Os ríos traen refráns.

 

 

Os refráns sempre mostran unha forma de sabiduría e normalmente son verdades evidentes por si mismas, o que se chama unha tautoloxía.

O importante do refrán e lelo con calma, entendelo e aplicar a súa sabiduría.

No que sigue hai algúns refráns relativos os ríos:

 

salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

  Cando o río soa auga leva.

 

  Neva no Miño, a auga ven de camiño.

 

Ao pé do río non merques caserío.

 

  Río que non fai ruído, ou ben secou ou encorou.

 

Auga corrente non mata a xente, auga encorada tena matada.

 

Si a auga non corre o río morre.

 

Cando chove arreo o río asulaga o terreo.

 

Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas.

 

A río revolto ganancia de pescadores.

 

Non se collen as troitas a bragas enxoitas.

 

No bo río péscase a troita.

 

Auga pasada non move muíño.

 

Auga  que  non vas beber, déixaa correr.

 

  Auga corrente non mata a xente, auga encorada tena matada.

 

Ao pasar o río ¡ai santiño mío!, pero xa pasado, santo olvidado.

 

A auga é a sangue da natureza.

 

Nunca digas desta auga non beberei.

 

Nunca escupas nin mexes no río, podes ter que beber a súa auga.

 

A auga desgasta a pedra.

 

Nalgún  río é un crimen sacar peixes, noutros un milagro. (Richardson).

 

Os pequenos regatos fan os grandes ríos.

 

Cando a neve chega o Miño, na montaña non se ve o camiño.

 

  Treboada no Miño, peixe, pan e viño.

 

  A anguía en empanada e a lamprea escabechada.

 

  Pescador de cana, perde máis que gana.

 

A barca pasa, pero o río queda. (P. Malayo)

 

  O día que envelenemos o último río, cortado  a última árbore e matado o último animal, darémonos conta de que o diñeiro non se come.

 

Únicamente os peixes mortos nadan coa corrente. (P. chino)

 

Dálle un peixe e ceará esta noite, ensínalle a pescar e ceará sempre. (P. chino).

 

Quen vai o río molla o cú. (Certifico que é totalmente certo. P. pescador)

 

Deixade os que saben nadar porque os que non saben xa son meus, dixo o río.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír