A VIDA NOS RÍOS GALEGOS.

OS   ANFIBIOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROBLEMAS DOS ANFIBIOS ACTUALMENTE.

Os anfibios están a baixa en España. Galicia está en España.

Cada vez vexo menos sapos e menos ras na provincia de Ourense, quizais esté influenciado pola noticia da dereita, quizais...pero fai tempo que sinto medo polo noso medio natural...Hai moito descoñecemento científico na xente que nos goberna... hai moito zoquete solto... mírase pouco a natureza... mírase moito o bolso... contamínase moito... faise moita demagoxia co Medio Ambiente, e a verdade..."non se ten nin idea". Peligroso.

Os anfibios actualmente, en xuño do 2002, están en declive. Da medo. Xa falaba desto no 2000.

Un fungo (Quitridium), está rematando con eles en moitas zonas do mundo. Quizais a capa de ozono, quizais a choiva ácida, quizais os virus ou os fungos, a eutrofización das augas por exceso de lixo, en fin un longo etc. que se chama contaminación galopante.

¿Podemos sentirnos  tranquilos consumindo auga que é letal para as ras ? pregúntase Adolfo Marco da estación biolóxica de Doñana.

Realmente ¿cantos avisos necesita o home para tomar cartas serias neste asunto da contaminación?...Está a desaparecer o salmón en Galicia, o arao , o oso, o urogallo , o sapo concho, a salamántiga galega, a vacaloura, os morcegos, agora as ras, os sapos e un longo etc. ¿ Cantos avisos necesitamos?. A verdade,  estamos gobernados por incompetentes en medio ambiente...¿a onde nos queren levar?

Ultima hora (novembro 2014 o "ravirus" unha especie de ébola para os anfibios, un virus criminal, está a rematar cos anfibios. Hai moita preocupación en Galicia con este virus que está a afectar a sapos e salamandras, unha auténtica mágoa. Ver este link.

 

Subir.