Os
ríos deixan estas marabillas:
Mais cousas
dos ríos
galegos
:
|
W. cedida á
A.C. Exaprin.............Ir
a Calvos......................Hosting
web CESGA.
A RAZÓN DA PÁXINA WEB.
Esta páxina naceu o
05/06/2000 como unha colección de fichas e imaxes dos seres vivos, fauna e flora, que habitan nos ríos galegos.
Actualmente teño estas fichas:
523 fichas de
seres vivos galegos.
Peixes |
Mamíferos |
Aves |
29 |
36 |
63 |
Réptiles |
Anfibios |
Insectos |
13 |
15 |
107 |
Árbores |
Plantas |
Outros |
34 |
170 |
34 |
Brións |
Liques |
O autor da www |
11 |
10 |
1 |
A páxina tuvo, ata agora, máis de
482.000 entradas
en marzo de 2024. ¡Moitas gracias!
Tamén traballo nun
dicionario ilustrado de palabras relativas os ríos, no que xa levo recollidas
900 + 2 .
Por certo este dicionario aparece referenciado, en
abril de 2017, pola páxina
"Portal das palabras" da RAG. Todo un honor.
A pretensión deste traballo, que se irá completando pouco a pouco, é triple:
Primeiro:
mostra-la vida dos nosos ríos e polo tanto mostrar o gran dano que se fai cando se atenta contra esta vida.
Segundo:
pretender que o internauta descubra por qué razón algunhas persoas amamos con paixón os nosos ríos e defendémolos diante dun mal chamado progreso que non os respecta.
Terceiro :
Fomentar con este traballo a afección a estas visitas a natureza, para coñecer estes seres e outros moitos que habitan as nosas ribeiras, que sen dúbida é o mellor e máis natural que temos en Galicia.
" O descoñecemento é unha das causas graves da desgraza humana"
dicía Epicuro e é certo.
Dicir: que non son especialista no tema, son un simple afeccionado; iso sí, con miles de horas xunto aos ríos de Galicia, dos que estou namorado.
¡Pedindo
axuda!:
Este páxina quere ser :
"un canto de esperanza a tanta desfeita que se fixo cós ríos galegos nos últimos anos. Un berro contra a contaminación, os encoros e minicentrais que están a desfacer Galicia".
Neste traballo demóstrase que os ríos son algo máis cunhas correntes de auga... ¡Xa está ben de desfacer os nosos ríos, e roubarnos
ó mellor que temos!".
A política que se fixo cós ríos de Galicia dende 1990 foi unha auténtica desfeita que non vale para nós hoxe e por suposto moito menos para as xeracións futuras. Foi, polo tanto, un roubo que lle fixemos os nosos fillos e os nosos netos.
Espero que esta páxina axude a tomar conciencia de que a natureza galega é algo marabillosa
e que temos que conservarla coste ó que coste.
Espero que, un ano destos, cambie a nosa sorte, Galicia e os galegos merecemos outra cousa.
Por certo menudo pau que lle están a pegar
ao noso idioma, estamos en outubro de 2023, a nosa identidade; o mellor que temos ademais da
nosa terra.
Pero de verdade e con feitos...
Volver.
Bibliografía comentada do traballo.
Libros e revistas básicas para coñecer a natureza galega e que foron usados neste traballo; en todos os libros figura un comentario do autor da web:
"A natureza dos ríos e Ribeiras de Galicia"
un libro de Victor M. López Román e Miguel A. Fernández Martinez publicado recentemente pola editorial Ir Indo.
( Este libro foi a miña guía e penso que é a miña obriga decilo. Os autores foron os que me deron a idea. Moitas gracias...). Ano publicación 1999. Merece a pena. Sensacional.
Outros libros básicos usados neste traballo:
-
"Guía das árbores de Galicia"
de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar.1997
-
-
"Guía das árbores de Galicia".
Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell.1989
-
-
"Tódolos peixes de Galicia".
Estanislao F. de la Cigoña.1999.
-
-
"Peces de agua dulce de Europa".
Silvio Bruno y otro.
-
-
"Fauna e flora de Europa"
de Editorial Blume.1994.
