OS  RÍOS  SON  POESÍA

Os ríos sempre foron fonte de inspiración para moitos poetas . Esta é unha mostra marabillosa de poesías que falan dos ríos galegos:

Manuel María: regato de Cepelo.

 

Manuel María: O Miño canle de luz e néboa.

 

Rosalía: pasa río, pasa río.

 

Xosé Mª Díaz: poemiña

 

Curros Enriquez: poemiña

 

Celso Emilio F.: loubanza do Pai Miño.

 

Darío Xoan Cabana: poemiña

 

Albino Núñez: mainiños

 

Eduardo Moreiras: río Soldón

 

Victor Campio: ribeirana

 

Edelmiro Vázquez: río de Outeiro

 

Cesar A. Molina: río Eume.

 

Xerardo Álvarez Limeses: O arco da vella.

 

Francisco X. Fdez. Naval: O baño

 

Uxío Novoneyra: os eidos

 

Avelino Cachafeiro: canto

 

X.M. Díaz Castro: coma un río quixera eu ser.

 

Fiz Vergara V. :  Varios sobre o río Louzara

 

Ernesto Guerra da Cal :  Varios sobre o río Sil e Lor

 

Xosé Lois García :  Do Faro ó Miño. Vendimias

 

Xosé Otero Canto :  Baixei axiña buscar ó río.

 

Xosé Conde Fdez. :  Río Miño.

 

Alba Cid. :  Instrucións para arroular o canon do Sil.

 

Juan Llauder. :  O pelouro.

 

Manuel María: malditos...

salir.jpg (922 bytes) Saír             salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O regato non é o de Cepelo de Manuel María, pero no seu nacemento podía selo. Río Mao en Ourense, preto da desembocadura no río Sil. Fotografía do libro Ourense Natural.

 

O poemiña é de Manuel María, un poeta galego cunha poesía exquisita.

Moitas gracias polo poemiña que para mín soa efectivamente a " canción misteriosa dunha asombrosa beleza".

...

 

POEMIÑA DO SEÑOR

REGATO DO CEPELO

 

Nunca tiveche unha arela

de tan humilde e sinxelo:

¡Meu regato do Cepelo,

das Regas uo da  Barciela!.

 

Maila ó teu nome sonoro,

eres regato e non río:

¡ o teu caudal tan esguío

nunca encherá un encoro!

 

Mais dices con xentileza,

leve vea rumorosa,

unha canción misteriosa

dunha asombrosa beleza.

 

Se eu te chamo : ¡ señoría!,

Breve cantor xogoral:

¡ ti non mo tomes a mal

que é proba de cortesía!

...

 

. Volver

.

.

.

.

.

Ponte no río Pedro. Fotografía do autor da web.

Poemiña de Rosalía de castro.

 

 

 

 

...

 

Pasa,  río, pasa, río

co teu maino rebulir;

pasa, pasa ante as froliñas

color de ouro e de  marfil,

a quen cos teus doces labios

tan doces cousas lle dis.

Pasa, pasa,  mais non vexan

que te vas ao mar sin fin,

porque estonces.¡ai, probiñas,

canto chorarán por ti!.

 

Pasa río, pasa río

Cantares Gallegos.

 

 

 

...

 

 

. Volver

.

.

.

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

.

.

Escaramuxo o pé do río Pedro. Fotografía do autor da web.

Poemiña de Xosé María Díaz Castro.

Foto Secundino Lorenzo.

...

Coma un río quixera eu ser: cantar

con estrelas no lombo cara ó mar,

deixando unha chorima en cada pedra

¡ Unha bágoa de Deus en cada ierba!.

...

 

. Volver

.

.

 

.

 

 

.

.

 

 

 

 

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

O río Navea preto de Taboazas. Chandrexa de Queixa. Fotografía do autor da web.

Manuel Curros Enriquez.

Foto Secundino Lorenzo. Río Navea en Chandrexa de Queixa

...

