EU TAMÉN LOITO.

Anxo Moure, ecoloxista galego.

 

Anxo Moure ecoloxista galego comprometido coa nosa natureza. ¡Moitas grazas Anxo!

 //

A fervenza do Barbantiño en Ourense...mancada a súa libertade cunha minicentral...

...Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.

...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.

...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.

...Mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.

 

-o-

O texto é de ANXO MOURE de Xevale Ecoloxía, e aparece no libro "Naturalmente Galicia" na páxina 52.

Na miña opinión, este texto, é pura prosa poética que comparto.

A música "Amanecer" é de Carlos Núñez, espero que che guste Anxo. 

Moitas gracias.

Coa miña admiración polo teu traballo de sempre. Unha aperta.

-o-

Nota: marabilloso o teu último traballo "A xacia Luviñas". Sotelo Blanco edicións S.L. 2013.

-o-

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.