A VIDA NOS RÍOS GALEGOS.

Edita AGAIA (Asociación galega de investigadores da Auga). Estación de hidrobioloxía "Encoro Con". Castroagudín (Cea). Vilagarcia de Arosa. ISBN 978-84-692-9507-6

O libro "Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en materia de pesca fluvial" foi para mín todo un descubrimento interesantísimo. Teño que agradecer que mo fixera chegar Fernando Cobo un dos coordinadores do libro xunto con R. Vieira-Lanero.

O libro para mín e a miña web sobre A vida nos ríos galegos é fundamental xa que nos distintos bloques estudia  o medio físico ( as características fisioquímicas da auga e unhas nocións de hidroloxía); outro bloque para o Compoñente Biolóxico (con conceptos de especie, clasificación e nomenclaturas, productores primarios, macroinvertebrados, ictioloxía continental, vertebrados, ictiopatoloxía e os ecosistemas acuaticos. Finalmente nun bloque III os instrumentos ténicos (con temas interesantísimos como a conservación e control dos sistemas acuáticos, a restauración fluvial, as artes e materiais e modalidades de pesca deportiva, as bases para unha xestión da pesca deportiva,e un tema sobre psicoloxía aplicada as funcións de guardería, e a bibliografía).

Un libro moi recomendable na que escriben e traballan xente tan importante como os citados, e ademais  Juan Angel Díaz, Mª josé Servia, Dámaso Rodríguez, Beatriz Magariños, Sandra Barca, Javier Sánchez, Sheila Rivas, Mª Teresa Couto i Enrique Rego. Os dibuxos son de Rufino Vieira

salir.jpg (922 bytes) Saír.