OS RÍOS SON POESÍA

Río Homen. Os ríos sempre foron fonte de inspiración...

Os ríos sempre foron fonte de inspiración para moitos poetas .Esta é unha pequena mostra marabillosa:

Manuel María: regato de Cepelo.

Rosalía: poemiña.

Xosé Mª Díaz: poemiña

Curros Enriquez: poemiña

Darío Xoan Cabana: poemiña

Albino Núñez: mainiños

Eduardo Moreiras: río Soldón

Victor Campio: ribeirana

Edelmiro Vázquez: río de Outeiro

Cesar A. Molina: río Eume.

Francisco X. Fdez Naval: baño

Uxío Novoneyra: os eidos

Avelino Cachafeiro: canto

Manuel María: malditos...

            salir.jpg (922 bytes) Saír                                                salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O regato non é o de Cepelo de Manuel María, pero no seu nacemento podía selo. Río Mao en Ourense, preto da desembocadura no río Sil. Fotografía do libro Ourense Natural.

 

O poemiña é de Manuel María, un poeta galego cunha poesía exquisita.

Moitas gracias polo poemiña que para mín soa efectivamente a " canción misteriosa dunha asombrosa beleza".

...

 

POEMIÑA DO SEÑOR REGATO DO CEPELO

Nunca tiveche unha arela

de tan humilde e sinxelo:

¡Meu regato do Cepelo,

das Regas uo da  Barciela!.

 

Maila ó teu nome sonoro,

eres regato e non río:

¡ o teu caudal tan esguío

nunca encherá un encoro!

 

Mais dices con xentileza,

leve vea rumorosa,

unha canción misteriosa

dunha asombrosa beleza.

 

Se eu te chamo : ¡ señoría!,

Breve cantor xogoral:

¡ ti non mo tomes a mal

que é proba de cortesía!

...

 

.

.

.

.

Volver

.

.

.

.

.

Ponte no río Pedro. Fotografía do autor da web.

Poemiña de Rosalía de castro.

...

 

Pasa río, pasa, río

co teu maino rebulir

pasa, pasa ante as froliñas

color de ouro marfil,

a quen cos teus doces labios

tan doces cousas lle dis.

 

...

 

 

.

.

.

.

Volver

.

.

.

.

.

Escaramuxo o pé do río Pedro. Fotografía do autor da web.

Poemiña de Xosé María Díaz Castro.

...

Coma un río quixera eu ser: cantar

con estrelas no lombo cara ó mar,

deixando unha chorima en cada pedra

¡ Unha bágoa de Deus en cada ierba!.

...

 

.

.

.

 

.

Volver

.

.

 

 

 

 

.

.

.

O río Navea preto de Taboazas. Chandrexa de Queixa. Fotografía do autor da web.

Manuel Curros Enriquez.

...

O río ten un leito mulidiño,

 

perfumado de rosas e cravés.

 

Tamén tiña outro o pobo; maís..vendérollo

 

¡ agora non o ten !

 

...

 

.

..

Volver

.

.

 

 

.

.

.

Flores no río Navea. Fotografía do autor da web.

Darío Xohán Cabana

...

Desde o meu río da alegría

 

contemplo o decorrer de cada hora

 

e a sucesión da noite e máis da aurora,

 

da tarde, da maña, da meridía.

 

...

 

.

..

Volver

.

.

.

.

 

 

 

.

   

Regueiriño en Baños de Molgas. Ourense. Fotografía do autor da web.

Albino Nuñez.

Libro Romances da Terra Maina (2007)

...

Mainos son os regueiriños

que, mainiños antre as herbas

decorren tan mainamente

pol-as mainiñas ribeiras.

 

...

 

.

.

.

.

Volver

.

.

.

.

.

Parecido o río Soldón. Río Cerves en Melón Ourense. Fotografía do autor da web.

Eduardo Moreiras.

Libro Os nobres carreiros (1970)

...

Río Soldón, de escumas puras

na cascada, entre rochas bermellas

fita azul

ao pé da Serra Rocaboa!

Deus, un día

Abriu gorxas de luz

nesta montaña galega

e ficou saudoso

a soñar.

...

 

Fotografía do autor da web. Río Cerves.

Eduardo Moreiras.

Libro Os nobres carreiros (1970)

...

Fotografía do autor da web. Río Cerves.

Eduardo Moreiras.

...

Brinca na rocha o regato

puro. Azas de cor viva

   salpican o ceo.

Suspiros do regato en flor,

  ¿de quen serán?

A auga lambe a carriza

coma bico na pel soñada

   ¿Qué amará?

...

 

Vieiros de tomelo o levan

lonxe, agachado nas xestas,

   coma un neno.

Regueiro de augas frías

entre penedos: no prado

    ¿que soñará?

Linguas de fogo alumean

o frescor da ponla delicada.

Cantiga do regato humilde

e solo, nas uces da montaña,

  ¿pra onde irá?

...

 

 

.

.

.

.

Volver

.

.

.

.

.

 

Río Miño por debaixo de Laias. Fotografía do autor da web.

 

 

Río Miño en Castrelo, antes de facer o encoro.  Fotografía de Xocas (Xoaquín Lorenzo Fernández).

 

 

Río Miño en Cortegada. Antes de facer o encoro de Frieira. Fotografía de autor descoñecido.

 

 

Río Miño por debaixo de Frieira. Fotografía do autor da web.

 

 

 

 

Desembocadura no mar do río Miño. Fotografía de autor descoñecido.

