Chioglossa lusitanica. Salamántiga galega. (Rabilarga)
Un caso único no mundo. Ver características. (Modificada o 03/02/2008) É a xoia galega. |
Vive en pequenos cursos de auga con corrente feble, con vexetación de musgos e fentos. Ten ollos grandes e saltóns, moita cola e unha lingua moi grande coa que captura as súas presas: moscas, etc. É o único representante vivente do xénero Chioglossa, ademáis un endemismo ibérico, e soio se atopa (no mundo), en Asturias, Galicia e o Norte de Portugal. A contaminación, os encoros, as minicentrais e o home están a facer desaparecer esta Saramaganta, a maior "xoia do patrimonio natural galego". É a xoia galega.
|
Chioglossa lusitanica: características.

![]()
| Nome científico |
Chioglossa lusitanica ( Bocage 1864)
|
| Nome galego |
Saramaganta galega.
Salamántiga galega. Saramaganta. Pinchorra rabilonga. Píntega rabilonga.
|
| Nome castelán |
Rabilarga. Salamandra rabilarga. Salamandrita rabilarga.
Pulsar no medio para ve-la a toda pantalla. En Portugal chámanlle Salamandra-lusitánica, tamén Salamandra-dourada e Quioglossa.
|
| Identificación: |
Mide sobre 12-14 cms, dos que dous tercios corresponde a súa cola. As femias son máis grandes sobre 1 cm. É inconfundible.
Cabeza pequena e deprimida co morro redondeado. Ollos moi grandes saltóns. É delgada e moi esbelta, e ten unha cola moi grande.
Ten as patiñas moi pequenas en relación o longo do corpo. O corpo é casi cilíndrico.
Ten un suco señalado dende o ollo ata a parte posterior. Efectivamente ver a fotografía. Ten dúas liñas doradas lonxitudinais que se unen nunha soa que recorre todo o lombo ata cola. Na fotografía de José Vicente López vense perfectamente estas liñas, e como ó final únicamente é unha soa.
A coloración é parda - broncínea.
O ventre é gris perla con reticulado oscuro, disperso.
É pouco diurna, eu nona vín na miña vida. O corpo é casi cilíndrico. Ollos grandes, oscuros e saintes das órbitas.
O rabo é característico : é autotomizable (mecanismo defensivo comunmente utilizado por moitos saurios, máis excepcionalmente entre os nosos anfibios) e serve de importante órgano de acumulación de reservas, variando o seu grosor o longo do ano, ata o punto de que a súa rexeneración impide a formación de ovos ás femias que perderon o rabo.
Dibuxo de Felix R. de la Fuente. O rabo nos adultos é prácticamente máis do doble que o corpo, esta, é outra das características.
As patas teñen catro dedos.
Móvese con gran rapidez. É moi áxil e moi rápida. é moi boa nadadora, semella a un esgonzo ou unha anguía cando foxe entre a vexetación ou na auga.
|
| Variacións entre elas: |
A chioglossa pode presentar variacións entre poblacións, así as do norte de Galicia e Asturias parecen ter as liñas douradas máis desenroladas.
Pontevedra e o norte de Portugal téñenas máis reducidas e mesmo hai individuos sen elas.
Ademáis parece que as do norte son máis grandes.
|
| Vese nos meses de: |
As saramagantas vense no norte casi todo o ano.
Nos períodos máis frios, entre novembro e xaneiro, vense moitos individuos escondidos debaixo das pedras, en gretas de noiros (taludes e castelán...), etc.
No sur de Galicia parece que reducen a súa actividade nos períodos secos. Diariamente están máis activos pola noite, inda que tamén se ven polo día. As larvas móvense tamén de noite.
Larva de chioglossa. Fotografía de Miguel Vences.
|
| Alimentación: |
Come de todo (entre 2 y 4 mm.) : dípteros, himenópteros, arácnidos, larvas de insectos e miríapodos. Insectos preferentemente. O que máis lle gustan son as arañas e os dípteros, pero come de todo ata larvas de coleopteros, gusarapas, bechocos, etc.
Está activa en horas crepusculares e nocturnas, sendo as larvas totalmente nocturnas, e os novos con tendencias diurnas.
Permanece activa durante todo o ano, podendo refuxiarse en gretas lonxe da auga e reducir a súa actividade entre os meses de novembro e xaneiro nas poblacións situadas ó norte da súa área de distribución, mentras que as do sur, poderían ter un periodo de reposo non máis caluroso do verán.
