TEXTOS   PARA   REFLEXIONAR

(Reflexiona e saca consecuencias dos pensamentos  seguintes)

  

Félix Rguez. de la Fuente

O home non é un ovni que veu dunha afastada galaxia; o home é un poema tecido coa néboa do amencer, coa cor das flores, co canto dos paxaros, co ouveo do lobo ou o ruxido do león. O home acabarase cando se acabe o equilibrio vital do planeta que o soporta. O home debe amar e respectar a terra como ama e respecta á súa propia nai.

(Félix Rodríguez de la Fuente)

 

 

 

 

 

 

 

 

Nena saltando de alegría polos pasais dun río en calquera lugar da terra. Algo que hoxe inda podemos facer...

Respire

Video cun guión sensacional e cunha música que pon a pel de galiña para decir que estamos rematando este sensacional planeta e podemos chegar,  de seguir así,  a ter que ver en película ou en video o que hoxe podemos ver directamente na nosa natureza.

Na nosa man está  poñer os medios para que esto non pase...  Ver este sensacional video.

(Música de Michey  3D.  Respire)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Jane Goodal, autora do libro Gracias a la vida. Unha gran muller.

Jane Goodall

Os recursos do planeta esgótanse. Si realmente impórtanos o  futuro do noso planeta, deixemos de confiar en que os demais resolvan tódolos problemas, correspóndenos a nos salvar o mundo para o mañá: depende de ti e de min.

( Jane Goodall: libro "Gracias a la vida")

   

 

 

 

 

 

 

 

 

Kristine McDivitt

A Natureza é capaz de  crear obras mestras que deben ser tan respetadas, reverenciadas e  conservadas  como ó son  un Turner ou un Picasso.

( Kristine MCDivitt, conservacionista. Filántropa e activista atípica...)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Caudal ecolóxico (a morte).Minicentral San Miguel. Ourense. Os cartos non se comen...

Minicentral San Miguel. Caudal ecolóxico

 

Soio despois de que o derradeiro árbore sexa cortada

soio despois de que o derradeiro río sexa envelenado

soio despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado

Soio entón sabrás que os cartos non se poden comer.

( Profecía india).

 

 

 

 

 

 

Libro sobre o desastre da desaparición da Lagoa de Antela. Ourense.

Antela, a memoria asolagada.

Descoñece-la natureza é a causa da desgracia humán.

(Epicuro)

 

 

 

 

 

Así quedan os ríos de Ourense coas minicentrais. Esquilmados e mortos. Río Navea.

Caudal ecolóxico, encoro de Chandrexa de Queixa.

 

Non herdamos a terra dos nosos antepasados, tomámola  prestada dos nosos fillos.

(Profecía india.)

 

 

 

 

 

 

Xefe indio Seattle.

Seattle

 

Para que respecten a Terra, contádelles que a Terra contén as almas dos nosos antepasados.

Ensinade ós vosos fillos ó que nós ensinamos ós nosos:

que a Terra é nosa nai. Ó que acaece á Terra, acaécelles tamén ós fillos da Terra.

Cando os homes cuspen á Terra, estanse cuspindo a si mesmos.

Pois nós sabemos que a Terra non pertence ós homes,

que os homes pertencen á Terra..."

(Mensaxe do Gran Xefe  Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)

Ver  o texto completo.

 

 

 

 

 

 

Xefe indio Seattle.

Seattle

Os ríos son irmáns nosos, xa que nos libran da sede. Os ríos arrastran as nosas canoas e nos dan os seus peixes. Si vendemos a nosas terras, teríades que lembrar e aprender os vosos fillos que os ríos son irmáns nosos e tamén vosos. Teríades que trata-los co voso corazón.

(Mensaxe do Gran Xefe Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)

Ver  o texto completo.

 

 

 

 

 

 

 

Diane Fossey

...Cando te dás conta do valor da vida, un preocúpase menos por discutir sobre o pasado, e concéntrase máis na conservación para o futuro...

(Frase de Diane Fossey a amiga e estudiosa dos gorilas, brutalmente asesinada en 1985, seguramente por esa causa)

 

 

 

 

 

 

 

Atahualpa Yupanqui

 

...Tú que puedes, vuélvete, me dijo el río llorando...

(Frase de Atahualpa Yupanqui seudónimo de Héctor Roberto Chavero, 1908-1992, Atahualpa foi cantautor, por certo cunhas letras marabillosas.

Para Atahualpa Yupanqui un río é un ser vivo que non ten volta atrás. Idea collida do  "Libro  de horas" de Miguel Anxo Murado. Galaxia 2016, no artigo "Ladaíña dos ríos".)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os galegos acabaremos tendo o que merecemos por non cuidar o noso medio ambiente.