O río ten un leito mulidiño,

 

perfumado de rosas e cravés.

 

Tamén tiña outro o pobo; maís..vendérollo

 

¡ agora non o ten !

 

...

 

. Volver

..

 

 

.

.

 

 

.

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Flores no río Navea. Fotografía do autor da web.

Darío Xohán Cabana

Foto Secundino Lorenzo. Río Navea en Chandrexa de Queixa

...

Desde o meu río da alegría

 

contemplo o decorrer de cada hora

 

e a sucesión da noite e máis da aurora,

 

da tarde, da maña, da meridía.

 

...

 

. Volver

..

 

 

.

.

.

.

 

 

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 

   

Regueiriño en Baños de Molgas. Ourense. Fotografía do autor da web.

Foto Secundino Lorenzo. 

Río Arnoia en Baños de Molgas.

...

Mainos son os regueiriños

que, mainiños antre as herbas

decorren tan mainamente

pol-as mainiñas ribeiras.

 

 

Albino Nuñez.

Libro Romances da Terra Maina (2007)

 

 

 

 

...

 

. Volver

.

.

.

 

.

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

.

Parecido o río Soldón. Río Cerves en Melón Ourense. Fotografía do autor da web.

Eduardo Moreiras.

Libro Os nobres carreiros (1970)

Foto Secundino Lorenzo

...

Río Soldón, de escumas puras

na cascada, entre rochas bermellas

fita azul

ao pé da Serra Rocaboa!

Deus, un día

Abriu gorxas de luz

nesta montaña galega

e ficou saudoso

a soñar.

...

 

Fotografía do autor da web. Río Cerves.

Eduardo Moreiras.

Libro Os nobres carreiros (1970)

Foto Secundino Lorenzo

...

Fotografía do autor da web. Río Cerves.

Eduardo Moreiras.

Foto Secundino Lorenzo

...

Brinca na rocha o regato

puro. Azas de cor viva

   salpican o ceo.

Suspiros do regato en flor,

  ¿de quen serán?

A auga lambe a carriza

coma bico na pel soñada

   ¿Qué amará?

...

 

Vieiros de tomelo o levan

lonxe, agachado nas xestas,

   coma un neno.

Regueiro de augas frías

entre penedos: no prado

    ¿que soñará?

Linguas de fogo alumean

o frescor da ponla delicada.

Cantiga do regato humilde

e solo, nas uces da montaña,

  ¿pra onde irá?

...

 

 

. Volver

.

.

.

 

.

.

.

.

.

 

Río Miño por debaixo de Laias. Fotografía do autor da web.

Ribeiras de Laias...

 

Río Miño en Castrelo, antes de facer o encoro.  Fotografía de Xocas (Xoaquín Lorenzo Fernández).

No corazón de Castrelo...

 

 

Por Francelos espállase en campo aberto...

 

 

Río Miño en Cortegada. Antes de facer o encoro de Frieira. Fotografía de autor descoñecido.

Por Filgueira as augas abrazan lirios...

 

 

Río Miño por debaixo de Frieira. Fotografía do autor da web.

Buscando as terras guardesas...

 

 

Buscando as terras guardesas...

 

 

Desembocadura no mar do río Miño. Fotografía de autor descoñecido.

O río Miño chegando ó mar...

 

Romance titulado polo autor

"Ribeirana"

 

Autor:

Víctor Campio

 

 

 

...

baixa o Miño entre viñedos

cantando unha ribeirana

con saibo de amor labrego.

 

 

(Baixa o meu río cantando

                          ailalelo).

 

 

Leva nas ondas un son

antigo de romanceiro

e cruza as terras do val

con camiñaar de romeiro.

 

 

No piñeiral ergue a voz

cantando a dúo co merlo

e máis abaixo remánsase

no corazón de Castrelo.

 

 

(Ribeirana do meu río

                      ailalelo).

 

 

Por Francelos e Filgueira

espállase en campo aberto,

as augas abrazan lirios

e bican a flor dos érbedos.