A dieta das larvas está composta por pequenos insectos acuáticos, moluscos e larvas pequenas. Pensar que a larva ten no primeiro ano sobre 4 cms, polo tanto aliméntase conforme o tamaño do seu corpo.
|
| Habitats: |
Sábese que habita os ríos galegos xa que foi atopada como alimentación dalgunha troita. Tamén é comida pola lontra e o armiño.
Gusta das fragas de folla caduca entre regatos e ríos con moitos liques e moita humidade. Gusta das áreas de máis de 1.000 mm. de precipitación anual. Pode vivir lonxe dos ríos, pero coinciden moitos autores en considerar que é o anfibio máis abondoso nos regatos de corrente rápida en terreos de morfoloxía abrupta.
O habitat de tódolos xeitos é preferentemente montano e consiste fundamentalmente en umbrías veciñas a pequenos cursos de auga con corrente feble, con vexetación higrófila nas ribeiras ( brións e fentos). Non acostuma a alexarse moito dos regatos, pero si ten lugares no bosque que lle gustan, soio se achega a auga cando se reproduce. Cando hai sequía prefire lugares húmidos subterraneos.
Non se atopa por riba de 900-1.000 metros, polo tanto prefire as zonas montañosas de media e baixa altitude. Resumindo moito " A Chioglossa está restrinxida a zonas con un clima suave e con precipitacións anuais de máis de 1.000 mm por metro cadrado (Arntzen, 1981; Vences, 1990). Xeralmente vive en elevacións de baixa ou media altitude, faltando por riba dos 1.000 m de altitude (ata 1.100 m na Serra de Estrela en Portugal). Prefire regatos con acidez elevada, e a súa escasez en Asturias oriental coincide coa incidencia de áreas calizas (Vences, 1993)" Este é ó último mapa da saramaganta:
Pode verse que a nosa rabilonga soio se ve en Galicia, en Asturias e pequenas zonas de León. Tamén lle gusta meterse en pequenas covas e minas abandonadas, sobre todo para aparearse.
Coñecese que pode vivir en cautividade ata tres anos, pero na natureza non se sabe canto. Non está estudiado ou eu descoñezo os datos. Algúns libros, de tódolos xeitos, falan entre 10 a 15 anos. Outros soio 8 anos.
|
| Condicións especiais da auga: |
Os arroios onde vive a Chioglossa deben ter uns valores especiais moi elevados en osíxeno disolto na auga, baixas durezas, concentracións de cloruros e valores de conductividade e acidez elevadas, cuns PH comprendidos entre 4,5 e 5,5 . ( Información sacada, o pe da letra, do libro "Anfibios e réptiles de Galicia" de Pedro Galán e Gustavo Fernández. , páx. 113) .
|
| Reproducción: |
A femia é máis grande co macho.
O macho distínguese, en época de celo, por ter moi abultada a zona do ano.
Dibuxo sacado dos Cadernos de Campo de Felix R. de la Fuente. Os datos cós que se conta son escasos e contradictorios, variando según as distintas poblacións e según que as zonas sexan máis ou menos frescas. O máis común é a seguinte (o libro "Anfibios españoles" trae moi detallado o proceso): A reproducción empeza en febreiro e abril.
O seo apareamento é incríble, xa que dura sobre 20 minutos. O macho situase por debaixo da femia a que colle coas patas. Logo xiran e xiran, agarrándose pola cola.
Nesta fotografía de Miguel Vences vese este acoplamento. Logo retira o corpo para que a femia poida introducilo na súa cloaca. A duración do amplexus soe ser duns 20 minutos. A chioglossa presenta fecundación interna, eso quere decir que o macho durante o acoplamento deposita unha estructura xelatinosa que a femia vaino introducir posteriormente na súa cloaca. Nas femias preñadas poden verse os ovos transparentados na fina pel do ventre. Posto-los ovos na auga, cada femia pon entre 12 a 17 ovos, brancos, esféricos e grandes, duns 11 mm. de diámetro, baixo as pedras ou recunchos dos regatos ou mesmo nas paredes molladas das minas de auga.
Fotografía de Miguel Vences As larvas xa nacen completas sobre 5 cms., no primeiro ano. As larvas, moi alongadas e coas patas e branquias considerablemente reducidas, rematarán o seu desenvolvemento polo verán, inda que algunhas larvas non se metamorfosean no primeiro ano, permanecendo máis de un na auga ata acadar os 70 mm. de lonxitude.
Vive entre 10 a 15 anos (outros libros falan de 8 anos únicamente como moito).
|
| Inimigos: |
A parte da contaminación, ten como inimigos naturais a lontra, armiño, ourizos, aguaneiro, sapos, a salamandra común, cobra de río, a troita, etc.