 

Porque non acertamos a valorar, nin apreciar, os dons da natureza.

Como se unha vez deteriorada pola contaminación, o home poidese comprar outra nova,  !NON! a natureza non ten recambio. I en Galicia será ó que nosoutros, os galegos, queiramos que sexa.

Emporiso os camiños andados en algúns puntos, siñificativos, non parecen ser halagüeños, afagadores, senon todo o contrario (  refírese os nosos desmáns có río Miño ) . E se non se corrixe, os galegos acabaremos tendo o que nos merecemos por non cuidar o noso medio ambiente.

Ernesto Vieitez Cortizo. Presidente de la Academia Gallega de Ciencias.

 

 

 

 

 

 

 

 

Río Barbaña ( Ourense) un exemplo do que non se debe facer coa auga.

Merda no río Barbaña. Ourense.

 

Decidir qué parte dos ingresos do Estado se teñen que utilizar para manter certa  calidade de vida é tamén un problema político.  E cando se trata da calidade de vida, a auga é, sin dúbida algunha,  unha das partes máis importantes.

A auga, e polo tanto os ríos, son o noso patrimonio de calidade máis importante.

Manteñamos limpos os nosos ríos, son a nosa vida.

(Dtor. Helmounth.)

 

 

 

 

 

 

 

 

Lontra

"Un plan hidrolóxico que non sexa capaz de garantiza-la presencia de londras non debera ser nin discutido"

Miguel Delibes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arde Ourense e arde Galicia. 1998. A este paso adeus montes e bosques.

Lume en Valoiro (Ourene)

Tal como van as cousas, pronto teremos que cambiar o himno galego:

"Que din os rumorosos nas costas verdescentes..."

Por que xa non quedarán pinos (rumorosos) nin as costas serán tan verdes...

Juan A. Iglesias ( Caracas 27-10-89)

 

 

 

 

 

 

 

Dedicado o meu amigo José Benito. Eu tamén lembro...

Río Limia en tempos. Hoxe baixo o encoro de Lindoso

 

Alguén dixo que o coñecemento é o recurso máis estratéxico, e a aprendizaxe o proceso máis importante. Sen dúbida, Galicia necesita urxentemente de ambos os dous instrumentos no eido do medio ambiente. Estamos a dilapidar o patrimonio natural con excusa do desenvolvemento e modernidade, da globalización e a mundialización, e, sen embargo, un gran ermo, vacuo e silencioso, un bafo estarrecente chegado das serras e do mundo rural galego, arrodea as grandes urbes da emigración interior.

 

  Galicia 2020. Algúns aspectos da política ambiental galega.

José Benito Reza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Amieiro en Chandrexa de Queixa

 

Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,

ti que me plantaste coa túa man

e podes chamarme fillo,

ou que me contemplaches tantas veces,

mírame ben, pero...

non me fagas dano.

 

 

(Rabindranath Tagore  (India 1861-1941). Poesía adicada as árbores.)

Ver a poesía completa. Merece a pena.

 

 

 

 

 

 

 

 

Félix Rguez. de la Fuente

A ciencia pódenos outorgar os elementos necesarios para salvar a humanidade, con todo as decisións finais non as toman os científicos, tómanas os políticos.

Oir o discurso completo, merece a pena.

(Félix Rodríguez de la Fuente)

 

 

 

 

 

Rematemos estas reflexións en tono optimista:

 

La naturaleza en peligro. Autor Miguel Delibes de Castro.

La naturaleza en peligro. M. Delibes

 

Reiteremos que o futuro será o que nós, todos nós, queramos que sexa. Está nas nosas mans. Ademáis, contra o pesimismo da intelixencia, sempre podremos invocar o optimismo da voluntade. Queremos salvar a natureza e, ademáis necesitamos facelo.

( Miguel Delibes, libro "La naturaleza en peligro").

 

 

 

 

 

Como podemos saír do desastre ecolóxico que temos hoxe?: fagamos como o colibrí; poñamos todos un pouco...

Colibrí

 

A historia do colibrí:

Un día desátase un incendio enorme no bosque e todos os animais foxen aterrorizados. Pero entre eles hai un pequeno paxaro, un colibrí, que leva no pico unha minúscula pinga de auga que a lanza unha e outra vez ás chamas. Outro dos animais pregúntalle que fai, non ves que así non vas apagar nunca o lume?. E o colibrí respóndelle: xa o sei, pero eu fago a miña parte.

( Pierre Rabhi:  figura actual da agricultura biolóxica.").

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.