 

(Ribeirana de romaxe,

                     ailalelo).

 

 

O meu río cruza o val

coma quen navega un ceo,

buscando as terras guardesas

para morrer mar adentro.

 

            *  *  *

 

Eu tamén vou pola vida

coma o meu río romeiro,

navío de xunco e liño

sen timón, vela nin remo.

 

Eu tamén vou cara o mar

coma quen navega un ceo,

lixeiro de arboradura,

ceibe na rosa dos ventos.

                    

(Os dous baixamos cantando,

                              ailalelo).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

...

 

 

Volver poesías

 

galicia.gif (2685 bytes)   Saír ó río Miño

   Salir al río Miño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

Ponte Gafín. Foto Raúl Río

 

Autor dos versos:

Xosé María Díaz Castro

Coma un río quixera eu ser: cantar

con estrelas no lombo cara ó mar,

deixando unha chorima en cada pedra,

e unha bágoa de Deus en cada herba.

 

Trociño da poesía chamada "Como un río" do libro "Nimbos" de Editorial Galaxia 2014.Autor X.M. Díaz Castro a quen se lle dedica o "Día das letras galegas" do ano 2014.

-

Sete muíños. Guitiriz. Lugo.Descoñezo autor fot.

Autor dos versos:

Xosé María Díaz Castro

 

 

 

 

Chora o ameneiro en soños(¡Que ben se oín os muíños!.)

e chora polo tempo perdido nos camiños.

 

...¡Ai como está  de bágoas de nenos feito o río!

Este é o Porto-Muiño , todo en sombras, o río

A Virxe pasa a mao polo  lombo do río...

Trociño da poesía chamada "Vísperas" do libro "Nimbos" de Editorial Galaxia 2014.Autor X.M. Díaz Castro.

-

 

Muíño de Batán. Os Vilares. Guitiriz. Lugo. Fot. Pepedocouto.

Autor dos versos:

Xosé María Díaz Castro

 

 

Tódolos ríos pasan pola miña

alma, cheos de Deus, música e lapas.

Tódalas pombas fan o meu amor.

A beleza feriume para sempre.

 

Ó traveso da escura teadaraña

deste mundo unha estrela cai no río

da miña vida e quédame chamando.

A beleza feriume para sempre.

 

Trociño da poesía chamada "Coma unha espada" do libro "Nimbos" de Editorial Galaxia 2014.Autor X.M. Díaz Castro.

-

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Río de Outeiro, espello cristalino...

...debruzado na Ponte do muiño,

 mirándonos pasar, Río de Outeiro...

O poema chámase "Río de Outeiro".

Do libro "As luces de noutrora"

de Edelmiro Vázquez Naval.  2010

Aparece no libro "Poesía Reunida (1988-2017)"

Publica Eurisaces Editora no 2017.

...

 

 

Río da infancia, ausente melodía

no corazón dun canto matutino.

Rio de Outeiro, espello cristalino,

dos meus días, corrente fuxidía.

 

Río do tempo, o sol de mediodía

xa devala en poñente vespertino.

Río da vida, río de destino,

peregrino de ignota lonxanía.

 

Lonxe de min, atópome contigo

Vexo un neno que escoita, paseniño,

os murmurios do tempo pasaxeiro.

 

Lonxe de ti, encóntrome comigo,

debruzado na Ponte do Muíño,

mirándonos pasar, Río de Outeiro.

...

 

 

 

. Volver

..

.

.

.

 

 

 

 

 

.

Do libro "Cen poemas do río Eume"

de César Antonio Molina.

Fragas do río Eume. Fotografía do autor da web 2002.

...

Zunido húmido do vento

Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos

Murmurio dun regato

Arrolo dunha lontra en cío.

Berro dun lagarteiro

Mansedume dunha vaca marela pacendo.

Feixes de luz perforando a follaxe

Goteo do callo nos sacos de xute

Xabarís forzando tesouros.

