COTO DO FRADE : O ANGUIEIRO EN FRIEIRA.

Dende 1995 esta Asociación Ecoloxista do Ribeiro, Coto do Frade,  ven tratando de resolver o que as anguías do río Miño, retidas no pe da presa de Frieira no río Miño,  cumplan de algún xeito o seu ciclo biolóxico. Moitos atrancos e moitas zancadillas a unha labor imprescindible...

Anguía recollida morta. Si non se acude a tempo pasan estas cousas. Penoso o que ocurre no encoro de Frieira, as anguías QUEREN VIVIR E NON PODEN.

Nota: Coto do Frade xa non existe actualmente, ano 2021, pero quero que quede esta historia en agradecemento a esta Asociación Ecoloxista que traballou a favor dos ríos galegos, e moi ben.

Coto do Frade : grazas.

O anguieiro: historia.

Fenosa e a Xunta: moi mal.

Convocatoria: anguieiro-2000.

Moitas trabas o día 29-08-2000 .

Fotografías: anguieiro-2000.

Comunicado final (24/08/2000).

Petición de demolición da presa. 04/01/2013

        Saír  a "Vida nos ríos galegos"                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COTO DO FRADE : GRACIAS.

   

Unha asociación con sede en Ribadavia (Ourense), de caracter medioambiental.

Visita  a súa páxina e verás a qué se dedica.

Dende esta páxina quero darlles as gracias, non soio pola súa labor salvando anguias no encoro de Frieira no río Miño, sinon pola súa loita para que os ríos galegos teñan vida, a súa loita por unha natureza galega como debe ser.

¡¡¡ Moitas  gracias !!!

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FENOSA  E  A  XUNTA  DE  GALICIA 

 MOI  MAL.

UN ENGAÑO E MOITA PRENSA:

Ó FINAL EN SETEMBRE DO ANO 2000 NON FIXERON NADA E O  QUE É PEOR RÍENSE DE TÓDOLOS QUE AMAMOS A NATUREZA. NONOS FAN CASO, SALVO QUE ESTÉ A PRENSA POLO MEDIO OU COIDEN QUE PODE TER REPRECUSIÓN ELECTORAL.

O día 15 de agosto de 1998 abríuse para as anguías e os salmóns do río Miño unha pequena luz. LOGO DEMOSTROUSE QUE TODO FOI PARA A GALERÍA.

El salmón podrá remontar el embalse de Frieira. Seamos por una vez optimistas.  Según palabras do Conselleiro de Medio Ambiente de Galicia, o Sr. Del Álamo,  "la Xunta junto con Fenosa intentarán construir un instrumento que permitiría tanto a los salmones del  Miño como a las anguilas remontar el embalse de Frieira."

El Conselleiro de Medio Ambiente con una cría de anguila en sus manos. Una imagen para soñar.  

Unha luz para estas especies migratorias, que fai tempo non podían remontar o río Miño, concretamente no encoro de Frieira,   límite da Provincia de Ourense.

Embalse de Frieira en el río Miño. Propiedad de Fenosa.

 

ascensor.jpg (23834 bytes)

Pero si que algo se faría, ben un ascensor como o da  fotografía  ( hai varios en ríos franceses) ou algo similar.

Era una gran  noticia para tódolos que amamos a natureza.

Unha gran ledicia.

Por certo o ascensor de Lindoso no río Limia é un auténtico desastre. Non sirve para nada.

Efectivamente, en xunio de 1999, confírmase que Fenosa, A Xunta de Galicia e os Concellos do  Ribeiro invertirán 180 millóns neste plan ( 50 millóns ponos a  U.E.). O programa ten un nombre LIFE e o parecer levarase a cabo ( eu teño as miñas dúbidas en agosto do 2000).

  Río Miño en Arbo.  ¿ Volverá a tener salmones ?.

Dende estas liñas  mostraba a miña admiración e agradecemento ó grupo ecoloxista de Ribadavia COTO DO FRADE auténticos artífices desta toma de decisión por parte de Fenosa e Medio Ambiente.  

Pero de momento en setembro do 2.000 todo foi un engaño lamentable. Non se fixo nada de nada.

Ratifico o anterior en xaneiro do 2004.

No 2008 que reviso esto,  soio me queda decir:

¡Todo mentira!.

O ascensor no subiu nin a primeira anguía ou salmón,  todo se volve dicir: facemos e non facemos nada e pasa o tempo...

 

 

 

Resumindo:

1.- Fenosa non fixo nada, realmente que se pode esperar desta empresa en canto ó Medio Ambiente, por moitas cousas que diga, de momento, nada de nada.

A , os galegos seguramente lle teñamos que estar moi agradecidos, pero non polo seu respeto ó medio ambiente.

  Pero o que é peor a Consellería de Medio Ambiente galego non presiona, nin a Fenosa, nin a Iberdrola nin a ningunha empresa, para que cumpla as leis de Medio Ambiente. E así nos vai.

Recentemente chegaron o acordo de invertir nos próximos tres anos 240 millóns para acondiciona-las presas de Fenosa e adaptarlas á nova lei de pesca fluvial ( nela, na lei de pesca, os encoros deben arbitrar sistemas para subir e baixar as especies migratorias).

Total son 17 encoros, tocan a 14 millóns por encoro. Nada, acabarán por poñer un sistema de VIDEO para que os visitantes vexan como eran os salmóns, os reos, os sábalos e sabogas, as anguias e un largo etc. fai 40 ou máis anos. O resto dos cartos, será para comidas e cenas para celebrar a inauguración do video. Seguramente esté algún Conselleiro ou Fraga no evento.

Lamentable.

Unha auténtica vergoña.

O seu compromiso co Medio ambiente remata onde lle toca o bolsillo. Esta empresa o único que inverte en medio Ambiente é para publicidade, revistas, periódicos, folletos sensacionais, con moitas, moitas flores...moi ecolóxicas...o resto...nada.

 

2.- En canto a Medio Ambiente e ó Sr. del Álamo, cada día peor, cada día fai menos polos ríos. Non fai absolutamente nada polos ríos galegos e si algún día fai algo é salir na foto e boas palabras, dende logo fala moi ben das enerxías limpas, etc..

              El Conselleiro de Medio Ambiente con una cría de anguila en sus manos. Una imagen para soñar.  

Esta foto é unha boa mostra do que digo: salir na foto. A fotografía da dereita, ten dous anos ( ten unha anguía na man e o mono de faena posto, moi bonito) , mentras tanto ¿ que fixo polas anguias de Frieira? : Deixalas morrer a maioría...arbitrar unhos medios pachangueros e impropios dunha Galicia que debera mirar máis pola súa natureza.

As solucións que adoptaron son impropias  dunha consellería de Medio Ambiente: a grua e a red  son de paises bananeros; trátase dunha caixiña prolongado cara arriba na montaña para que soban as anguias, é un xoguete que soio funciona nas películas de ciencia-ficción americanas. 

A verdade : é dificil facelo peor neste tema. De auténtico Xuzgado de garda.

O Conselleiro actual, o Sr. Barreiro, máis do mesmo. Os ríos non interesan, de momento, en Galicia.

A anguía, a angula ou meixón a morrer...

Posteriormente vexo que non se fixo nada en absoluto.

En Galicia os Conselleiros de Medio Ambiente están para saír nas fotografías.

Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONVOCATORIA DUNHA REUNIÓN EN FRIEIRA.

Encoro de Frieira. Río Miño. Agosto 2000.

i i i 25 anos de traballo esforzo en defensa do meio ambiente i i i 

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA

Rua do Touro, 21-2º

15704 Santiago de Compostela

Tfno/fax: 981-570099 Correo Electrónico: adega@ctv.es

http://www.ctv.es/USERS/adega



Á Coordinadora pola Defensa dos nosos Rios
De todos son coñecidos os graves impactos ambientais e de todo tipo que provocan os aproveitamentos hidroeéctricos cando, cos seus encoros, -grandes e pequenos-, veñen a interrumpir o discurrir natural dos rios camiño do mar. De todos é coñecido tamén o absoluto desprecio que empresas eléctricas e administración demostran por estes impactos, e non xa só pola proliferación de presas grandes e pequenas que amenazan a todos os nosos rios, senón polo incumplimento manifesto e reiterado da lexislación vixente: nin siquera algo tan mínimo como as obrigadas escadas de peixes. 

Para visualizar os graves impactos destas presas sobre a perda de biodiversidade dos nosos rios nada millor que ver o enorme (e inútil) esforzo de anguias (e reos) por superar estas barreiras de formigón que dividen por completo todo o ecosistema fluvial. A tal fin, contando coa Asociación COTO DO FRADE de Ribadavia, convocamos a todos os interesados -a presenciar ese enorme esforzo das anguias por superar a barreira da presa da Frieira (a última presa do rio Miño apilándose unhas encima de outras ante as suas comportas da presa) -e a colaborar no seu trasvase rio arriba.

DIA: MARTES, 29 DE AGOSTO,

ÁS 12 DA MAÑÁN NO ENCORO DA FRIEIRA

Confirmar asistencia chamando ao 639-600138 (Vispo)

Os que queiran quedarse todo o dia poden traer comida



Saúdos ecoloxistas

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

e Asociación Coto do Frade

Saír.