|
"Pola mañanciña, á primeira luzada do sol, xa estaba en pé co espírito animado e con enormes desexos de facer novos descubrimentos. Viríalle moi ben un poco de auga e encamiñouse á beira do regato para beber e refrescarse. A vida bulía nel; mosquitos e moscas rovoaban sobre a auga mentres os zapateiros se deixaban esvarar con preguiza pola superficie; ras grandes e pequenas estaban á espreita por se pillaban algún para almorzar e cobras de auga turbaban a tona do río cos seus movementos. Xenoveva observaba todo con sorpresa...
|