¡Pensa un pouco!
Adiviñas alusivas os ríos (están sacadas a maioría do libro Os Ríos , Enciclopedia Temática ilustrada e editado por A Nosa Terra - 2002) :
É longo como un camiño,
e vai fozando coma un porquiño.
Quen é? Rta: evidente
Atrás dun penedo pariuno a súa nai,
correu pola terra e casou no mar.
Quen é? Rta: evidente
É longo como un camiño,
e vai fozando coma un porquiño.
Que é? Rta: evidente
Non son coche
pero fréanme os encoros
e despois de vencer
non poucos atrancos
deito as miñas augas
no océano Atlántico.
Quen é? Rta2
Nace nunha fonte
e atravesa as pontes.
Quen é? Rta: evidente
Por un carreiriño
moi mal empedrado
ando e non me mollo
e sempre vou mollado
Quen son? Rta: evidente
Longo como unha rúa
rebuldeiro coma un meniño;
cantareiro como un paxaro
e torto como un fuciño.
Quen son? Rta: evidente (Alfonso Magariños.)
Son dúas irmás
e nunca xuntas as verás.
Quen somos? Rta1
Non é troveiro, e ás veces canta
anda como a serpe, deitado,
vive con frio e desacougado,
e non é cabalo nin se espanta,
ten cinco frenos e un bozal,
mais chega brincando a Portugal,
meus amigos a verdade e tanta.
Quen son? Rta3
Teño sona de cantante
sempre vou para adiante,
a de Iguazú é moi importante
¿Que demo son, diantre? Rta4 (José de Cora)
Vai voando de pedra en pedra
e chega ao río e creba.
Que é? Rta5
¿Que cousa ten o muíño
precisa e non necesaria
non pode moer sin ela
e non lle serve de nada? Rta6.
Nicanor tiña un barco
e con el surcaba o río
era este un barco pequeno
o este era un gran navió? Rta7
Como sae un gatiño dun río? Rta8
Vai o campo e non come,
vai o río e non bebe
Eso dando voces se mantiene
Que cousa é? Rta9
Un cabalo blanco caeu
no río Negro. Como saiu? Rta10
As beiras do río
O río Miño
É o río Miño, os Frenos son cinco encoros que ten Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo e Frieira. O Bozal é o Atlántico.
A catarata
O papel.
O ruído
Norte Sur este Oeste
Mollado
O cencerro
Mollado