Romance titulado polo autor

"Ribeirana"

 

Víctor Campio

 

...

baixa o Miño entre viñedos

cantando unha ribeirana

con saibo de amor labrego.

 

(Baixa o meu río cantando

                          ailalelo).

 

Leva nas ondas un son

antigo de romanceiro

e cruza as terras do val

con camiñaar de romeiro.

 

No piñeiral ergue a voz

cantando a dúo co merlo

e máis abaixo remánsase

no corazón de Castrelo.

 

(Ribeirana do meu río

                      ailalelo).

 

Por Francelos e Filgueira

espállase en campo aberto,

as augas abrazan lirios

e bican a flor dos érbedos.

 

(Ribeirana de romaxe,

                     ailalelo).

 

O meu río cruza o val

coma quen navega un ceo,

buscando as terras guardesas

para morrer mar adentro.

 

            *  *  *

 

Eu tamén vou pola vida

coma o meu río romeiro,

navío de xunco e liño

sen timón, vela nin remo.

 

Eu tamén vou cara o mar

coma quen navega un ceo,

lixeiro de arboradura,

ceibe na rosa dos ventos.

                    

(Os dous baixamos cantando,

                              ailalelo).

 

...

 

 

 

 

 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

Río de Outeiro, espello cristalino...

 

...debruzado na Ponte do muiño, mirándonos pasar, Río de Outeiro...

Do libro "As luces de noutrora" de Edelmiro Vázquez Naval.  2010

...

 

 

Río da infancia, ausente melodía

no corazón dun canto matutino.

Rio de Outeiro, espello cristalino,

dos meus días, corrente fuxidía.

 

Río do tempo, o sol de mediodía

xa devala en poñente vespertino.

Río da vida, río de destino,

peregrino de ignota lonxanía.

 

Lonxe de min, atópome contigo

Vexo un neno que escoita, paseniño,

os murmurios do tempo pasaxeiro.

 

Lonxe de ti, encóntrome comigo,

debruzado na Ponte do Muíño,

mirándonos pasar, Río de Outeiro.

...

 

 

 

.

..

.

Volver

.

.

.

.

.

Do libro "Cen poemas do río Eume" de César Antonio Molina.

Fragas do río Eume. Fotografía do autor da web 2002.

...

Zunido húmido do vento

Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos

Murmurio dun regato

Arrolo dunha lontra en cío.

Berro dun lagarteiro

Mansedume dunha vaca marela pacendo.

Feixes de luz perforando a follaxe

Goteo do callo nos sacos de xute

Xabarís forzando tesouros.

Silencio nos calvarios.

A poesía faise nas fragas.

...

 

. Volver

 

 

.

 

 

 

.

.

 

 

 

.

.

.

Acea do cachón en Ourense. As pozas veñen despois do cachón. O baño do que fala  Francisco X. que me trae tantas lembranzas.

Do libro "Miño" de Francisco X. Fernández Naval.

Foto Pacheco. A fotografía lembra perfectamente o baño o que fai referencia o poeta.

 

Foto ??. Outra vista da zona de baños nos anos 50-60.

 

Foto ??. Outra vista.

Bañabámonos nel

pero sempre lle tivemos medo

que había limo no fondo

e os pés esvaraban en coios

e negrura,

e tíña pozas logo do cachón

e entre as pontes

remuíños nos que aniñaba un misterio.

 

Diciamos canción

pero era calafrío

e regresabamos, no carrito vermello,

cheirando a lama fresca, a carpaza e a sábrego.

 

Tiñamos medo

de mirármonos nenos

nos seus ollos de vello,

no silenciado sangue

das pucharcas,

evitábamos o seu abrazo de verán e de argazo,

de pozo

de remuíño escuro.

 

 

 

 

 

.

.

.

.

Volver

 

 

 

.

.

.

.

.

Devesa da Rogueira no Courel, unha fonte de inspiración do gran Uxio Novoneyra.

Do libro Eidos.Uxío Novoneyra o poeta do Courel.

 

 

 

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe. Eiquí síntese ben o pouco que é un home. (Na fotografía Paderne e o río Pequeno)

 

 

 

Tronou ventou e choveu

Bicouse a terra co ceo.

A noite que onte caíu

sólo foi pre quen´a oiu.

 

Ameteu o río. Ameteron as fontes

i os fontegallos dos montes.

Nazá auga a golforón.

Regan os prados a cachón.

 

----------------------------------------

 

 

 

 

Allea a soutos e chousas

i a canto de eilí se vía

allea a areas e lousas

a auga crara corría...

Namorado tiña cousas

cousas que a auga sabía.

 

------------------------------------------

 

Vendo i ouvindo o río

vaise o tempo sin sentilo.

 

......

Esta auga da presa

son eu ou é ela?

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Do libro "As pontes do Lérez" de A. Portela e A. Rodríguez Fraiz

Seica así cantou Avelino Cachafeiro.

Regatiños da doce Galicia,

gaitiñas levades pro mar

de pedra en pedra un gaiteiro

espallando o voso alborear

 

Os páxaros nos amieiros

rompen con vos a cantar,

as troitas pillan saltiños

e brincan pra namorar...

 

 

 

 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

Minicentral do río Barbantiño. Queimou o río que non volveu a ser río.

Río Barbantiño.

Minicentral.

...

Ante tanta beleza e tanta poesía para ensalzar esa beleza dos nosos ríos e regatos,  non está demais poñer unha poesía contra os que, legalmente ou non, están a desfacer os nosos ríos e os nosos regatos.

Para eles vai dedicada esta poesía.

 

Volver

salir.jpg (922 bytes) Saír