-
-
"Guía das aves de Galicia"
de Xosé M. Penas Patiño , Carlos Pedreira López e Calros Silvar. 1991.
-
-
"Esos anfibios y reptiles gallegos"
de Jose Curt y Pedro Galán. 1982
-
-
"Guía das bolboretas de Galicia"
de Xosé Luís Iglesias e Xulio Astor Camino. 1992
-
-
"Guía de la naturaleza del Camino de Santiago en Galicia"
de Joaquín Gimenez, Ignacio Munilla y Rafael Romero.
-
-
"Anfibios e réptiles de Galicia
" de Pedro Galán Regalado y Gustavo Fernández Arias. 1993
-
-
"A natureza de Galicia", libro publicado en octubre de 1999 pola Xunta de Galicia e con fotografías de Xurxo Lobato. 1999
-
-
"Guía de Campo de los insectos de España y Europa"
de Michael Chinery. 1997
-
-
"Inventariación piscícola de los ríos Gallegos"
de F. Hervella y P. Caballero. 1999.
-
-
"Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos"
Sociedade Galega de Historia Natural . Consello da Cultura Galega.e F. Hervella y P. Caballero. 1995
-
-
"Eses nobres cazadores"
Xurxo de Vivero. Ediccións Serais. 1990
-
-
"As donas do vento"
Xurxo de Vivero. Ediccións Serais. 1989.
-
-
"Claves de la Flora de España"
Mariano Garcia Rollán. Dous tomos. 1981.
-
-
"Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y Balear"
Mariano Garcia Rollán. Dous tomos. 1996.
-
-
"Flora de Galicia"
Xosé Ramón Garcia. 1979.
-
-
"Cuadernos de Campo"
del Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. 1991.
-
-
"Guía das fervenzas da Coruña"
de Ramón Muñiz de las Cuevas. 2001.
-
-
"Anfibios españoles"
de Alfredo Salvador y Mario Garcia París.
-
-
"Guía de las serpientes de Europa"
de Silvio Bruno y Stefano Maugeri. Ediciones Omega. 1992.
-
-
"Cando os animais falaban"
de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais 2002.
-
-
"Enciclopedia Temática ilustrada: os ríos"
de Manuel Núñez Pérez. Nosa Terra Volumen 11. Año 2002.
-
-
"Guía de la flora del Parque Natural Baixa Limia Serra Xurés"
de Íñigo Pulgar Sañudo. 2003.
-
-
"Nomenclatura vernácula da flora vascular galega"
de E. Losada Cortiñas e varios. Xunta de Galicia 1992.
-
-
"Insectos"
de Gunter Steinbach. Editorial Blume 1984
-
-
"Fauna das augas galegas"
de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo. AGEC. 1999.
-
-
"Guía dos liques de Galicia"
de Carlos Pérez Valcarcel, Mª Carmen López Prado e Mª Eugenia López de Silanes Vázquez. Baia Edicións. 2003
-
-
"As bioinvasións na Galiza"
de Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández. Nós os galegos. Edicións A nosa Terra. 2004.
-
-
"Árbores de Galiza"
de Adela Leiro Lois, Mon Daporta Padín, Victor M. Caamaño Rivas, Manuel Núñez Pérez, Isaac Pontanilla Pérez e Xoán Colazo Pazó. Editorial A nosa terra. 2006.
-
-
"Guía dos anfibios e réptiles de Galicia"
de Moisés Asensi Cabirta. Baía Edicións. 2006
-
-
"Ríos de Galiza"
de Manuel Núñez Pérez, Adela Leiro Lois y Mon Daporta Padín. Editorial A nosa terra. 2007.
-
-
"Aves do río Gafos"
de Ramón Sineiro. Editorial Servicio Publicaciones Excma. Diputación de Pontevedra. 2005
-
-
"A voltas coa fauna galega",
(Traballos e novas sobre invertebrados, peixes, réptiles, aves e mamíferos da nosa terra) de Estanislao F. de la Cigoña. AGEC. 2004.
-
-
"Guía dos fentos de Galicia",
de Henrique Niño Ricoi. 2008. Baía Ediccións.
