|
|
SAPO ESPORÓNS - CARACTERÍSTICAS.
![]()
| Nome científico |
Pelobates cultripes (Cuvier 1829).
|
||||
| Nome galego |
Sapo de esporóns. Sapo de esporas.
Nesta fotografía vense os esporóns.
|
||||
| Nome castelán |
Sapo de espuelas. Sapo cavador.
|
||||
| Dimensións |
Entre 101 mm y 113 mm as femias. |
||||
| Identificación: |
Este sapo chámase de esporóns xa que presenta precisamente un esporón negro no pé posterior, que lle serve para escavar galerías e logo enterrarse.
Nesta fotografía pódense ver os esporóns. Sapo sin glándulas parotídeas nin plegues dorsolaterais. A pupila é vertical. Manchas obscuras características pero poden faltar completamente. O craneo rodea completamente as órbitas dos ollos. Ollos moi grandes. O dorso é pardo oliváceo, inda que as veces é blancuzco amarelo. A fotografía anterior está sacada nas Chozas de Arriba en León e aparece no libro citado.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Pero gusta tamén de hemípteros, coleópteros, dpteros, lepidópteros, ortópteros e arácnidos.
|
||||
| Habitats: |
Prefere os areais, dunas, sedimentos fluviais, etc. É un sapo crepuscular ou nocturno, como a maioría. Fai pequenos tobos coas características unllas dos talóns (os esporóns) para se encovar.
|
||||
| Reproducción: |
A reproducción comenza entre febreiro e finais de maio. Fano nas charcas onde se atopan as veces unha proporción de machos de 10 a 1. Os machos as veces permanecen na charca ata 20 días, mentras que a femia soio unha ou dúas noites.
A posta dos ovos, entre 1.300 e 6.000 é abandonada en zonas abertas pouco profundas. O desenrolo do embrión dura 12 días e os recén nacidos miden 4-5 mm. Os cágados son os máis grandes da nosa fauna.
Cágado de Pelobates.
Cágado de Pelobates.
|
||||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios.
|
||||
| Protección: |
No está protexida que eu sepa. Categoría mundial UICN: non catalogada. Categoría española: case ameazada NT.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Raro en Galicia, de feito os autores situan este sapo únicamente na provincia de Ourense, no sur de Lugo e nas rías baixas ata Carnota. A verdade é que curiosamente a súa presencia en Galicia está asociada a certas bisbarras secas e cálidas do interior como Verin, Monforte, A Limia, as Rías baixas, cunha coincidencia desta especie con zonas de viñedos. Hoxe é o anfibio máis ameazado en Galicia, seica as comunidades que existen deste sapo están ailladas entre sí e logo ameazadas por urbanizacións, construcións de pistas e introdución de especies foráneas. Toda unha ameaza.
|
||||
| Curiosidades: |
Fotografía Franck Deschandol. Sapo que cando se ve amenazado ínchase e ponse como unha pelota emitidindo uns gritos similares a maullidos.
|
Fontes:
Esos Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y Mario Garcia Paris. Editorial Esfagnos. Mayo del 2001 .
Guía de anfibios e réptiles de Galicia. Moisés Asensi. Baia edicións.
Dice Alberto Rivero no seu blog sobre os invertebrados de Ourense: Unha das localidades habitadas pola especie dentro da comarca da Limia é A Veiga de Ponteliñares, no concello de Rairiz de Veiga, de donde proveñen estas fotografías, realizadas o día 4 de outubro de 2009 na compaña de Martiño, Anxos e Rafa Vázquez.
Pois así queda dito.A fotografía é moi boa.
Saír.
![]()