Silencio nos calvarios.

A poesía faise nas fragas.

...

 

Volver

 

 

.

 

 

 

.

.

 

 

 

 

 

 

 

.

.

.

Acea do cachón en Ourense. As pozas veñen despois do cachón. O baño do que fala  Francisco X. que me trae tantas lembranzas.

Do libro "Miño"

de Francisco X. Fernández Naval.

 

 

Foto Pacheco. A fotografía lembra perfectamente o baño o que fai referencia o poeta.

 

 

 

Foto ??. Outra vista da zona de baños nos anos 50-60.

 

 

 

Foto ??. Outra vista.

Poesía "O baño" do libro "MIÑO"

e poesía "Contra corrente" tamén do mismo libro.

Francisco X. Fdez. Naval.

XXIII premio de poesía  cidade de Ourense.

 

 

Fotografías en Ourense-Cidade. A maioría de Pacheco.

Río Miño.

 

 

 

 

 

Bañabámonos nel

pero sempre lle tivemos medo

que había limo no fondo

e os pés esvaraban en coios

e negrura,

e tíña pozas logo do cachón

e entre as pontes

remuíños nos que aniñaba un misterio.

 

Diciamos canción

pero era calafrío

e regresabamos, no carrito vermello,

cheirando a lama fresca, a carpaza e a sábrego.

 

Tiñamos medo

de mirármonos nenos

nos seus ollos de vello,

no silenciado sangue

das pucharcas,

evitábamos o seu abrazo de verán e de argazo,

de pozo

de remuíño escuro.

 

 

 

--------------------------------------------------

 

 

Remontar

río arriba sempre

coma salmón,

contra corrente, anguía ou troita

contra esperanza, coma verso

de pescador de sábalos.

 

Remontar

no devalar dos días

só, na mesma escuridade

das augas que se embeben e cantan,

corrente que nunca será fin

porque nunca se inicia.

 

Remontar

como aire,

esta tarde.

 

.

.

.

Volver

 

 

 

.

.

.

.

.

Devesa da Rogueira no Courel, unha fonte de inspiración do gran Uxio Novoneyra.

Do libro Eidos.

Uxío Novoneyra o poeta do Courel.

Foto Secundino Lorenzo.

Devesa da Rogueira.

 

 

 

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe. Eiquí síntese ben o pouco que é un home. (Na fotografía Paderne e o río Pequeno)

Foto Secundino Lorenzo.

O Courel. Meiraos dende Paderne.

 

 

 

Foto Secundino Lorenzo.

O Courel.

 

 

Foto Secundino Lorenzo.

Tronou ventou e choveu

Bicouse a terra co ceo.

A noite que onte caíu

sólo foi pre quen´a oiu.

 

Ameteu o río. Ameteron as fontes

i os fontegallos dos montes.

Nazá auga a golforón.

Regan os prados a cachón.

 

----------------------------------------

 

 

 

 

Allea a soutos e chousas

i a canto de eilí se vía

allea a areas e lousas

a auga crara corría...

Namorado tiña cousas

cousas que a auga sabía.

 

------------------------------------------

 

Vendo i ouvindo o río

vaise o tempo sin sentilo.

 

------------------------------------------

 

Esta auga da presa

son eu ou é ela?

 

------------------------------------------

 

Prados do río!

Pincheiras a cachón i a fío!

Niste pao sentado

cando viña de neno co gando

facía cintos de xunco

trenzado.

 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Do libro "As pontes do Lérez"

de A. Portela e A. Rodríguez Fraiz

Seica así cantou Avelino Cachafeiro.

Regatiños da doce Galicia,

gaitiñas levades pro mar

de pedra en pedra un gaiteiro

espallando o voso alborear

 

Os páxaros nos amieiros

rompen con vos a cantar,

as troitas pillan saltiños

e brincan pra namorar...

