Os ríos son esperanzas.

No apartado de "Os ríos son esperanzas" poño dous exemplos do que se pode facer e se debera facer, entre outras cousas, para fomentar a esperanza para os nosos ríos no futuro. Si non implicamos os nenos, si non implicamos os centros de ensino,  si non implicamos os grupos sociais, non haberá nada que facer nun futuro inmediato en canto a recuperación e posta en valor dos nosos ríos en Galicia.

Recuperación da Corga do Sampil. Celanova. IES  de Celanova. Ano 2000.

Exemplo en Galicia

Conozcamos el río Ciudadeja. Un proyecto de educación y sensibilización ambiental. Año 2012. Exemplo en Andalucía (Ya no existe esta web maravillosa).

En su lugar tenemos este video sensacional.

Merece la pena verlo.

Saír                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTUDIO   E   RECUPERACIÓN 

 DA   CORGA   DO   SAMPIL

Responsables do traballo:

Fernández Pulido, Xabier;   López Ribera, Xabier.

Llorente de Mata, Luis;  Méndez Gayo, José Manuel.

Muñiz Salgado, AmparoPérez Pérez, Carmen

Seara Cid, Elisa Mercedes.

Dende Ourense no nome dos que amamos Galicia e os seus ríos, moitas gracias o I.E.S. de Celanova, esperando que o seu  traballo riguroso, sexa imitado por outros colectivos galegos.

Velo traballo.

Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A CORGA DO SAMPIL.

Grupo de traballo do  I.E.S. de Celanova. Curso académico 1999-2000

INDICE

 

 

 

1.- Introducción
2.- Método de traballo.
3.- Corga de Sampil.Descripción xeral.

Mapa da corga.

 Perfil lonxitudinal da “Corga de Sampil”

3.1.- Lugares de interés:

 

                              Fotografías dos lugares de interés.

 

                              Mapa dos lugares de interés.

 

4.- Flora.
5.- Aproveitamentos:

 Fotografías de construccións.

 Mapa de construccións.

 

6.- Impactos negativos:

Fotografías de impactos negativos

Mapa de impactos negativos.

 

7.- Limpeza da corga.
8.- Propostas correctoras.
9.- Propostas didácticas.
10.- Bibliografía.

  Voltar o menú

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- Introducción

 

 

            A idea deste estudio xurdiu tras unha camiñata, duns membros do Grupo de Traballo, ó Monte da Neve. Alí descubrimos as fontes do regato que pasa pola vila de Celanova. Pensouse na posibilidade de aproveitar un curso fluvial próximo ó Centro de Ensino para actividades pedagóxicas relacionadas co medioambiente, que fomentase o interés polo coñecemento,coidado e respecto do entorno máis próximo.

 

            Iniciouse entón  un proxecto no  que participou o alumnado e profesorado de diferentes seminarios, constituindo unha interesante experiencia interdisciplinar, así coma de relación entre tódolos participantes nas diferentes actividades.

 

            As condicións en que atopamos o regato determinaron que a actividade principal resultara ser  a limpeza da corga, na que o alumnado se volcou con entusiasmo. As frecuentes saidas e referencias ó regato, fixeron que o Sampil pasase de ser un descoñecido para case a totalidade da comunidade escolar, a formar parte do patrimonio natural ó noso alcance. A exposición con material fotográfico sobre o traballo realizado polo Grupo, que se mostrou no Centro, favoreceu a súa divulgación.

 

 Todo este traballo non tería sentido se o esforzo realizado non tivera continuidade. Temos en mente continuar un seguimento do seu estado para o vindeiro curso.Seguiremos intentando implicar ós organismos responsables tanto na recuperación coma na conservación.

 

            Asimesmo,tamén pretendemos que o material elaborado teña utilidade pedagóxica  e serva para fomentar a interdisciplinalidade no estudio e conservación da natureza.

Voltar o menú.  

