|
|
Ra de Santo Antón: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Inimigos |
| Distribución Galicia | Interés | protección |
| Links | O croar da raniña | Bibliografía |
| Nome científico |
Hyla arborea. ( Linnaeus, 1758) Clasificación: Reino: Animalia Clase: Anfibios Orden: Anuros (anfibios sin cola) Familia: Hylidae Género: Hyla Especie: Hyla arborea (Linnaeus, 1758)
|
||
| Nome galego |
Ra de Santo Antón. Ranilla. Ra estroza. Estroza. Rela común. Carranco.
|
||
| Nome castelán |
Rana de San Antón.
|
||
| Dimensións |
Ra pequena. 3,5 a 5 cms. Na fotografía pode verse a proporción coa man. As femias son máis grandes cós machos.
|
||
| Identificación: |
A súa cor é verde lisa e case blanca por baixo. Normalmente ten unhas liñas negras polos costados, tímpanos e ollos separan o dorso do ventre. Pode cambiar a cor ata o pardo .
Os ollos son grandes e sobresaintes. A pupila é horizontal e o iris e de cor dourado. Ten, como xa está dito discos adhesivos nos dedos, esta quizás sexa a característica máis importante. Ten unha banda negra dende o ollo ata a cadeira.
|
||
| Alimentación: |
Gústanlle tódolos insectos. Tamén come arácnidos e opalións. As veces tamén lle vai unha miñoca. Cando se aparea o macho non come.
|
||
| Depredadores: |
Ten a tira de depredadores, como tódolas ras, dende as cóbregas ata as aves. Por suposto o maior inimigo é o home xa que queima montes, deseca lagoas, encauza ríos e desfai as beiras dos ríos e regatos que son puro cemento e un longo etc. de desfeitas actuais, que máis ben demostra que o único que interesa son os cartos e o demais, a nosa natureza que a parta un raio. Realmente a ra de San Antón ten dificil a súa existencia. Últimamente coa introducción de especies foráneas de peixes e cangrexos en lagoas e brañas é unha desfeita como afecta a estas rás. Hai zonas como no Ribeiro que está en perigo crítico.
|
||
| Habitats: |
Vive preferentemente nas árbores. É unha especie preferentemente nocturna e crepuscular. Dende logo é unha ra pouco acuática.
Gracias as súas ventoxas dixitais está moi dotada para andar polas árbores. Gusta de tódolos xeitos dos territorios con masas de auga permanentes, con abondosa vexetación nas marxes, como grandes charcas, lagoas, xunqueiras, ríos de correntes lentas.
|
||
| Reproducción: |
Desova en bolas grumosas. O celo ten lugar na primaveira e chega ata o verán. Entón xúntanse os machos a cantar nos regueiros pouco profundos. Na primeira fotografía vese un macho croando. O seu croar é moi alto e escoitase moi lonxe. Escoitar o croar desta raniña neste link. Desplázase ata 1.500 metros a determinadas charcas para aparearse. É moi esixente coas charcas onde se aparea, non lle vale calquera: entre 6 e 10,2 de PH, normalmente sin peixes e con vexetación. O canto chega moi lexos nas noites húmidas de primaveira. Sin dudalo é a ra que en Galicia mellor canto ten. Dende logo, é a que máis lexos chega. O seu canto é ruidoso formando un coro nocturno de tres a seis "guecs-guecs" por segundo. Polo demais sigue as mismas pautas que tódalas rás.
A reproducción empeza en marzo. O canto dos machos acompaña os pescos da troita nos primeiros días e dura ata xuño. Os machos poden cantar metidos na auga, nadando, ou ben na beira, formando as veces grandes concentracións. Por certo o macho ten os membros anteriores mais grandes ca femia e na primaveira mostran unhas rugosidades negruznas na base do primeiro dedo que lle van a servir para agarrarse as femias no momento das manifestacións nupciais. É o que se chama amplexus, que son posturas moi peculiares.
Cando freza pon entre 2 a 125 ovos e esto faino entre 2 a 53 veces. En total sobre 2000 ovos. O macho vai fecundando os ovos que pon a femia, con esta postura, que non é o que se pode pensar. O amplexo é precisamente, esa pretuberancia para collerse ben a femia e poder desenrolar esa labor, básica para a vida. Máis adiante apareceran, a partir dos ovos os cágados. Os cágados poden chegar a ser moi grandes. A metamorfose soe durar 2-4 meses, saíndo da auga a meirande parte dos xuvenís ó remate do verán. O proceso é moi complicado xa que os cágados pasan da sustitución de algúns membros a aparición de outros. Así aparecen as patas e o aparato respiratorio branquial é sustituido por outro pulmonar. Ver un pequeno esquema:
Alcanza a madurez sexual os dous anos. Logo vive entre 6 a 9 anos, con un pouco de sorte.
|
||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios.
|
||
| Protección: |
Case ameazada NT na UICN. Preocupación menor IC. Persoalmente penso que en Galicia está moi ameazada: desecación de charcas e lagoas, introducción nelas de especies foráneas, incendios e un longo etc.
|
||
| Distribución en Galicia: |
Común en Galicia, onde se comprobou a súa presencia dende o nivel do mar ata os 1.800 metros de Peña Trevinca. Pero está irregularmente repartida. En Ourense está por Manzaneda, Trevinca, A cañiza, na zona do Tamega, na Serra de Leboreiro, pero dende logo irregularmente repartida. No Ribeiro está en perigro crítico.
|
||
| O croar da raniña de San Antón. |
Pulsando este link pódese oir o seu croar. O croar desta raniña é o máis potente de tódalas ras de Galicia. Para conseguilo incha dunha forma incrible unha bolsiña que ten para este menester. A bolsa incha tanto que pode poñerse moito máis grande que a súa cabeza, ver si non a fotografía.
Fotografía sacada deste link. Por certo que o canto da raniña máis a fotografía están sacados dun link sobre o Atlas herpetalógico de Andalucia. Una www de Juan Pablo Gonzalez de la Vega. Dar as gracias.
|
Una www de Juan Pablo Gonzalez de la Vega. Dar as gracias.
Fontes:
Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.
Algunha fotografía está sacada da guía de Everest.
Tamén usei o libro "Anfibios españoles" de Alfredo Salvador y Mario Garcia París. Editorial Esfagnos.
![]()