 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Poesía que aparece nunha tosta preto de Santalla de Abaixo no río Louzara, e que pertence ao Roteiro Literario dedicado ao poeta. A tosta ten un moneco que intenta atravesar o río a certa altura. Foto S. Lorenzo.

 

Este é o moneco que intenta pasar por riba da tosta...

A poesía é do poeta de Santalla.Foto S. Lorenzo.

Fiz Vergara Vilariño. (1953-1997)

"Romance íntimo ao Río Lóuzara"

Foto S. Lorenzo.

Romance íntimo o río Louzara.

 

Dezanove anos de vida

e índa zoa nos meus ouvídos

a túa cantiga soneira,

que arrolou de meniño,

aquil cantar doce, soave,

garimoso e solermiño;

aquil cantar infantil

inda hoxe sigue vivindo.

Pro a infancia... a miña infancia:

¿Onde ma levaches río?

Dezanove anos de vida

e inda vexo o meu sorriso

reflexando nos espellos

dos teus remansos de vidro;

nas túas ondas transparentes

coma luces do vacío.

¡Os espellos seguen aí,

perennes e cristaíños!

Pro a ledicia... a  ledicia:

¿Onde ma  levaches  río?

 

 

Nota: esta poesía forma parte dun itinerario sensacional, roteiro literario, que está feito en Santalla, sempre seguindo o río Louzara,  entre outras cousas como homenaxe ao seu gran poeta Fiz Vergara Vilariño. A poesía aparece no libro "Seis novas voces da poesía galega".

 

Está no punto 4  e pón "Muíño de Locai" e a xeito de monólito de ferro,  aparece firmado por Álvaro de la Vega (ver a cabeceira á esquerda)..

 

 

-------------------------------

 

 

Río Louzara. Fotografía Secundino L.

O poema está sacado do libro

"Nos eidos da bremanza". Galaxia  1990

Río

 

¡Río da miña infancia, cobra de auga

escoando lixeira vagoada

abaixo!

                 Moitas veces (de mociño)

puxen sobre as túas ondas correntías

o mesmo S.O.S. metido na botella.

Logo fiquei na orela

agardando en silencio,

ollándome no espello dos teus claros

relanzos.

                Todo foi en van, compañeiro:

¡ela inda non chegou a miña carón!

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

Minicentral do río Barbantiño. Queimou o río que non volveu a ser río.

Río Barbantiño.

Minicentral que desfixo a fervenza do Barbantiño e o bosque de ribeira que había na zona.

Foto Secundino Lorenzo.

...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ante tanta beleza e tanta poesía para ensalzar esa beleza dos nosos ríos e regatos,  non está demais poñer unha poesía contra os que, legalmente ou non, están a desfacer os nosos ríos e os nosos regatos.

Para eles vai dedicada esta poesía.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Río Lor na Labrada

Foto Secundino Lorenzo.

 

Río Lor camiño do Sil.

Foto Secundino Lorenzo.

 

 

 

Río Sil por debaixo de Quiroga.

Foto Secundino Lorenzo.

 

Río Sil dende o mirador de Pena Lodeiro

Foto Secundino Lorenzo.

                        Ao Novoneyra, cantor do Caurel


 

Do Lor ao Sil

que verdor 

de orvalho

no mês de abril!


 

Do Sil ao Lor

que

tremor febril

de cor

ouro, esmeralda e anil

no langor

já de flor primaveril

do 

sol-pôr!


 

Do Lor ao Sil

em

abril

que rumor

de um orvalhar

de águas

mil!


 

(de Rio de Sonho e Tempo)


 

 

 

 

MORRINHA DE RIO E LUA

 

Ai, meu Sil

meu meigo rio

que tinhas os olhos verdes

e donairoso o feitio


 

Lua do Sil

lúa loira

que doce e souril me olhavas

a segredar-me

entre a boira.


 

Pelos salgueirais do Sil

cantavam os melros mil

Quem podesse novamente

ouvir seu canto gentil!

[...]

