Olelas na lembranza. Alberto Pérez Adán

Olelas na lembranza é un sensacional libro de lembranzas sobre o pobo de Olelas situado na provincia de Ourense xusto na raia con Portugal. Un pobo que para o autor do libro, Alberto Pérez Adán,  é "un recuncho aínda case virxe, un lugar paradisíaco, un pequeno mundo aillado...un lugar encantador onde inda é posible  camiñar un pouco  entre as árbores, as rochas e os toxos  sen atopar tirada unha  botella de plástico, un pneumático vello ou todo un vertedoiro clandestino..."

Un libro que na miña opinión é unha xoia que dende estas liñas lle agradezo o autor; para mín foi unha ledicia e un placer  a súa lectura; moitos párrafos son insuperables e de feito puxen no apartado de prosas, desta páxina web, dous deles marabillosos .

O libro está escrito en galego, pero un galego especial na maioría das veces, o que se fala en Olelas, medio galego medio portugués. Está editado por Imgrafor S.A. no ano 2008,  gracias as axudas , entre outros, da Xunta de Galicia e do Concello de Entrimo.

A verdade que a única forma de conseguilo é desplazándose a Entrimo e solicitanto un exemplar no Concello e non coa seguridade de que vos fagades con el. Eu tuven sorte e conseguín un exemplar de mans do Alcalde, Ramón Alonso,  cousa que lle agradezo,  o día 14/01/2011.

salir.jpg (922 bytes) Saír.