OS RÍOS SON  VIDEOS   DA NATUREZA.

En primeiro lugar poño un video que fixen o 21/06/2012 e que adico a Juan José Moralejo (1941-2012),  un amigo que nos deixou fai uns días, e que tamén dedico os que de verdade amades os ríos e os respetades.

 

Este video está en Youtube e pode verse con pantalla máis grande. As fotografías son do autor da web, o que escribe, Secundino Lorenzo. (Todas menos a troita que está intentando subir un cachón, que descoñezo o autor)

 

 

Este video do que son tamén propietario é unha denuncia de como está actualmente, 11/09/2012 o río Navea en Chandrexa de Queixa (Ourense) fai uns anos catalogado por mín como o mellor río da provincia de Ourense. Pois ben, hoxe está na UVI por non decir morto. Unha magoa para os que amamos os ríos.

 

Por último tendes un video máis positivo, mostra o río Ulla actualmente. outubro de 2012, dende un punto de vista alegre e esperanzador. Sei que non está de todo ben, pero bueno, sexamos optimistas. Que o disfrutes a pantalla grande. Merece a pena.

 

--------------------------------------------------------------------

 

Video sobre os ríos do Invernadeiro. Río Ribeira Pequena e Grande.

Un  Parque Natural marabilloso que temos en Ourense

Para disfrutar. O video é da páxina web da que son autor.

Data do video 26/10/2012. Outono

------------------------------------------------------

 

 

Este video feito o 26/04/2013 é un canto a un río marabilloso que se chama río Lor.

--------------------------------------------------------------------------

 

 

Este video que é de senda Verde en colaboración coa Asociación Ecoloxista Coto do Frade de Ribadavia é unha reivindicación a fauna do río Miño atropellada dende fai anos poplos encoros de Fenosa. Un berro a unha solución xa.

 

(Ver, ademais,  estas xoias.)

  Ver esta Xoia.

Ver este video de pesca a mosca en Gredos. Este río pesqueino no ano 1970, que marabilla!. Jara e sedal.

 

Ver este video de pesca do reo a mosca. Jara y Sedal.

Ver este video de pescando no cañón do Tera.

Ver este video de    " A terra da auga". (Mimiá)

Así sonan os ríos galegos, as veces...

 

Video do webmaster da páxina. Secundino Lorenzo

 

Neste apartado tamén porei videos que teñan que ver coa recuperación de ríos ou especies en Galicia, inda que sexan na maioría dos casos boas intencións ou negocios encubertos que rematan cun sendeiro que logo non se cuida e non vale para nada.

De momento poño dúas mostras:

Ver video de           boas intencións para o río Tea en Pontevedra. Gustaríame que non se quedara nun simple sendeiro para turistas, o río Tea, afluente do Miño,  e de momento sin presas ben o merece. Zona de Rede Natura e de especial protección.

Ver este video de    boas intencións, moi boas, como é a recuperación no ulla do Mexilón de río e do auganeiro.  

Cóstame moito creer incluso as boas intencións da noticia e témome o peor. O mexilón é prácticamente imposible recuperalo en moitas zonas do Ulla o mismo que o auganeiro como non sexa na cabeceira do río. En fin...

Plan de protección da diversidade animal.

Ver este   

video.    

Sensacional video sobre a vida no río Barbaña en Ourense. Un río defenestrado pola contaminación que día si e día tamén asola o seu canle. Pese a todo ten vida como demostra este video de  Superradiocat, os que dou a enhoraboa.

 

 

Menudo mérito: sensacional video feito por BICHO PRODUCCIONES.

 

 

A vida nos ríos do mundo 1/3. Sensacional...

 

 

A vida nos ríos do mundo 2/3. Sensacional...

 

 

A vida nos ríos do mundo 3/3. Sensacional..

 

 

Para finalizar un pouco de boa música:

Ver outra mostra: "Sombra de sombra e andar primeiro de río...",  Quen poidera namorala.

 

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada;
quen puidera namorala
quen puidera namorala
meu amigo
Canta ó luar e ó mencer
en frauta verde olivo
quen puidera...
Ten aires de frol recente
cousas de recén casada
quen puidera...
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río
quen puidera...

salir.jpg (922 bytes) Saír.