As minicentrais que se están a instalar nos regatos galegos son a morte desta especie. Claro que A Xunta, e o seu Conselleiro Sr. Del Alamo (xa dimitido en febreiro do 2003), e logo despois o Sr. Barreiros (felizmente cambiado no 2005) que se enteraba de menos inda, descoñecen este peligro ou tenlle sin cuidado, trátase de enerxía limpa e renovable, e ademais rentable para uns cantos ...como decía Fraga esas cousas soio interesan a catro demagogos do Paleolítico...
Non esaxero, esta especie quere regatos limpos con altos valores de osixeno e acidez inferior a ph=6. As minicentrais escoñan todos estos valores e moitos máis. Cando acordemos será tarde para os ríos galegos e por suposto para esta xoia, descoñecida e marabillosa.
Como comportamento anti-depredatorio curva o corpo en situación de peligro, mostrando a cola diante da cabeza. Como xa vimos é capaz de desprenderse da cola, en situacións de peligro, cola que rexenera a razón de 2,7 mm. por mes. A cola así, media cortada, preséntase no 33% dos casos o que pode representar un índice interesante.
Compre decir que cando solta a cola, esta queda uns minutos movéndose, sin dúbida trata de distraer o inimigo mentras ela desaparece rápidamente. Evidentemente sirve de comida a moitos animais dos bosques, como os sapos, por exemplo.
Na fotografía sensacional de José Luis González vese un sapo dando conta dunha salamántiga galega.
|
| Interés: | É a xoia do patrimonio natural
galego, sin lugar a dúbidas.
É o único representante vivente do xénero Chioglossa, e ademáis un endemismo ibérico e soio se atopa (neste mundo) en Asturias, en Galicia e o Norte de Portugal. O interés debera ser máximo.
Na fotografía sensacional de José Luis González vese unha salamántiga galega. É a nosa maior xoia xa que precisamente a Saramanga vive, inda por riba, en lugares, que como dice Pedro Galán e Gustavo Fernández "é a máis xenuína representación da natureza ancestral galega xa que vive nas fragas de folla caduca entre arroios saturados de liques e humidade". É un anfibio orixinal tanto polo seu aspecto, como o comportamento e a súa bioloxía. Tamén incluso dende o punto de vista histórico, xa que é unha sobrevivinte de fai milleiros de anos, xa que ten que ver coa Chioglossa meini, coñecido o parecer por restos fósiles. Pois ben, a nosa Chioglosssa está emparentada con ela.
De tódolos xeitos en Galicia por non ter nin temos catálogos de especies ameazadas. Polo menos no 2000.
Realmente é incrible o caso galego. Temos unha Consellería de Medio Ambiente que realmente non fai nada de nada, refírome os últimos 16 anos, ata o 2005 no que esperemos que cambien un pouco as cousas, ata agora as Consellerías de Medio Ambiente galego deixaron moito que desexar...
|
| Protección: | De interés
especial, estrictamente
protexida.
Libro rojo: Rara, endemismo ibérico UICN: Vulnerable/A2c .
Unha especie que temos que conservar a toda costa. Proyectos de conservación: En Galicia: ??? descoñezo si hai algún... En Portugal: Proyecto
Life en Portugal (Universidad de Porto).
Fotografía moi boa sacada da www de Medio Ambiente Español.
|
| Demografía: |
Pouco coñecida e estudiada, en Galicia atopáronse densidades 196 individuos por cada 100 metros de río, por exemplo no Pindo e 166 en Caaveiro.
Fotografía de Antonio Torres. ( Información sacada, o pe da letra, do libro "Anfibios e réptiles de Galicia" de Pedro Galán e Gustavo Fernández. , páx. 113) .
Hoxe en xunio do 2005 as cousas cambiaron un pouco. Así na www de Medio ambiente do Estado aparece citada en: "Moitas zonas da Coruña, Comarca do Bergantiños, e zonas de Pontevedra. Polo que podo ver no mapa aparece moito máis en zonas da Coruña e Pontevedra, e menos en Lugo e moito menos en Ourense"
|
| Distribución en Galicia: |
Dende logo é moi común en toda Galicia, pero non na provincia de Ourense, inda que se atopou en Trevinca por riba dos 1.300 metros. De tódolos xeitos o normal é que viva entre os 900 a 1.000 metros e lugares con precipitacións anuais superiores os 1.000 mm por m2.