(de Lua de Além-Mar)


 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

Arco da vella no piñeiredo,

 erguéndose a beber nun río da serra...

 

O Arco da Vella.

(Xerardo Álvarez Limeses. 1934)

 

Dende o piñeiredo de Vilanoviña

o arco da vella ergueuse a beber,

tanta sede tiña

que fixo surrindo un vó de anduriña

e foi dun esguello nun río a caer.

Ó sentir da auga a caricia leda

espallouse en néboa pola tarde mol

i enchéndose dela colgou na robleda

seu pano de cores tinguido de sol.

 

  O pasmo das xentes deulle preitesía:

xa o frescor da auga non lle apetecía

e como as gabanzas lle sentaban mal

voltou pouco a pouco, con gran señoría,

rubindo do río cara o piñeiral.

 

  Volver

 

 

 

 

 

 

 

Río Miño, polo Saviñao coas cepas a un e outro lado. Descoñezo ao autor da fotografía, sacada co encoro de Belesar baixo.

 

 

 

 

 

 

 

Río Miño pola misma zona.

Vendimias

(Xosé Lois Garcia. "Do Faro ó Miño)

 

O vello Pai Miño, agora está

encorado, mudo, apreixado.

Máis houbo un tempo

no que cantaba ledo e ceibe.

de mura en mura

de vide en vide

de lugar en lugar,

de souto en souto,

enchendo de música as terras ribeirás.

 

Era un tempo gozoso

de vendimias e aturuxos

que cruzaban o Miño

como paxaros namorados,

como nubes sutiles e lixeiras,

mentras o gando

agardaba, pacenciudo,

na cima da Grella,

entre piñeiros esguíos e orballados.

 

As vendimias remataban

con antergos berros rituás

Decían os de Lemos:

 "¡Hei papeiros!"

E respostaban con xenio

os de Chantada:

"! Hei rabudos!"

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Río Mino. Dibuxo

de Sabela Arias.

 

 

Poema sacado do

libro de Xosé Otero

Canto "Miño, río pai

e amigo"

 

 

 

 

Río Mino. Dibuxo

de Sabela Arias.

 

Baixei axiña buscar ó  río

os estertores do paxaro fuxidio,

e encontrei o distingo das engranaxes quedas

da súa silandeira cremalleira de auga.

e vin como baixaba dende a cabeza de Meira

amecendo dentes no raíl da canle,

nun xuntoiro de augas casadas

con vestidos de noivas,

percorrendo A Chaira.

 

Que calado vai este pai de todos!

 

Fixérono os bois marelos polo baixo veiguío

fendendo no tempo coas rellas do arado

un antergo rego no escorrentío.

 

 

Río amigo.

Que sono inmortal levas contigo!

Que silencio na ribeira eterno

se move nas túas augas procelosas!

 

 

Que verdade  abrangues nas augas claras

Río amigo.

Río manso.

Río infindo.

 

  Volver

A Barca de Barbantes-Estación

Ourense.

Onte ceibe...

 

 

 

 

 

Poema sacado do

libro de Xosé Conde "Ausencias, soños e rebeldias". Poesía en Galego (1952-1990)

 

 

 

 

Río Miño hoxe en

Barbantes-Estación.

Foto Secundino Lorenzo.

Hoxe prisioneiro.

 

 

 

 

 

 

 

A Barca de Barbantes en festa.

Onte ceibe...

 

 

 

"RIO  MIÑO"

 

Onte, ceibe,

hoxe, prisioneiro.

 

Enmudeceu o teu cantar de paxaro.

Río Miño en pochancas,

escravo es dos ratos

que amoedan os teus pulos.

 

En tempos de denantes

fuches merlo segrel,

poeta lírico.

 

Dende Fonmiñá ó Tegra

botaban por ti flores os eidos.

Bolboretas con bicos de amenceres

aprendían muiñeiras

nas túas olas.

 

Río Miño de onte,

mozo a aturuxar nos cómaros,

onde as anduriñas se detiñan

para ensaiar o  seu ballet

de lume e fonte.

