As venas galegas son: os seus ríos. 

salir.jpg (922 bytes) Saír.        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS RÍOS GALEGOS MAIS IMPORTANTES.

 

"Galicia é o país dos dez mil ríos", decía Alvaro Cunqueiro, e dende logo e certo.

Ver estos dous dibuxos para comprender as vertentes de todos os grandes ríos galegos; os dibuxos están sacados do libro "A natureza" publicado pola Nosa Terra:

 

 

No dibuxo aparecen marcadas as vertentes galegas en trazo bermello.

Ver no seguinte dibuxo as vertentes.

Aquí están marcadas as grandes vertentes galegas. O dibuxo permite entender a gran bacia do Miño-Sil  que é sin dúbida a maior de Galicia.

O río galego máis importante é o río Miño. De feito a cunca do río Miño comprende a do Miño en si e a parte do río Sil que queda dentro das provincias de Ourense e Lugo.

Os ríos galegos por orden de lonxitude son :

Nº Orden Río  Lonxitude Nacemento  Desembocadura
1 Miño 307,5 km. Pedregal I. ( Meira) A Guarda.
2 Sil 225 Km. Cueto Albo ( León) Río Miño. Os Peares.
3 Ulla 135 km. Fonte Ulloa ( Taboada) Ría de Arousa.
4 Tambre 134 km. Montes de Bocelo ( Sobrado) Ponte Nafonso ( Noia).
5 Arnoia 87 km. Serra de San Mamede ( Vilar de Barrio) Río Miño por Arnoia.
6 Eo 79 km. Montes de Cábado ( Baleira) Ría de Ribadeo.
7 Eume 77 km. Montes de Xistral ( Muras) Ría de Ares.
8 Anllóns 70 km. Serra de Montemaior ( Laracha) Ría de Corme ( Ponteceso)
9 Bibei 60 km. Serra de Porto. Río Sil por Montefurado.
10 Lérez 60 km Monte Coco ( Forcarei) Pontevedra
11 Umia 55 km. Fillois ( Forcarei) Cambados.
12 Lor 55 Km Piedrafita do Cebreiro Río Sil.

Nesta lista faltan ríos como o Támega , que nace en Ourense na Alberguería a 900 m., pero que a súa lonxitude de 171 km. trancurre a maior parte en Portugal xa que é un afluente do Duero. En Galicia únicamente ten 44 Km.

Tamén o Limia con 108 km. un río da provincia de Ourense que nace en Paradiña (Sarreaus) e desemboca en Viana do Castelo en Portugal, salindo da Provincia de Ourense por Lobios. En Galicia únicamente ten sobre 50 km.

Tamén o río Navia con 159 km. pero que nace na Serra do Rañadoiro en Pedrafita do Cebreiro pero desemboca na ría de Navia en Asturias. En Galicia ten únicamente 80 Km.

O mismo se pode decir do río Sil, pero pola súa importancia vouno deixar na lista. Ademáis en Galicia ten 106 km.

Outros ríos tamén considerados como principais son:

Nº Orden Río  Lonxitude Nacemento  Desembocadura
13 Cabe 55 km Fontes ( O incio) Río Sil. Sober.
14 Sarria 57 km Serra de Oribio ( Samos) Río Neira.
15 Neira 61 km. Montañas de Fontaneira Río Miño. Páramo.
16 Tea 53 km. Nieva ( Avión) Miño en Salvatierra
17 Támoga 54 km. Serra de Carba ( Abadín) Río, por Cospeito.
18 Xallas 50 km. Monte Castelo ( Santa Comba) Ensenada de Ézaro.
19 Deza 47 km. Monte do Testeiro ( Irixo) Río Ulla entre Silleda y Vila de Cruces.
20 Arnego 46 km Poboadura ( Rodeiro) Río Ulla, por Brocos ( A golada)
21 Mandeo 43 km Montes de Bocelo ( Sobrado) Ría de Betanzos.
22 Ouro 46 km. Montes de Xistral ( Muras) Fazouro ( Foz)
23 Verdugo 44 km Serra do Suído ( A Lama) Ría de Vigo.
24 Mero 41 km Montes de A Tieira Ría do Burgo ( Culleredo)
25 Sor 42 km. Montes Caxado Ría do Barqueiro.
26 Navea 37 km. Serra de San Mamede. Río Bibei por Montefurado.

Nesta lista falta (seguramente), o río máis importante: que é o río do teu pobo.

¡¡¡ Coida o río do teu pobo, sei que é o máis bonito do mundo (1)!!!.  ¡¡¡ Manteno limpo e con vida !!! e  ¡ si observas que ó tratan mal, escríbeme e cóntamo ( manda foto si podes). Polo menos denunciaremos en Internet...ao mellor algún día a Consellería de Medio Ambiente fainos caso.

(1) Lembro a frase de Amélia Andrade "Nâo há maior nem mais belo rio do que aquele que passa na aldeia de cada homem."

   mailto:slorenf@gmail.com

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA.

 

 

 

1.- "A auga na natureza", autor Elixio Rivas Quintas.

Autor Elixio Rivas Quintas. Título " A auga na natureza". Libro que dedica "A quen non quere que a terra morra".

Polo tanto, doume por dedicado un libro que non ten desperdicio. Un libro moi traballado e imprescindible.

Unha xoia.

Deste libro saquei algunhas das palabras que defino e interpreto neste traballo sobre o diccionario ilustrado relacionado cós ríos, no que xa vou nas 140 palabras.

Dar as gracias o autor, que indirectamente me deu a idea.

2.- Galicia en Mapas. Deste libro saquei algunha información sobre os ríos galegos. En particular o mapa de ríos importantes. Está publicado pola Escola Aberta e ten varios autores.

Un libro imprescindible sobre Galicia. Un pouco desfasado xa que é do ano 1980, pero os mapas son perfectamente válidos. Galicia sigue no mismo lugar, soio que cada día a súa natureza non é a mesma, é peor.

 

3.- Dicionario Xeográfico de Galicia elaborado entre 2005 e 2008 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Varios autores.

Sin publicar.

 

4.- Notas etno-lingüisticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo).  J.L.Couceiro.

 

5.- El Habla de Incio.  Tesis de Manuel Glez. Glez. No publicada.

 

6.- Dicionario visual da construción. Autores COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

 

7.- Recollida de palabras, polo autor da web,  o longo dos ríos de Galicia nos últimos corenta anos.

 

Subir.