-
Outros libros fundamentais:
-
"Atlas y libro rojo de los peces continentales de España"
Ignacio Doadrio y avalado por el CSIC. 2001.
-
-
"Pescadores del río Miño".
de Eliseo Alonso. Escrito en 1989 y publicado por la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. El libro es una auténtica joya e imprescindible para entender lo que supuso el río Miño en su tramo gallego-portugués en cuanto a la pesca y a sus recursos. Un libro bien editado, excelentemente trabajado en cuanto a investigación con muchas fotografías y básico para entender como era el río no hace muchos años y lo que se está perdiendo actualmente.
-
-
"La vegetación de ribera de la mitad norte española" Francisco Lara, Ricardo Garilleti, Juan A. Calleja. 2004. Editado pola Consellería de Medio Ambiente estatal. 2004.
-
-
"O río animado".
Biodiversidade dos ecosistemas acuáticos continentais galegos. F. Cobo, M.A. González, R. Vieira-Lanero, M.J. SAervia. Editado por Fernando Cobo. Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". USC. 2006.
-
-
"Guía de los ríos de Lugo".
Descoñezo os autores do libro. Está publicado polo diario El Progreso de Lugo e coa colaboración da Xunta de Galicia. No final do libro figura Editado por El Progreso con la colaboración con Europa Press Ediciones. Desconozco el año de publicación. Sobre 2002.
-
-
"Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia".
de Marcos A. González González e Fernando Cobo Gradín. Edita Hercules de Ediciones. (Tfno 981220585. A Coruña). Novembro do 2006. O libro que estaban esperando os que amamos os ríos de Galicia para demostrar o que xa sabíamos dende fai tempo, que é a súa inmensa diversidade e a súa gran riqueza. O libro está escrito por dous especialistas da USC, son Profesores Titulares do Departamento de Bioloxía Animal da Universidade e son recoñecidos especialistas na Taxonomía e Ecoloxía de insectos Acuáticos, entre outras cousas.
-
-
"Guía dos mamíferos de Galicia".
de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy Cartelle. Edita Baía Edicións. Novembro do 2007. O libro que estaban esperando os que amamos a natureza galega. Nada menos que 98 especies de mamíferos terrestres e mariños que habitan a nosa Galicia. Un libro básico. Os datos deste libro ireinos aos poucos incorporando ás miñas fichas.
-
-
"A pesca tradicional nos ríos de Galiza".
de Lois Ladra. Edita Sotelo Blanco Marzo 2008. O libro pon en valor os caneiros, as pesqueiras e os pescos de ríos como o Ulla e o Miño. Este libro acadou o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.
-
-
"Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en materia de pesca fluvial".
Son coordinadores do libro Fernando Cobo e Rufino Vieira-Lanero.Edita AGAIA, Asociación galega de investigadores da auga, Estación hidrobioloxica "Encoro do Con". Castroagudín-Cea Vilagarcia de Arousa (pontevedra). O libro é para mín interesantísimo e sin dúbida moitos dos temas tratados enriquecerán a miña páxina web en gran maneira.
-
-
"Estado de conservación das poboacións de lamprea mariña en ríos de Galicia".
É coordinador do libro Fernando Cobo. Edita a Xunta de Galicia por medio da Consellería do medio Rural e a Direccín Xeral de Conservación da Natureza. no libro traballou todo o equipo da Estación de Hidrobiloxía "Encoro do Con". O libro está editado no ano 2010.
-
-
"O país dos mil ríos" Cultura fluvial de Galicia.
O autor é Xosé Lois Ripalda. Está publicado por Guias Galaxia e nel o autor fai un repaso das concas dos ríos galegos e da cultura asociada os mismas. Está publicado no ano 2009.
-
-
Ríos de letras. Antología de la imagen del agua y de los ríos en la literatura.
Os autores son Pedro Brufao Curiel e Manuel García Castellón-Benarroch. Está publicado por Clan no ano 2010. O libro fai unha escolma de textos literarios relacionados coa auga e os ríos dende a cultura oriental e clásicas ata hoxe.
-
-
Olelas na lembranza.