 

 

 

 

 

2.- Método de traballo

 

            Para  levar a cabo o estudio da corga de Sampil, o Grupo seguiu os pasos que se detallan a continuación:

 

            Recoñecemento da totalidade do cauce dende o seu nacemento ata a desembocadura.Realizáronse varias saidas: a primeira foi previa á presentación do proxecto, e unha vez comenzado fixéronse tres máis.

 

Identificados os lugares obxecto de actuación prioritaria, zonas de máis lixo, organizáronse tres saidas co alumnado para proceder á súa limpeza. Formáronse grupos de cinco alumnas e alumnos por cada adulto acompañante.Retirábase o lixo en sacos que se acumulaban en lugares accesibles para a súa retirada por parte do servicio municipal de recollida de lixo.

 

Os desprazamentos realizáronse a pé.

 

A cartografía empregada foi o mapa topográfico do Instituto Xeográfico Nacional, escala 1: 25.000, folla Celanova.

 

Empregamos as guias que se indican na bibliografía para a identificación de especies botánicas.

Voltar o menú.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

3.- A corga de Sampil: Descripción Xeral

 

 

            A corga ou regato de Sampil ( xa que é un curso de auga intermitente ) pertence á conca do Miño, subconca do Arnoia, subconca do Ourille.

 

            Ten a súa fonte principal no monte da Neve a 700 m. de altitude, preto do lugar de Sampil. Os aportes máis importantes son: cerca do nacemento, dous regatos que se incorporan pola esquerda procedentes, un do lugar de Amoroce e outro do lugar de A Granxa e no lugar do Val incorpórase un terceiro pola dereita chamado do Outeiro.

 

Cando leva percorrido 2,5 km. pasa pola vila de Celanova, cruzando a carretera N-540, preto da ermita da Encarnación. A continuación pasa polos lugares do Val e Mourillós. Desemboca despois de recorrer 6,4 km. no río Ourille a 420 m. de altitude.

 

 

 

Vista do Monte da Neve . Lugar onde nace o Sampil

 

 


 

 

 

 


 


O regato ten distintos aproveitamentos agrarios:

 

No nacemento abunda o monte baixo de uz, xesta, carqueixa e toxo, destacando un bosque mixto de bidos e carballos, moi afectado polas continúas queimas, a última do día 10 de marzo deste ano.

 

Antes de chegar ó lugar de Sampil empezan a aparecer levadas, empregadas para regar lameiros, situación que se manten ata chegar a Celanova.

 

A partir da vila aparecen pequenas hortas e terras de cultivo, estando incluso o regato canalizado con muros de pedra. Salientar que o regueiro atravesa en dúas ocasións o muro de O Cercado ( nome da antigua finca do Convento ).

  

Lugar
Altitude
Coordenadas
Distancia en km

Monte da Neve

(nacemento)

 

700 m.

42º 08´12” N

07º 58´12” O

 

 

0 km.

 

Celanova

 

500 m.

42º 09´00”N

07º 57´23” O

 

2,5 km.

Rio Ourille

(desembocadura)

 

420 m.

42º 09´35” N

07º 56´08” O

 

6,4 km.

 

 

 

 

 

Voltar o menú.                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

           3.1. Lugares de interés

 

 

-        Bosque de bidos no nacemento ( Monte da Neve) dende o que se aprecia unha fermosa vista da vila e val do rio Ourille.

 

 

-        Fervenza en Celanova. No camiño que leva a este lugar  aparecen magníficos exemplares de carballos, destacando a presencia dunha gran faia.

 

 

-        Fervenza de Mourillós. Caida natural de auga entre enormes rochas graníticas; pero debido a que se atopa a uns 500 m. augas arriba a depuradora de augas residuais ( que non depura ) a súa beleza vese  moi mermada pola suciedade e o mal olor das augas.

 

-        A desembocadura no rio Ourille é un lugar especialmente atractivo con un importante bosque galería de amieiros, presente, por outro lado, en toda a corga de Sampil. 

