"Que os nosos ríos sigan vivos"

Os ríos son a nosa vida. A auga será, sin lugar a dúbidas, o ouro deste milenio.

Manifesto de intelectuais galegos

a favor dos ríos.

 

Río Navea un dos cen ríos....



"Cen ríos recolleron as bagullas sen sal que choran as nubes, convertéronas en risas e voces de agua.

Mapa dos ríos máis importantes de Galicia.



Cen ríos, cicatrices de agua sobre a vella pel de Galicia. Rede fluvial, arañeira viva que comunica do Eo ó Miño, do Tea ó Xallas, do Lor ó Arnoia. Que os ríos non son fronteiras senón camiños de agua.

 

A nosa troita en postura.

O espiñento, un peixe que se atopa nos ríos galegos.


Sen os pequenos ríos ¿onde irán nadar a troita e o espiñento?

 

O picapeixe ou Martiño peixeiro.

O picapeixe guindando a coitelada, todo un espectáculo único.

¿quen poderá ver o picapeixe guindado como unha coitelada sobre a agua?

A saramaganta galega é a nosa xoia natural.

 ¿onde se agochará a pequena saramaganta?

A garza. Actualmente hai moitas no Miño.

¿a quen interrogará a garza?

O noso sapoconcho. Cada día hai menos.

¿que será do lento sapoconcho?.

 

Minicentral do Limia, Unha aberración .

Caudal ecolóxico dunha minicentral no río Deva. A morte do río. Non viven nin as ras.


Se as centrais cortan o fluxo dos nosos pequenos ríos coas súas tesoiras de cemento cortarán tamén en mil pedazos normativas que falan de caudal ecolóxico, protección da biodiversidade, conservación de endemismos, preservación do hábitat natural de especies autóctonas.

A Fervenza do Xallas fai 50 anos. Hoxe é unha tristura auténtica. Soio se ve os domingos.

 

Xa non podemos quitarlle ó Xallas a mordaza que apagou a voz da súa fervenza, noutro tempo escoitada ata unha ducia de quilómetros arredor;

 

A ponte das Poldras,baixo o encoro das Conchas . Río Limia.

Encoro das Conchas.

 

xa non podemos cruzar a Ponte das Poldras sobre Antela, pero aínda estamos a tempo de conservar vivos moitos dos nosos ríos, de preservar as comunidades que só neles e nas súas beiras teñen acougo.


Minicentral do Limia, Unha aberración .


Esiximos o estricto cumprimento da lexislación, o que impediría a proliferación de centrais hidroeléctricas a custa dunha riqueza biolóxica e paisaxística que, unha vez perdida, sería irrecuperable".



Relación completa de asinantes:

Marilar Aleixandre - Escritora. Manuel María - Escritor, poeta. Xosé M. Martinez Oca - Escritor. Xosé M. Penas Patiño - Ensaísta. Luís López Tosar - Actor. Morquecho - Pintor. Mini - Cantor. Mero- Cantor. Manolo Rivas - Escritor. Xan G. Muras - Fotógrafo. Manuel Bragado Rodríguez - Editor. Manuel Lourenzo González - Actor, escritor. Miguel Anxo Fernán-Vello - Escritor, editor. Euloxio R. Ruibal - Escritor. Lupe Gómez - Escritora. Miguel Vázquez Freire - Escritor. Yolanda Castaño Pereira - Escritora. Fran Alonso - Escritor. Xosé Lois Gonzalez (O Carrabouxo) - Humorista. Xoán Carmona Badía - Profesor U.S.C., ensaísta. Cesáreo Sanchez - Escritor, poeta. Camilo Nogueira - Ensaista. Francisco Pillado - Editor. Raúl Galego - Músico, gaiteiro. Millán Picouto - Escritor. Francisco Rodriguez - Ensaísta. Pepe Carballude - Escritor. Miguel Anxo Seixas Seoane - Escritor. Xosé Ballesteros - Editor, escritor. Manuel Veiga - Xornalista, escritor. Xosefa Casalderrey - Escritora. Lois Diéguez - Escritor. Carlos Vales - Ensaísta. Bernardino Graña - Escritor. Mª Pilar Garcia Negro - Ensaísta. Marica Campo - Escritora, poeta. Carlos M. Callón - Poeta. Anselmo López Carreira -Ensaísta. Xurxo Souto Eiroa - Artista. Victor Lorenzo Mosqueira - Actor. Xosé M. Beiras - Ensaísta. Xosé Penabade Gonzalez - Actor. Francisco Sanchez Insua - Deseñador. Mª Xosé Rodriguez Bouzas -Actriz. Javier Turmes -Músico. Nacho Porto - Ceramista. Mekame Fez. Santos - Actriz, titiriteira. Xosé Mª Lema Suarez - Ensaísta. Evaristo Calvo Valcárcel - Actor. Marta Dacosta Alonso - Ecritora,poeta. Pepe Carreiro - Debuxante. Sonia Castelo - Actriz. Miro Villar González - Escritor. Carme Vidal Laxe - Ensaísta, xornalista. Secundino Lorenzo Fernández -Profesor.  Xosé Mª Alvarez Cáccamo - Escritor. Mara Sánchez - Actriz . Margarita Ledo Andión - Escritora. Nolo Suárez - Pintor. Sonia Méndez - Actriz. David Lista Raña - Escultor. Montse Santos Rodriguez - Fotógrafa. Manuel Lago García - Teatro de Rúa. Marcos González Carballido - Actor, pallaso. Xosé Morais Rodriguez - Guionista. Cristina Rodríguez Sampedro - Actriz. Rafael X. Villar González - Escritor. Cipriano Luis Jiménez Casas - Médico,ensaísta . Antonio Rodríguez López - Escritor. Victor Lorenzo Mosqueira - Actor. Salvador García-Bodaño - Escritor. Secundino Lorenzo Fdez. - Profesor.

Nota: os links, as fotografías alusivas ao manifesto,  están feitas polo autor da www, como un acto de solidaridade co manifesto que suscribe plenamente e apoia. Ourense. Octubro do 2001.

              (Sair os ríos galegos.)