O libro
"Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en materia de
pesca fluvial" foi para mín todo un descubrimento
interesantísimo. Teño que agradecer que mo fixera chegar Fernando Cobo
un dos coordinadores do libro xunto con R. Vieira-Lanero.
O libro para mín e a miña web sobre
A vida nos ríos galegos é fundamental xa que nos distintos
bloques estudia o medio físico ( as características fisioquímicas
da auga e unhas nocións de hidroloxía); outro bloque para o Compoñente
Biolóxico (con conceptos de especie, clasificación e nomenclaturas,
productores primarios, macroinvertebrados, ictioloxía continental,
vertebrados, ictiopatoloxía e os ecosistemas acuaticos. Finalmente nun
bloque III os instrumentos ténicos (con temas interesantísimos como a
conservación e control dos sistemas acuáticos, a restauración fluvial,
as artes e materiais e modalidades de pesca deportiva, as bases para
unha xestión da pesca deportiva,e un tema sobre psicoloxía aplicada as
funcións de guardería, e a bibliografía).
Un libro moi recomendable na que
escriben e traballan xente tan importante como os citados, e ademais
Juan Angel Díaz, Mª josé Servia, Dámaso Rodríguez, Beatriz Magariños,
Sandra Barca, Javier Sánchez, Sheila Rivas, Mª Teresa Couto i Enrique
Rego. Os dibuxos son de Rufino Vieira