![]()
![]()
![]()
ESCARÑO CONTRA
OS DESTRAGADORES DO MUNDO.
Contaminadores do aire puro e da auga
humilde,
casta,
e cristalina.
Incendiarios da sagrada fraga
misteriosa, cantora e ancestral.
Asasinos de paxaros.
Verdugos
de todo canto ama, vive e canta.
Violadores e destructores
da máxica paisaxe rumorosa.
ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.
Consentidores de tanto xenocidio:
cando reventa o pus do voso odio
sementades de morte a creación.
Malditos para sempre endexamais
por tódalas xeracións que son
e serán:
¡vós sodes
a miseria e a vileza deste mundo!.
![]()
![]()
|
Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004. Para mín é un dos máis grandes poetas en lingua galega de tódolos tempos. Onde estés: ¡Moitas grazas!. |
|
Nesta páxina www hai outro poemiña deste gran poeta. Concretamente no apartado Os ríos son poesía. trátase do poemiña do Sr. Regato do Cepelo.
Tamén en setembro do 2006 incorporei como conto "A tribo ten catro ríos", concretamente "Como naceu o regato de Cepelo" tamén de Manuel María.
![]()