TEXTOS   PARA   REFLEXIONAR

(Reflexiona e saca consecuencias dos pensamentos  seguintes)


   

 

 

 

O home non é un ovni que veu dunha afastada galaxia; o home é un poema tecido coa néboa do amencer, coa cor das flores, co canto dos paxaros, co ouveo do lobo ou o ruxido do león. O home acabarase cando se acabe o equilibrio vital do planeta que o soporta. O home debe amar e respectar a terra como ama e respecta á súa propia nai.

(Félix Rodríguez de la Fuente)

 

 

 

 

 

 

 

 

Nena saltando de alegría polos pasais dun río en calquera lugar da terra. Algo que hoxe inda podemos facer...

Video sensacional e cunha música que pon a pel de galiña para decir que estamos a rematar con este sensacional planeta e podemos chegar de seguir así a ter que ver en película ou en video o que hoxe podemos ver directamente na nosa natureza.

Na nosa man está en poñer os medios para que esto non pase...  Ver este sensacional video.

(Música de Michey ·D. Respire)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Jane Goodal, autora do libro Gracias a la vida. Unha gran muller.

Os recursos do planeta esgótanse. Si realmente nos importa o futuro do noso planeta, deixemos de confiar en que os demais resolvan tódolos problemas, correspóndenos a nos salvar o mundo para o mañá: depende de ti e de min.

( Jane Goodall: libro "Gracias a la vida")

   

 

 

 

 

 

 

 

Caudal ecolóxico (a morte).Minicentral San Miguel. Ourense. Os cartos non se comen...

Soio despois de que o derradeiro árbore sexa cortada

soio despois de que o derradeiro río sexa envelenado

soio despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado

Soio entón sabrás que os cartos non se poden comer.

( Profecía india).

 

 

 

 

Libro sobre o desastre da desaparición da Lagoa de Antela. Ourense.

Descoñece-la natureza é a causa da desgracia humán.

(Epicuro)

 

 

 

 

 

Así quedan os ríos de Ourense coas minicentrais. Esquilmados e mortos. Río Navea.

Non herdamos a terra dos nosos antepasados, tomámola  prestada dos nosos fillos.

(Profecía india.)

 

 

 

 

 

Xefe indio Seattle.

Para que respecten a Terra, contádelles que a Terra contén as almas dos nosos antepasados.

Ensinade ós vosos fillos o que nós ensinamos ós nosos:

que a Terra é nosa nai. O que acaece á Terra, acaécelles tamén ós fillos da Terra.

Cando os homes cuspen á Terra, estanse cuspindo a si mesmos.

Pois nós sabemos que a Terra non pertence ós homes,

que os homes pertencen á Terra..."

(Mensaxe do Gran Xefe  Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)

Ver  o texto completo.

 

 

 

 

 

 

Xefe indio Seattle.

Os ríos son irmáns nosos, xa que nos libran da sede. Os ríos arrastran as nosas canoas e nos dan os seus peixes. Si vendemos a nosas terras, teríades que lembrar e aprender os vosos fillos que os ríos son irmáns nosos e tamén vosos. Teríades que trata-los co voso corazón.

(Mensaxe do Gran Xefe Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)

Ver  o texto completo.

 

 

 

 

 

 

Os galegos acabaremos tendo o que merecemos por non cuidar o noso medio ambiente.

Porque non acertamos a valorar, nin apreciar, os dons da natureza.

Como se unha vez deteriorada pola contaminación, o home poidese comprar outra nova,  !NON! a natureza non ten recambio. I en Galicia será o que nosoutros, os galegos, queiramos que sexa.

Emporiso os camiños andados en algúns puntos, siñificativos, non parecen ser halagüeños, afagadores, senon todo o contrario (  refírese os nosos desmáns có río Miño ) . E se non se corrixe, os galegos acabaremos tendo o que nos merecemos por non cuidar o noso medio ambiente.

Ernesto Vieitez Cortizo. Presidente de la Academia Gallega de Ciencias.

 

 

 

 

Río Barbaña ( Ourense) un exemplo do que non se debe facer coa auga.

Decidir qué parte dos ingresos do Estado se teñen que utilizar para manter certa  calidade de vida é tamén un problema político.  E cando se trata da calidade de vida, a auga é, sin dúbida algunha,  unha das partes máis importantes.

A auga, e polo tanto, os ríos, son o noso patrimonio de calidade máis importante.

Manteñamos limpos os nosos ríos, son a nosa vida.

(Dtor. Helmounth.)

 

 

 

 

 

"Un plan hidrolóxico que non sexa capaz de garantiza-la presencia de londras non debera ser nin discutido"

Miguel Delibes.

 

 

 

Arde Ourense e arde Galicia. 1998. A este paso adeus montes e bosques.

Tal como van as cousas, pronto teremos que cambiar o himno galego:

"Que din os rumorosos nas costas verdescentes..."

Por que xa non quedarán pinos (rumorosos) nin as costas serán tan verdes...

Juan A. Iglesias ( Caracas 27-10-89)

 

 

 

 

 

 

 

Enchenta do río Miño en Ourense.

Dos gregos aprendín que ríos e regatos

son deuses que abandonan por veces os seus pazos

E gozan con vagar camiños e meandros,

Regueiros e fervenzas, torrenteiras e saltos.

Así que non me enganas, oh Miño derrubado

No límite do inverno, alá no fin de marzo,

Que sei que te apresuras, que sei que vas de paso,

A ollar polar ribeiras, nas árbores dos campos.

Manuel Fernández Alvarez.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Coidemos as nosas árbores, son os nosos fillos. Bidueiro no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense.

Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,

ti que me plantaste coa túa man

e podes chamarme fillo,

ou que me contemplaches tantas veces,

mírame ben, pero...

non me fagas dano.

 

 

(Rabindranath Tagore  (India 1861-1941). Poesía adicada as árbores.)

Ver a poesía completa. Merece a pena.

 

 

 

 

 

 

 

Rematemos estas reflexións en tono optimista:

La naturaleza en peligro. Autor Miguel Delibes de Castro.

Reiteremos que o futuro será o que nós, todos nós, queramos que sexa. Está nas nosas mans. Ademáis, contra o pesimismo da intelixencia, sempre podremos invocar o optimismo da voluntade. Queremos salvar a natureza e, ademáis necesitamos facelo.

( Miguel Delibes, libro "La naturaleza en peligro").

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.