O autor é Alberto Pérez Adán, e está publicado por Imgrafor S.A. coa axuda entre outros da Xunta de Galicia e do Concello de Entrimo. O libro non está a venta, e con sorte pódese conseguir un exemplar no Concello de Entrimo o que pertence Olelas. Trátase para mín dunha xoia auténtica na que o autor lembra a vida do pobo que o viu nacer.
Como leer el agua.
O autor é Tristán
Gooley, e está publicado por Atico de los libros. O libro non
é unha xoia, concretamente o apartado da lectura da auga
nos ríos é impresionante. Podedes leelo no apartado de
prosas xa que o puxen completo e incluso con algunhas
aclaracións. Una pasada todo o libro. Esta publicado no
ano 2015.
Outros libros e fontes:
-
Fauna y flora de Europa.
Guía de campo básica. Editorial Blume.
-
-
Enciclopedia ilustrada del Reino Animal
de V.J.Stanek.
-
-
Los anfibios y los reptiles en su medio
de Bernard Le Garff.
-
-
Adela Leiro.
O traballo da súa vida. Moito que aproveitar sobre a natureza galega.
Outras fontes non bibliográficas:
-
As miñas camiñatas, tantos anos, a beira dos ríos galegos.
Unhas veces pescando e outra observando simplemente a natureza e tomando fotografías.
-
-
Internet :
moitas fotografías están sacadas deste medio.
Revistas básicas utilizadas: -
La tierra. Unha revista sobre temas de natureza. Sensacional.
-
-
Quercus. Unha revista sobre temas de natureza. Sensacional. A decana das revistas españolas.
-
-
Natura. Outra revista sobre temas da natureza. Sensacional. Fotos incribles.
-
-
Cerna : unha revista galega que debera publicarse tódolos meses. Sae de cando en vez.
Algunhas dás direccións www que recomendo para ampliar :
Sensacionais dibuxos de plantas. Otto Wilhelm. (Desapareceu)
Arkive. BBC. Sensacional. Videos fauna.
Internet IBC. Sensacional paxaros e aves. Videos.
Den virtuale flora ( sensacional)
Photo Gallery. Josef Hlasek.
As mellores fotografías.
Dragonfly. (Desapareceu)
Los árboles de España.(Desapareceu)
Sociedad albacetense de ornitología.
Fauna ibérica.
Fotográfica.
Kingsnake com.
Muzeum Przyrody: fotografías.(Desapareceu)
Hierbas y plantas.(Desapareceu)
Fauna. Nafoku Natur.Sabine Jelinek.
Páxina sobre gaiteiros ( libeliñas).
Animales picture archivo.(Desapareceu)
Bird telephotos.
Fotos paxaros.
Srameen.
Oiseaux net.
Zoología.(Desapareceu)
Sonidos dos paxaros. Sensacional.
Investigación sobre as tartarugas en Galicia. A. Cordero.(Desapareceu)
W.U.V. Ventas de imáxenes espectaculares.
Pájaros de nuestros campos.
Botánica en la web
Sobre coleopteros (sensacional)
Invertebrados. Galería.
Fauna e flora das zonas húmedas.
Fotografías de insectos.
Vacaloura net (moi interesante e con moitos enlaces)
Outras fontes non bibliográficas: As miñas camiñatas, tantos anos, a beira dos ríos galegos.
Unhas veces pescando e outra observando simplemente a natureza e tomando fotografías. Internet :
moitas fotografías están sacadas deste medio.
Outras webs básicas aparecidas últimamente: Unha web imprescindible cunha mensaxe clarísima: Mikey 3D aspire.
web de Interreg e Migra 2020.
Páxina web
sobre a flora e a fauna do río Miño ou Minho feito en
español e portugues. Unha páxina que ten moitas cousas
parecidas a esta miño pero gardando as distancias, os
tempos cambiaron moito, boa documentación e moi boas
fotografías. Xa era hora que o río Miño minho se puxera
en valor...
Entre outras... NOTA MOI IMPORTANTE:
Son consciente de que as imaxes teñen dono e por suposto unha propiedade intelectual. Neste traballo procurei que se vise o autor, algunhas foi imposible xa que non figuraba. De tódolos xeitos, suministro o meu email por si algún autor quere que retire algunha delas.
E-mail
Volver.