 

Vista de Celanova dende o Monte da Neve (nacemento) 

  .Fervenza de celanova.

Fervenza de Mourillós        

Desembocadura  no rio Ourille (Mourillós)

 

 MAPA DE LUGARES DE INTERES:

 

 

1.- NACEMENTO. BOSQUE DE BIDOS. 2.- FERVENZA DE CELANOVA.
3.- FERVENZA DE MOURILLÓS. 4.- DESEMBOCADURA NO RIO OURILLE.

 

 
 


   

 

1.- NACEMENTO. BOSQUE DE BIDOS. 2.- FERVENZA DE CELANOVA.
3.- FERVENZA DE MOURILLÓS. 4.- DESEMBOCADURA NO RIO OURILLE.

 

 

Voltar o menú                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


4.- Flora 

 

            -ÁRBORES

 

            A especie que forma o bosque de ribeira é básicamente o amieiro, agás no nacemento, onde aparece presente un importante bosque de bidos.

 

            Amieiros: “Alnus glutinosa”. Bos exemplares en todo o cauce.

 

            Carballos:”Quercus robur”. Interesantes os próximos á fervenza de Celanova.

 

Bidueiros: Betula celtiberica”. Abundantes no nacemento.Víctimas das queimas.

           

            Pradairos: “Acer pseudoplatanus”. Abundante na fervenza de Celanova.

 

            Avelairas:” Corylus avellana”. Onda o muiño do convento.

 

            Salgueiros: Salix sp.” Por todo o cauce.

 

Olmos: “Ulmus minor”. Exemplares pequenos onda o lavadeiro de Sampil e tras pasar Mourillós.

 

Cerdeiras:”Prunus avium” Onda o lavadeiro de Sampil e onda o muiño do convento.

 

Freixo: Fraxinus angustifolia”. Exemplar moi pequeño onda a Depuradora.

 

Faia:”Fagus sylvatica”. Exemplar grande onda a fervenza de Celanova.

 

 

 

-ARBUSTOS

 

Loureiro: “Laurus nobilis”. Onda as fervenzas de Celanova e Mourillós.

 

 Acacias: Acacia dealbata”. Marxe esquerda da fervenza de Mourillós.No vertedeiro incontrolado.

 

Sabugueiro:”Sambucus nigra”. Fervenza de Celanova.

 

Escalambrón: “Crataegus monogyna”. Baixo a faia.

 

Toxo:Ulex europeaeus”.Curso alto.

 

Xesta branca:”Cytisus multiflorus”.Monte da Neve

 

Hedre: “Hedera helix”. Invadindo o interesante grupo de carballos de Celanova.

 

            -HERBACEAS

 

 

            Ranúnculo: “Ranunculus ficaria”. Moi común.

           

            Herba de ouro:”Ranunculus repens”. Común.

 

            Xaro. “Arum italicum”. Moi frecuente.

 

            Chuchamel.”Lamium maculatum”. Común.

 

            Xilbarbeira.Picaburros.” Ruscus aculeatus”Rara,

 

            Buglosa:”Pentaglottis sempervirens”. Frecuente.

 

            Muruxas:”Stellaria media”.Frecuente

 

            Stellaria holostea”

 

            Xuncos. Juncus effusus”. Mourillós.

 

            Primavera.”Primula vulgaris”. Rara.

 

            Ceruda:”Chelidonium majus”. Frecuente.

 

            Estralotes. Toupos. Digitalis purpurea”.

 

            Xeranios: “ Geranium robertianum”. Moi frecuente.

                       

                             “Geranium molle”

 

                             “Geranium lucidum”

 

Herba dos carpinteiros:”Achillea millefolium”. Variedade rosa en Mourillós onda o lavadeiro.

 

Ortiga: “ Urtica dioica”. Moi frecuente.

