Río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense. Por riba das Taboazas. ¡Cantas troitiñas me deu!. Graciñas...

Río Navea, en Chandrexa de Queixa (Ourense). Marzo do ano 2006. As fotografías da www "A vida nos ríos galegos",   están sacadas, nunha gran maioría,  deste río que para autor da www é un dos máis bonitos ríos que pescou na súa vida. (Hoxe xa non é o río que era en 1972 cando eu o coñecín;  os galegos, en xeral, temos moito que aprender en cuidados da natureza. Pero no 2006 seguía a ser un bon río).

No ano 2012, nunha visita que fixen en setembro vín que este río está na UVI, cheo de cinza nas orelas e sin troitas, a maioría morreron cun incendio que debeu queimar todo o monte de Queixa, Maimón e algo do Monte do Invernadeiro.

Esta fotografía está sacada en setembro de 2012, o río está desfeito.

Decidín investigar un pouco e efectivamente arderon totalmente os montes de Chandrexa de Queixa, dende o outro lado do Invernadeiro ata Chandrexa: Serra de Queixa, Montes de Maimón, Montes da Edreira, etc.

Nunha das miñas visitas,  nesta caso a Edreira dende a Ferrería,  saquei esta fotografía que ó explica todo:

Observar todo o monte queimado e logo ao chover toda a cinza, toneladas, foron os regatiños que baixan ó río Queixa ou Navea, que está na zona de abaixo. Os regatiños que baixan dese alto (Montes Samión)   o río Casas, e nas outras os ríos Cabrós e Cabrociños que baixan o río da Edreira, que logo e o río Queixa e finalmente o río Navea.

Resultado: río Navea con toneladas de cinza e todo morto.

A cinza pode verse en todo o río, ver fotografías miñas mais abaixo, pero tamén se pode ver no acumulativo na cola do encoro de Chandrexa de Queixa, ver esta foto que é para chorar:

Na cabeceira do encoro de Chandrexa, a altura de Sta. Cruz hai unha acumulación de cinza de mais dun metro de altura e de centos de metros de lonxitude, repito toneladas de cinza...

Estas baixaron polo río Navea e arrasaron toda a vida do mismo...

Ata un metro e pico de acumulación de altura, toda esta cinza acumulada na cola do encoro,  que son toneladas, baixou polo río Navea e deixaronno rematado para moitos anos, si é que se recupera...

A fotografía está sacada de La Región. Ano 2012.

Ver estas fotografías, da miña visita o 07/09/2012,

 nesta misma páxina web.

 

Hai cousas que non entendo e unha delas é cómo un río de alta montaña, dos mellores de Galicia,  pode quedar totalmente morto e sin tratar de salvalo, sabendo perfectamente o que pasou. Eso si:  fano couto sen morte dende o Pozo Samión ata a cola do encoro, 7 km. de morte?...hai que ter cara, rostro e pouca vergoña para actuar desta forma. Pero eso é o que temos dende fai tempo en Galicia. Non se mira polos ríos e así nos vai hoxe e así nos irá no futuro.

Na zona non se fixo nada para atallar a chegada das cinzas ó río Navea, nada en absoluto. A zona, repito,  está totalmente abandonada pola Xunta de Galicia, ou sexa Medio Ambiente.  Unha mágoa auténtica...

 

Tanto disgusto levei que publiquei este video de despedida :

 

 

 

A música da gran Dulce Pontes está clara:

«Están as nubes chorando/por un amor que morreu/están as rúas molladas/de tanto como choveu./Lela, Lela,/Leliña por quen eu morro/quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./Sen ti non podo,/sen ti non podo vivir./Dáme alento cas túas palabras,/dáme celme do teu corazón,/dáme lume cas túas miradas,/dáme vida co teu doce amor./Lela, Lela,/Leliña por quen eu morro/quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./Sen ti non podo,/sen ti non podo vivir».

Por certo a letra é de Castelao e aparece na súa obra "Os vellos non deben enamorarse". Esta claro no meu caso quen é Lela...

Efectivamente o meu amor a este río morreu, pero non está ben dito, mellor "o meu amor a este río matárono"...

Quedan as millas lembranzas e unha páxina web con centos de fotografías deste río...eso é o único que queda...

A veces tamén se saca de internet videos que lembran as marabillas da Serra de Queixa e este río marabilloso, como por exemplo este de Andrés Glez. Castro, Castrodón, que me trai moitas lembranzas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.