MALDITOS OS QUE DESTROZAN O MUNDO

 

Prestige, marea negra: Novembro do  2002. Malditos os responsables. Foto  Xurxo Lobato

Marea negra en Galicia. Costa deCorme. Malditos os contaminadores. Foto AGN.

Marea del Prestige en Galicia. Malditos. Foto Ana Garcia.

Galicia.Marea negra do Prestige. Malditos os responsables. Foto de Ramón Busto.

Malditos os que queiman os montes. Auténticos asasinos da nosa natureza. Malditos por sempre...

Malditos os que contaminan os ríos. Troita morta no río Arenteiro. Ourense.

Minicentral do río Deva. Quintela de Leirado. Ourense. Malditos os que rematan cós ríos con minicentrais, que non cumplen a lei, deixando prácticamente sin auga e sin caudal, en varios kms os ríos e matando todo. Tamén malditos os que consinten estas desfeitas.

Malditos os que fan vertidos os ríos. Río Avia. Ribadavia. Ourense. Augas fecais.

Malditos os que por obter cartos matan a natureza., botando materiais de todo tipo os ríos galegos.

Vacas tolas mortas e contaminación do regato de Outariz, afluente do Miño. Ourense. Malditos a xente que non pensa nas consecuencias dunha contaminación galopante.

Malditos os que podendo botar as augas fecais a traida, fanno o río. Río Barbaña. Ourense.

Malditos os que causan a morte dos seres vivos. Neste caso 50000 troitas no río Arenteiro en Ourense. Mortas con Sosa Caústica.

Malditos os que desfan a natureza. Neste caso unha canteira en Xubín. Ourense. Desfai a marxen esquerda do río Fareixa. En Ourense hai moitas empresas que desfan os ríos por cartos. Malditos.

Malditos os que fan estas falcatruadas nos ríos. Río Sil seco o 21 de agosto do 2009. Ourense. Iberdrola.

Malditos os que depositan lixo en calquera lugar non permitido. Son xente que soio pensan en si mesmos e desprecian os demais. Non se entende como poden estragar a nosa natureza. Malditos. Marea negra Prestige.13-11-2002. Malditos os responsables. Foto Paul Hanna. A morte no río Umia en setembro do 2006. Vertidos químicos. Pobre río. Malditos. Marea negra en Galicia. Novembro 2002. Malditos os responsables. Foto  Ana Garcia.

 

ESCARÑO CONTRA 

OS DESTRAGADORES DO MUNDO.

 

 

Contaminadores do aire puro e da auga

humilde,

                  casta,

                                     e cristalina.

Incendiarios da sagrada fraga

misteriosa, cantora e ancestral.

Asasinos de paxaros.

                                 Verdugos

de todo canto ama, vive e canta.

Violadores e destructores

da máxica paisaxe rumorosa.

ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.

Consentidores de tanto xenocidio:

cando reventa o pus do voso odio

sementades de morte a creación.

Malditos para sempre endexamais

por tódalas xeracións que son

e serán:

                                             ¡vós sodes

a miseria e a vileza deste mundo!.

MANUEL MARÍA.

Manuel María e o Río Miño por detrás. Un poeta e un río únicos.      

 

 

      Vovel a la página "O encoro do Umia" Volver a vida nos ríos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MANUEL MARÍA.

Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004.

Para mín é un dos máis grandes poetas en lingua galega de tódolos tempos.

Onde estés:

¡Moitas grazas!.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral.

Na súa vida activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección "Xistral" de poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos ós que apoiou xenerosamente, colaborou e colabora con artigos na prensa, organiza actividades e recita e dicta conferencias sen descanso en tódolos sitios onde é chamado, sexan en Galicia ou no exterior. Premiadísimo en certames poéticos, é tamén narrador, ensaísta e dramaturgo e gran conversador.

Foi o primeiro poeta mozo que editou un libro na postguerra, o Muiñeiro de brétemas, publicado no 1950.

Desde entón, trinta libros de versos compoñen a súa bibliografía poética, a máis extensa da literatura galega.

A inmensa obra de Manuel Maria resiste á súa definición sucinta pola concorde variedade da súa musa, desde o intimista ó rabiosamente político, desde a cantiga popular ó soneto. Algunha crítica estreita céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, pero quede ningún xeito poden facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas galegos de tódolos tempos.

Nesta páxina www hai outro poemiña deste gran poeta. Concretamente no apartado Os ríos son poesía. trátase do poemiña do Sr. Regato do Cepelo.

Tamén en setembro do 2006 incorporei como conto "A tribo ten catro ríos", concretamente "Como naceu o regato de Cepelo" tamén de Manuel María.

Subir.