CRÉDITOS.
Documentación basada na información recollida nas fontes bibliográficas referenciadas, nas páxinas web citadas e no traballo personal.
Fotos propias, salvo indicación contraria na páxina web.
A idea básica da web, que logo fun ampliando, é de xustiza decir que, está sacada do libro "A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia" , 1999, de Víctor M. López Román e Miguel A. Fernández Martínez de Ir Indo Guías. En xeral a bibliografía usada é galega.
O traballo está referido a Galicia e os seus casi dez mil ríos. Galicia é unha auténtica marabilla, non hai dúbida, ademais é un mundo,
"tan grande como queiras", decía
Vicente Risco:
“Ti dis: Galicia é moi pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada terra é como se fose o mundo enteiro. Poderás percorrela en pouco tempo de norte a sur e de leste a oeste; poderás voltar a percorrela unha e outra vez; non conseguirás andala toda. E cada vez que a percorras, atoparás cousas novas. (...) Pode ser ela pequena en extensión; mais en fondura, en entidade, é tan grande como queiras”.
Fragmento de "Leria". 1961 Vicente Risco.
Non me
resito a poñer un video, dun discurso de Castelao dado en Arxentina, o 25 de
xullo de 1948, unha marabilla que demostra claramente o que é Galicia. Merece a
pena escoitalo,
quince minutos incribles.
Por favor, si atopas, nesta páxina, algunha imaxen, ilustración ou texto que estén legalmente rexistrados e non se permita o seu uso con fíns docentes, envía un
e-mail para retirala ou especificar a súa orixen. Moitas grazas. AGRADECEMENTOS: quero agradecer moi especialmente ós usuarios, actualmente son máis de
410.000
visitantes, as súas axudas, sobre todo erros que detectan. É unha das mellores formas de correxir e actualizar tódala información destas páxinas. Para facilitar esa tarefa só é necesario enviar un
e-mail coas suxestións. Quero tamén dalas gracias a moitos grupos escolares galegos, amigos e namorados da natureza, que me escriben e me animan no meu traballo, ver libro de visitas. Esos nenos, e esa xente, son, hoxe xa, a maior garantía que poden ter os ríos galegos na súa conservación.
Esta páxina e o seu traballo foi donado, polo autor, a Asociación Cultural
Exaprin Ribadavia según consta en acta o día 12 de marzo de 2013. Esta
Asociación da que son actualmente presidente, reune os meus alumnos e
compañeiros da miña etapa no I.T.E.M. de Ribadavia (Ourense) dende 1968-1977 (Ollo,
nove anos en Ribadavia como profesor de matemáticas; esta páxina ten a cerna no
meu amor a natureza de Galicia).
O
hosting da páxina é actualmente CESGA, o centro de supercomputación de Galicia o
cal lle estamos moi agradecidos como A.Cultural. A nivel individual non podía
acoller a miña páxina web, sí a nivel de Asociación. ¡Moitas grazas! Volver.
Xoias da Natureza de Galicia Volver.
Webstats Motigo, ata non fai moito, xullo de 2014,
levaba as estadísticas desta páxina web dunha forma
sobresainte. En xullo deixou de funcionar, seguramente
cuestións de cartos, nada vada ou casi nada vai sendo
gratis...
O autor da web, con fondo a Fervenza do río Barbantiño en Ourense.
Explicación sobre as estadísticas da web.
Esta web levaba en xullo de 2014:
257.957 entradas, cunha media anual de 24.000 entradas (2.000
ó mes).
Principalmente as entradas eran de centros de ensino, sobre
todo de primaria; consultas de nenos sobre todo.
Nese mes webstats Motigo, que era o contador "gratis" que
levaba a páxina, pechou, Xa era o segundo que puña na
páxina. Por todo elo decidín non volver a poñer un contador,
menos que figure propaganda na miña páxina...
Xa conozco os datos e estou moi ledo dos resultados. A
todos gracias por visitar o meu traballo.
Estes eran os datos que tiña
Seguindo a misma serie hoxe en
marzo de 2024 serían:
482.000
entradas Vai en aumento polo
dicionario e polo "os ríos son poesía", tamén as árbores.
Volver.
|