Vese nos Ancares e dende logo na Coruña e Pontevedra. Os climas de Galicia máis secos non lle van. Atópase tamén en Asturias e en todo o norte de Portugal, incluso pasando o río Douro.
|
| Distribución en Portugal: |
"Esta salamandra ten a sua distribución limitada o Noroeste da Península Ibérica, tendo particular incidencia nas rexións de Entre-Douro-e-Minho en Portugal e por suposto de Galicia en España. En Portugal é particularmente abondosa no Gerês e nas serras de Santa Justa, Pias e Castiçal que perteñecen os concellos de Valongo, Gondomar e Paredes na área metropolitana do Porto". Así aparece escrito no seguinte link: Equipa eco. ¿Que bicho é este ?.
En Portugal saben moi ben a xoia que teñen no norte coa Salamandra lusitánica que non é outra que a nosa Chioglossa lusitanica ou saramaganta. Fixeron un poster por si as moscas, non vaia ser que se esqueza: No poster figura na parte de arriba os distintos nomes según os paises así como a clasificación. Na parte de abaixo figuran os datos típicos: as características, dimensións, habitat, estado de conservación, etc. Os dibuxos do poster indican ben as claras onde vive, onde se aparea e onde pon os ovos e viven as larvas. No mapa da península ibérica está claro onde se pode atopar.
|
| Curiosidades: |
Dende logo é un dos vertebrados europeos peor coñecidos en canto á súa bioloxía, o seu estudio soio se pode facer en Galicia e no norte de Portugal, o demáis xa está dito.
A salamantiga galega é un anfibio áxil, rápido e escurridizo, que ademáis nada moi ben. Captura os seus alimentos gracias a súa lingua "protáctil" (proxectable ), que é larga e adhesiva, o que lle permite atrapar alimentos a certa distancia sin ter que chegar ata eles. Por certo, en maio do 2004 publicanse uns documentais da BBC, onde se ve claramente como actua esta lingua. É unha auténtica bala, prácticamente nin se ve.
A Chioglossa non se presente en sustratos de acídulas de pino e follas de Eucalipto, precisamente a repoboación maioritaria da nosa costa. Nota: hai unha pequena película en internet na que se ve como actua a súa lingua. Ver si funciona, es un QuicTime.
Fotografía de Miguel Vences. Ver link O rabo é característico : é autotomizable ( mecanismo defensivo comunmente utilizado por moitos saurios, máis excepcionalmente entre os nosos anfibios, o verse amenazado deixa a cola e escapa, a cola está uns minutos movéndose) e serve de importante órgano de acumulación de reservas, variando o seu grosor o longo do ano, ata o punto de que a súa rexeneración impide a formación de ovos ás femias que perderon o rabo. Seica o rabo é rexenerado a razón de 2,7 mm. por mes.
No poster figura na parte de arriba os distintos nomes según os paises así como a clasificación. Na parte de abaixo figuran os datos típicos: as características, dimensións, habitat, estado de conservación, etc. Os dibuxos do poster indican ben as claras onde vive, onde se aparea e onde pon os ovos e viven as larvas. No mapa da península ibérica está claro onde se pode atopar. |
| Links sobre a saramaganta galega: |
Fotografía de Antonio Torres. Algúns links sobre a saramaganta galega: O mellor: Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Equipa eco. ¿Que bicho é este ?.
|
"Esos anfibios y reptiles gallegos" . De Jose Curt y Pedro Galán. Galicia Viva . 1982.
![]()
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.
![]()
Recentemente incorporei os seguintes libros "Anfibios e réptiles de Galicia" de Pedro Galán e Gustavo Fernández Arias, publicado por Xerais en 1993. Este libro paréceme o máis completo en canto a información da Saramaganta galega.
![]()
Utilizo tamén un grabado do libro "Los anfibios y reptiles" de Valentín Pérez Mellado y Antonio Sacristán de Penthalon 1997.
![]()
Utilizo tamén os "Cuadernos de Campo. Los Anfibios" de Félix Rodriguez de la Fuente de Artel 1991. Que trae moitas curiosidades.
![]()
Incorporei unha fotografía do libro "Los anfibios y los reptiles en su medio" de Bernard Le Garff. Ecoguías de Plural.
![]()
Por último incorporei varias fotografías do libro "Anfibios españoles" de Alfredo Salvador y Mario García París. Esfagnos. Tamén algúns datos.
![]()
Por último tamén vexo no 2006 "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi Cabirta. EBaía ediciones. 2006.
Fotografía sensacional de K.-D. Kühnel
![]()