O AUTOR DA PÁXINA:

O autor na Fervenza do río Barbantiño ( Ourense). Un río desfeito por mor dunha minicentral sin pés nin cabeza, xusto por riba da Fervenza.

Historia desta montaxe.

 //

Nome:

Secundino Lorenzo Fernández.

Títulos  :        punto.gif (1012 bytes) Namorado da Natureza de Galicia.
       punto.gif (1012 bytes) Pescador de troitas dende que tiña pantalón corto.  
       punto.gif (1012 bytes) Cofrade inoxidable da beleza dos ríos e as troitas. (Título USC 05/2005)
  punto.gif (1012 bytes) Xa co título gañado, 65 anos de mérito,  de: "Paseante das ribeiras".
  punto.gif (1012 bytes) Fillo adoptivo de Alberguería, pobo no fondo do encoro de Prada (A Veiga).

............................................................

Afeccións:   punto.gif (1012 bytes)Gústame a  informática dende os tempos do CPM.
         punto.gif (1012 bytes) Gústame a  astronomía dende a época de Aller.
         punto.gif (1012 bytes) Afeccionado á fotografía de toda a vida.
         punto.gif (1012 bytes) Afeccionado á micoloxía.

..........................................................

Alerxias:     punto.gif (1012 bytes)Sinto unha forte reacción cos concellos, empresas e persoas  que contaminan e degradan o Medio Ambiente.
         punto.gif (1012 bytes) Danme náuseas os que queiman os montes e os que desgracian a nosa natureza.
  punto.gif (1012 bytes) Sinto desprecio polos que podendo facer moitas cousas pola nosa terra, soio miran o seu bolsillo.
          punto.gif (1012 bytes) Teño alerxias as centrais e minicentrais hidroeléctricas, que non cumplen a lei, en Ourense todas; ó velas vexo a morte dos ríos. É inevitable.
 

(A música que pode soar é "Canto de Afiador", de Carlos Núñez, gústame moito. Son da terra da chispa, de Ourense, lévou no sangue).

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír.  

Actualizado a 19/04/2021

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Historia da fotografía

O autor na Fervenza do río Barbantiño ( Ourense). Un río desfeito por mor dunha minicentral sin pés nin cabeza, xusto por riba da Fervenza.

Está claro que a fotografía é unha montaxe de outras dúas, por un lado a Fervenza do río Barbantiño, por certo no ano 1998, a punto de quedar estragada pola Minicentral de Engasa,  e por outra banda o que escribe Secundino Lorenzo, autor deste páxina web.

Pero sería inxusto non decir que o meu carón, no río Barbantiño,  están dous grandes amigos de toda a vida entre eles Félix Valeiras e Alberto Prego.

Os tres fomos decirlle adeus a esa marabilla natural, e a verdade é que iba fora de serie, co río un pouco alto pola chuvias de aqueles días.

Primeiramente tuven que ir ata a mitade do río, había un pequeno penedo para apoiarse, si non é por Alberto e un pau longo que atopamos era imposible chegar ata alí. Pero conseguino.

Avanzando ao medio do río para sacar a fotografía de abaixo. Gracias Alberto. A foto é de Félix Valeiras que estaba vendo o posible chapuzón dende a parte seca...

Observar como iba o río. Unha auténtica temeridade. Pero tuven sorte.

Fervenza do Barbantiño. Xaneiro 1998. Foto Secundino Lorenzo

Esta foi a fotografía e o premio. Un pouco de mala sorte ao sacala cunha das primeiras cámaras dixitais que tuven, con pouquisimos pixeles e polo tanto moi mala resolución;  pero bueno... así quedou. A min gústame e sobre todo tráeme muitos recordos que me gusta volver a lembrar... Observar que estaba no medio do río e  diante formábase un pequeno remuiño. En fin...¡Tempos aqueles!.

  Volver