 

Mentrastos:Mentha suaveolens”. Frecuente.

 

Narciso:”Narcissus triandrus”. Ladeira fervenza de Mourillós.  

 

Herba das doas: “Lithospermum postratum”.Monte da Neve.  

 

Ranunculus repens 

 Primula vulgaris

Achillea   millefolium      

 

 Chelidonium majus

Stellaria media       

Polypodium  vulgare

 

Voltar o menú

 

  

 


5.- Aproveitamentos

 

            Dentro do aproveitamento feito polo home deste curso de auga, convén diferenciar entre o antiguo e o que se fai actualmente. No pasado o regato era utilizado para regar, para mover os muiños, como aporte de auga para os lavadeiros e como colector de augas residuais, mentres que na actualidade so lle queda o uso de regadío, moito menor que antiguamente e principalmente coma desaugue das augas residuais “non depuradas” da depuradora municipal.

 

            O método que imos a empregar para abordar este apartado, consistirá en seguir o curso do rio dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, describindo a utilidade, as construccións asociadas e o seu estado actual.

 

            -LEVADAS

 

            Pouco despois do seu nacemento, xa comenzan as levadas que conducen a auga os lameiros próximos, situación que se mantén ata a desembocadura.

 

            -LAVADEIROS

 

            Atopamos cinco lavadeiros ó longo do curso do regato. Ainda que na actualidade ningún mantén a súa función, atopándose abandonados, mantéñense nun bo estado de conservación o de Sampil, Celanova, O Val e Campo, mentres o de Mourillós resulta inaccesible.

 

            -MUIÑOS

 

            Na actualidade quedan en pé dous muiños e doutros dous só se conservan as ruinas, ainda que temos constancia de que existiron dous máis na fervenza de Mourillós.

           

            A construcción máis importante é o muiño de Celanova, preto da fervenza, tanto pola calidade da pedra empregada coma polo seu tamaño. Resulta especialmente chamativo o receptáculo de recollida da auga da levada de forma circular. Este muiño pertenceu ó Convento e data de 1.796,según figura na súa porta.

 

            A continuación atópase o muiño do Val do que somente quedan as catro paredes sen teito.

 

            Na fervenza de Mourillós atopábase a maior concentración de muiños, catro en total, quedando na actualidade un en perfecto uso na marxe esquerda, ainda que fai un par de anos que non moe “ O muiño do Elías”. Quedan tamén restos doutro na marxe dereita ó pe da fervenza. Dos outros dous non queda ren.

 

-        PONTILLÓNS

 

            Ainda que supoñemos que este tipo de construccións sería abundante ó longo do regato, na actualidade mantéñense en pé so catro ( que nos sepamos ):dúas en O Val, unha no Campo, por onde pasa actualmente a carretera asfaltada a Mourillós, e outra  cerca da desembocadura.

 

-        FONTES

 

            Atopamos catro fontes: na Ermida, O Val, Carballeira e Mourillós.

 

            -CANASTROS

 

            Resultan de especial interés os conxuntos de canastros do lugar de O Val, preto do rio e o de Mourillós.

Levada en Celanova                      Muiño do Elías en Mourillós

Pontillón  de pedra preto da desembocadura.    Fonte en A Carballeira

 

 

Muiño do Convento de Celanova. Ano de 1.796

Conxunto de canastros en Mourillós

 
MAPA DE CONSTRUCCIÓNS

 

 

 
 

 

 

1.- LAVADEIRO EN SAMPIL. 2.- LAVADEIRO DE CELANOVA. 3.- FONTE NA ERMIDA.
4.- MUIÑO DO CONVENTO. 5.- O VAL: MUIÑO ( só paredes); DOUS PONTILLÓNS; LAVADEIRO CON FONTE;CONXUNTO DE CANASTROS

6.- PONTILLÓN NA CARRETERA A MOURILLÓS

7.- LAVADEIRO NO LUGAR DE O CAMPO. 8.- LAVADEIRO CON FONTE EN MOURILLÓS 9.- FERVENZA DE MOURILLÓS: MUIÑO DO ELIAS. MUIÑO EN RUINAS.
10.- PONTILLÓN DE PEDRA    

Voltar o menú

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


6.-Impactos negativos.