 

Dá mágoa ver o río escravo

no seu  leito noxento de piratas.

 

Onde onte galopaba

con alas cristalinas

con  voces outas,

hoxe está a apodrecer en lamazais.

--o--

 

 

Nota: tendes neste link, nesta misma páxina, un traballo meu con outras poesías de Xosé Conde.

 

--0--

 

  Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ribeira Sacra no Canón do Sil.

Socalcos en Amandi.

Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Ribeira Sacra no Canón do Sil.

Cantroxiñas mirando ao río Sil...

Fotografía Secundino Lorenzo.

 

 

Trociño da poesía de Alba Cid, do seu libro "Atlas", e de título "Instrucións para arrolar o Canón do Sil"

 

a néboa dos vales fluviais é diferente, crin que o sabías.

a néboa, nos vales fluviais, suspende os outonos e a resposta das campás.

peta a feito á porta das casas,

e baixo o seu influxo, os homes-teixo descenden ás marxes do río

e construen escaleiras de Xacob para cultivar as vides.

 

se a flor da tarde cae aberta

as fillas dos homes entran no río. fan o morto nas beiras,

xogan a contar socalcos coa mirada ata que se trabucan; rin forte.

mira como brilla a lúa onda os pés delas,

tinguíndose mencía

mentres crecen.

 

Nota: A poesía ten catro partes e cada unha delas trae unhas instrucións para arrolar ao Canón do Sil. O trociño anterior é a poesía  que trae o punto 2.

Por certo Alba Cid e o seu libro "Atlas" levou no 2020 o Premio Nacional de Poesía Joven "Miguel Hernández"..

 

  Volver

 

 

 

 

 

 

Río Miño en Ourense.

 Fotografía Secundino Lorenzo.

Celso Emilio Ferreiro

Trociño da poesía "Loubanza do Pai Miño".

 

  Volver

 

 

 

Pelouros do Pai Miño

 

 

Río Miño

 

 

Colexio de "O Pelouro"

 

Pai Miño e O Pelouro

 

Río Miño

 

 

Pelouros do Pai Miño

 

Juan Llauder

Poesia do libro POEMARIO, que leva por título "O Pelouro". Está escrita en castelán e italiano. Tradución ao galego  de S. Lorenzo.

 

Pelouros

rodando, libres, ao correr do río

do río,

           da CIENCIA que nutriu toda UTOPÍA

           da UTOPÍA que animou a toda a CIENCIA

A CIENCIA DA INCERTA REALIDADE

      DO NENO
      DO HOME
      DA VIDA
DO CORRER DO RÏO...

             A UTOPÍA               

"O Pelouro"...

ESPACIO/TEMPO que permite

AFIAR, AMORNAR, AS ANTENAS

PERCEPTIVAS,

indagar, comprender a realidade

...o real da COUSA, as cousas, EN SÍ,

...a ensoñada IMAXEN DO REAL.

A realidade, estreada cada día,

          aprendida....

A realidade, petando

contra os BORDOS DE PROA

           inmerso e perceptivo,

fendendo o discurrir do río.

En vertical, rastrexando, abaixo, ao fondo,

do propio EU e dos devanceiros,

en vertical, movendo o vento o devir do tempo,

      arriba...

              ...E, no plano horizontal,

              alerta, sorprendido,

             receptivo,

            ...a todo ó real que está,

            nese trascurrir tan lento,

            no espacio/tempo do Presente amplo,

             do profundo correr do río.

 

Nota: Juan Llauder e Teresa Ubeira fundaron o centro singular neuropsicopedagógico de innovación e integración O Pelouro de Caldelas de TUI en Galicia. Utilizan, entre outras moitas cousas, o río Miño en moitos dos seus proxectos. Por eso e outras cousas figuran neste apartado e noutros que farei...

 

  Volver a poesía

  Volver O pelouro e o Pai Miño.