.

¡¡ E feliz ano 2.007 !!

 

 

 

Xunto a esta carta tendes, como sempre,  unhas botellas de licor café, augardente de herbas e augardente blanca.

 

 

Facer uso delas; son productos galegos para quitar a friaxe e alegrar a vida.

 

 

 

 

---------------------------

 

¡¡Feliz estancia en Galicia !!

¡Feliz ano 2007!  

Estimados Reis Magos

 de Oriente:

Sei que coñecedes ben a miña traxectoria a favor dos ríos e a natureza galega. Son xa moitos anos en contacto...e sei , polos anos anteriores, que facedes moitas dás cousas que vos pido. Por exemplo este ano, botástes unha man moi grande o Conselleiro Suarez Canal cós incendios. Realmente non pasou nada. Moitas gracias e que esto siga así...

Tamén estades a botar unha man no análise que está a facer Adega cós ríos de Galicia. Penso que de seguir así poderemos ter unha idea clara de como están os nosos ríos e poñerlle solucións.

Quero facer dúas peticións nada máis:

1.- Que rematen dunha vez por todas as contaminacións dos ríos galegos. Gustaríame que os que contaminan, as empresas que fan o que lles peta cós ríos de Galicia, paguen, e paguen realmente coa cárcere si fai falta.

2.- Que levedes moitos carbóns as sedes dos partidos da oposición. Soio están pendentes dos votos e soio fan criticar e criticar. Este país non irá para adiante ata que os políticos loiten, sexan do partido que sexan, por o ben de tódolos galegos.

Unha aperta  e gracias anticipadas:  

Secundino Lorenzo.

  Ourense. Nadal -2007.

 Subir.