 

            Dende o primeiro momento en que se iniciou o estudio da corga por parte deste Grupo de Traballo, comprobouse que o regato atópase nun estado lamentable de abandono e deixadez, sendo moi abundante a vexetación, de tal xeito que resulta ás veces imposible acceder ó cauce.

 

            Os principais impactos negativos que encontramos son os seguintes:

 

            -AUGAS RESIDUAIS

 

             Ata fai uns anos o Sampil foi o colector de augas residuais do pobo sen nengún tipo de depuración. Fai poucos anos  construiuse unha depuradora en Mourillós que recolle as augas da Vila de Celanova e arredores;nas nosas visitas comprobamos que non cumple coa súa función. A primeira vez que acudimos á zona descubrimos o regato cheo de basura, pero na última visita realizada, con motivo da limpieza da fervenza de Mourillós, o estado das augas: color, suspensións,depósitos orgánicos, xunto cun nauseabundo olor, fíxonos sospeitar que o colector vertía directamente á corga sen pasar pola depuradora. Como consecuencia, pódese dicir que o regueiro está morto para a fauna.

 

            Ademáis da Depuradora municipal como principal foco de contaminación, existen outros puntos de verquidos directos: ó seu paso pola vila de Celanova o regato recolle as augas sucias procedentes da Piscina Municipal, así coma un verquido directo de augas residuais.

 

            -LIXO

 

            As beiras do regato foron empregadas durante anos, ata a posta en marcha do sistema de recollida de lixo municipal, coma vertediros de lixo incontrolados, sobre todo preto das poboacións.A pesar de que na actualidade atópanse contenedores de lixo en todas as zonas habitadas,segue a presencia de abundante lixo en  case todo o cauce, xa que os antiguos vertedeiros nunca se limparon, e séguese botando basura ainda.

 

              Atópanse vertedeiros nos seguintes lugares: Sampil, Celanova (na fervenza), O Val e Mourillós ( marxe esquerda de fervenza.Segue en activo)

 

             Outros lugares con especial abundancia de lixo son: o seu paso por Celanova, no entorno da Depuradora, na fervenza de Mourillós.

 

 

            -INCENDIOS

 

            Afectan principalmente ó nacemento da corga, no Monte da Neve, arrasado periódicamente polas queimas. O último incendio acontecera días antes dunha das saidas de campo do Grupo, na primeira quincena de marzo, perxudicando gravemente ó bosque de bidos.

 

            -OBRAS

 

            Debido á deixadez da Confederación Hidrográfica, a proliferación de obras ilegais no cauce resulta preocupante. Pudemos comprobar estas actuacións nos seguintes lugares: En Sampil,

entubamento subterráneo do cauce durante vinte metros; Aparición de enormes pedras no cauce na zona da fervenza de Celanova; No lugar de Mourillós sustitucións dunha ponte por dous tubos de aceiro.

 

 

            -TALAS

 

            En distintos puntos pudemos observar tala de árbores, grandes amieiros, que formaban parte do bosque galería que percorre todo o cauce.

Verquido directo en Celanova.        Lixo no cauce  e canalización en Celanova

 

Incendio no Monte da Neve (nacemento) ala de amieiros no pontillón en O Campo

 


 
MAPA DE IMPACTOS NEGATIVOS

 

1.- QUEIMA DE BOSQUE E MONTE BAIXO NO NACEMENTO.

 

 

 

 

2.-SAMPIL:                      VERTEDEIRO;                       OBRA DE ENTUBAMENTO SUBTERRÁNEO.

 

 

 

3.- PODA DE ÁRBORES DE RIBEIRA.

