Os ríos son vida e máis cousas

Os ríos son a nosa vida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As ás de Xenoveva

Os ríos son a nosa vida.

 

"...Pola mañanciña, á primeira luzada do sol, xa estaba en pé co espírito animado e con enormes desexos de facer novos descubrimentos. Viríalle moi ben un poco de auga e encamiñouse á beira do regato para beber e refrescarse. A vida bulía nel; mosquitos e moscas revoaban sobre a auga mentres os zapateiros se deixaban esvarar con preguiza pola superficie; ras grandes e pequenas estaban á espreita por se pillaban algún para almorzar e cobras de auga turbaban a tona do río cos seus movementos. 

Xenoveva observaba todo con sorpresa..."

 

...............

   "...Fidel interrompeuse e, tras un anaco en silencio, continuou falando con certa melancolía:

   -O certo é que quedamos moi poucas parellas de pitas montesas. Quizais por iso deixaron de cazarnos. ¡Non era sen tempo!

   -Comentáronme o mesmo dos cervos e dos xabarís -Xenoveva non era quen de comprendelo-. ¿Por que fixeron iso? ¡Que sentido ten?

  -¡Ai! -suspirou a pita montesa-.¿Que lle vas facer? Non ten moita explicación nin sentido ningún. ¡Os humanos son tan estúpidos...!Nin siquera se pode dicir que sexan malos, non; só estúpidos. Nunca ven máis aló do seu propio nariz. Aínda que parece que van aprendendo. O malo de todo é que para moitos xa é demasiado tarde..."

---0---

 

Libro editado por Galaxia no ano 1996.

 

As ás de Xenoveva

Narración protagonizada por unha galiña chamada Xenoveva.

O máis importante é que a galiña vai aprender a voar soa, a vivir en libertade e a desenvolverse por si mesma nun entorno que non sempre é amable.

 

Unha narración da escritora e compañeira UXÍA CASAL.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os ríos son vida

e máis cousas

 

Traballo feito polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente como concurso de presentación de traballos relativos os ríos, dentro do "Programa de  Voluntariado en Ríos"

En total este é o número de referencias publicadas, entendendo que leva o nome, o autor, unha breve descripción, o ano de publicación e unhas observacións.

Dín con este traballo de casualidade. O curioso é que me citan como bibliografía, dentro do apartado de libros;  realmente o meu traballo sobre o "Dicionario fluvial ilustrado dos ríos galegos", que xa leva 770+2 palabras,  é unha web. Dende aquí felicitalos polo traballo, orixinal e ben plantexado, e por suposto por citarme.

 

 

Volver