 

 

 

 

4.- CELANOVA:

ACUMULACIÓN DE AUGA SUCIA

PROCEDENTE DAS PISCINAS .

BASURA NO CAUCE.

CLOACA

 

5.- FERVENZA DE CELANOVA:                        VERTEDEIRO                        LIXO NO CAUCE.

                       ACUMULACIÓN DE GRANDES PEDRAS INTERRUMPINDO  CAUCE.

 

 

 

 

6.- O VAL: VERTEDEIRO.

 

 

 

 

 

 

 

 

7.- DEPURADORA EN MOURILLÓS.

 

 

 

 

 

 

8.-  FERVENZA DE MOURILLÓS:

SUSTITUCIÓN DA PONTE

 POR DOUS GRANDES

TUBOS DE ACEIRO

VERTEDEIRO           

LIXO NO CAUCE.

 

Voltar o menú

 

 

 

 

 

 

 

 

7.-Limpeza da Corga

 

 

            Unha vez feita a primeira observación do regato, e dado o seu lamentable estado, pareceunos prioritario que a comunidade escolar participara na súa limpieza tomando conciencia da necesidade do coidado dos cauces fluviais; así que centramos a actuación do Grupo de Traballo na organización e desenvolvemento desta tarefa.

 

            -PLANIFICACIÓN

 

            Fíxose do seguinte xeito:

 

            . Designación do lugar: corga de Sampil.

 

            . Cálculo de necesidades: guantes ( prestados por I.R.I.S. “Amigos da Terra”); sacos de plástico (cedidos polo Concello de Celanova);compromiso de retirada do lixo recollido por parte do Concello de Celanova;peticións de permisos:Confederación Hidrográfica, Delegación de Medioambiente e Concello de Celanova.

 

            . Patrocinadores: I.E.S. de Celanova, Grupo I.R.I.S. “ Amigos da Terra” e Concello de Celanova.

 

            . Temporalización :Luns 10 de abril de 15h. a 18 h.; Venres 14 de abril de 10h. a 14h. ( suspendido pola chuvia); Luns 22 de maio de 15 h. a 18 h. e  luns 5 de xuño “Día Mundial do medioambiente” de 10 h. a 14 h.

                                         

 

            . Niveis e cursos participantes: 1º,2º ,3º e 4º da E.S.O.

 

            . Lugares de actuación:

                                               1º día: Celanova: piscinas e fervenza

                                               2º día: O Val e O Campo

                                               3º día: Fervenza de Mourillós

 

            . Contactos coa prensa: comunicado escrito  a “ La Región”, “ El Faro de Vigo” e  “La voz de Galicia”.

 

            .Organización: Recorrido da corga para localizar as zonas con máis lixo.

                                    Formación de equipos de cinco alumnas e alumnos por cada profesor ou profesora.

                                    Distribución dos grupos polos puntos de actuación previstos.

                                    Recollida de lixo e información ó Concello para proceder á súa retirada.

Recoñecendo e filmando a corga.               Primeiro grupo de limpieza. 1º e 2º da E.S.O.

Lixo recollido na fervenza de Celanova.1ª saida   Vertedeiro en O Val. Lixo recollido na 2ª saida

Vertedeiro en O Val.                                  Lixo recollido na fervenza de Mourillós. 3ª saída. 4º ESO.

Lixo recollido na 2ª saida. 1º e 2º de ESO.

Voltar o menú

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

8.- Propostas correctoras

 

            Cando o Grupo de Traballo se puxo en marcha, tódolos membros do mesmo tiñamos a ilusión de que seriamos capaces de facer unha gran laboura na recuperación da corga de Sampil, dado o seu curto recorrido e escaso caudal. Na primeira saida de campo realizada, xa nos fomos decatando que a tarefa non sería fácil, e a estas alturas sabemos que a recuperación non é posible sen a implicación do Concello de Celanova e outros organismos coma a Confederación Hidrográfica e a Consellería de Medioambiente. Nos somentes puxemos de manifesto o pouco que se valora a inmensa riqueza que temos o noso arredor.

 

            Baixo o noso punto de vista as medidas máis inmediatas que deberían tomar os organismos anteriormente mencionados serían:

 

-AUGAS RESIDUAIS:

 

Control sobre o funcionamento da Depuradora Municipal, principal contaminante do regato.

 

Canalización ó colector de saneamento de tódolos vertidos de augas residuais que na actualidade verten directamente á corga.

 

-LIXO

 

Rematar a tarefa iniciada polo Grupo de Traballo da limpeza de tódolos  antiguos vertedeiros incontrolados.

 

Paralización e control dos vertedeiros actuais (especialmente Mourillós na fervenza) e dos que podan  aparecer nun futuro.

 

Colocación de máis contenedores para facilitar a súa utilización.

 

-OBRAS

 

Control de tódalas obras que se realicen no cauce ou que afecten a este.

 

-TALAS

 

Maior vixilancia sobre as talas do bosque de ribeira.

 

Tras estes meses de achegamento ó regato, decatámonos que o Sampil presenta unhas condicións idóneas para ser utilizado tanto coma lugar de esparcemento pola poboación de Celanova, coma  de estudio para os escolares da zona.

 

Sería interesante que o Concello promovese a creación dunha ESCOLA TALLER MEDIOAMBIENTAL para a recuperación integral da corga: limpeza, accesos, sendeiros, acondicionamento dos lugares de maior interés, recuperación das construcción con valor etnolóxico, recuperación  de exemplares botánicos interesantes e repoboación con especies vexetais autóctonas.

 

Voltar o menú

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

9.- Propostas didácticas

 

 

            A proximidade do curso do regato ós Centros de Ensino de Celanova, a pouca perigosidade do seu cauce, a posibilidade de acceder a pé, a variedade botánica e a potencial riqueza zoolóxica, unha vez recuperada a calidade das augas, fan do Sampil o lugar ideal para ser utilizado como aula o aire libre dentro da asignatura de Medioambiente,así coma percorrido didáctico para calquera outra materia que teña coma obxectivo o estudio do medio natural.

 

               9.1. Itinerario didáctico

 

            Propoñemos catro itinerarios interesantes:

            -1. NACEMENTO

            -2.FERVENZA DE CELANOVA

            -3.FERVENZA DE MOURILLÓS

            -4. DESEMBOCADURA.

 

            Como exemplo propomos pola proximidade ó Centro de ensino a visita á fervenza de Celanova.

 

FERVENZA DE CELANOVA

 

-Acceso:A pé. Partindo da N-540, cóllese o camiño que vai ó lugar da Ermida.

-Distancia: Apróximadamente  200 m.

-Puntos de interés: Fervenza. Muiño do convento. Fonte.

-Especies botánicas:

                                   - Interesantes exemplares de carballo, amieiros, pradairos, avelairas, loureiros, cerdeira, sabugueiros, figueira, nogueira e destaca a presencia dunha faia. Resaltar a abundancia e variedade de pteridofitas e herbaceas.

  

Exemplares interesantes de “Quercus robur”

Voltar o menú

 

 

 

 

 

10.- Bibliografía

 

 

-        GUIA DAS ÁRBORES DE GALICIA. Marisa Castro. Luis Freire. Ed. Xerais.

 

-        GUIA DAS PLANTAS CON FLORES DE GALICIA. Xosé Ramón García.   Tomos I e II.Ed. Xerais

 

 

-        ATLAS CLASIFICATORIO DE LA FLORA DE  ESPAÑA PENINSULAR E BALEAR.Volumen I e II. Mariano García Rollán. Ed. Mundi-prensa.

 

 

-    ARBUSTOS.Guia de Naturaleza Blume. Ed. Blume

Voltar o menú