Fotografía de Fernando Bellido. (Salamandra variedade Gallaica) |
|
Píntiga común: CARACTERÍSTICAS.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Distribución en Galicia |
| Interés | Protección | Curiosidades |
| Folk da píntiga | Bibliografía |
05/03/2008 |
![]()
| Nome científico |
Salamandra salamandra ( Linnaeus 1758)
|
||||
| Nome galego |
Píntega, sacabeira, salamandiga, salamanca, sacarrancha, pintárraga, pezoña, pinchorra, zarramancha, roncha, pinta, zaramela, e outros.
|
||||
| Nome castelán |
Salamandra.
|
||||
| Identificación: |
Entre 6 e 11 cms. de lonxitude corporal. Coa cola pode chegar os 20 cms. Pode vivir 20 anos.
|
||||
| Identificación: |
O aspecto é gordocho, con cabeza grande e glándulas a vista xunta a cabeza.
Pero os aspectos poden ser distintos según sexa o exemplar do norte ou do sur de Galicia ou norte de Portugal. En resumen:
Hai distintos tipo de corpo da píntega en Galicia, según sexa do norte ou do sur, en realidade son distintas subespecies; no norte de Galicia soe estar a Salamandra salamandra Bernardezi; no sur e norte de Portugal a Salamandra salamandra a variedade Gallaica. Así: Negro con pintas marelas que, nas poboacións do norte, son dúas liñas cáseque continuas ó longo do dorso, rabo e cabeza. As liñas amarelas xúntanse na cola. Esta píntiga é máis pequena que a do sur.
Sin embargo nas poblacións do sur de Galicia é máis normal que sexa desta forma:
Destacan as dúas glándulas parótidas a ámbolos dous lados da cabeza e unha liña, de glándulas máis pequenas, paravertebral que recorre o corpo e mailo rabo. Con elas segregan sustancias noxentas para defenderse.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Gústanlle as miñocas e larvas de insectos, inda que come un pouco de todo incluso arácnidos. Tamén gusta moito das babosas e caracois. Dende logo presta moitos servicios os homes, ainda que non o recoñecemos así. Curioso: nunca xanta animais mortos.
|
||||
| Habitats: |
Vive nos bosques, é polo tanto terrestre, evita os prados así como os recunchos moi abruptos e o mato seco. Follas e árbores caidas sempre que sexan húmedas e sombrias son o seu lugar preferido. Tamén se encova baixo as pedras e por suposto as raigotas dos arbres e matos. Trátase dun anfibio nocturno. Durante o inverno, a máis altura, soe darse o período de hibernación, que remata coa primavera. A hibernación non é polo tanto moi normal, xa que se da en montañas altas.
|
||||
| Reproducción: |
O apareamento é moi curioso xa que o cortexo e totalmente un xogo, corren, abrázanse, entrelázanse, refréganse entre sí. Logo o macho deposita o seu esperma no chan, onde a femia o recolle e introduce na súa cloaca. O que sigue, é máis curioso. Trátase dun caso único de ovoviviparismo entre anfibios en Galicia. Pare as súas crias en aguas limpas e osixenadas. Pode chegar a parir as crías ( cabezolos ou cágados) totalmente desenvolvidas.
A verdade é que trátase dun caso inda non moi estudiado, non está claro. Unhas veces nacen as larvas provistas de branquias e a súa metamorfosis tarda de tres a cuatro meses en completarse; outras veces trátase dun auténtico parto, xa que os novos nacen totalmente desenrolados, despois de alimentarse, dentro do útero, dos seus irmáns menos desenrolados.
Outro misterio é que hai femias que paren os poucos meses das cópulas e outras despois de varios anos. Incrible. Vive entre 20-25 anos.
|
||||
| Interés: |
Fotografía de Giorgio Gozzi Moito como tódolos anfibios. Interés especial. Sin embargo non figura na UICN. A píntiga ten sufrido unha notable regresión en Galicia nos últimos anos, as causas están a vista: os incendios, a destrucción do seu habitat en favor da presión urbanística, o cambio climático, a introdución de especies que nada ten que ver co noso entorno, e un longo etc.
|
||||
| Protección: |
Descoñezo o autor da fotografía. Non está protexida que eu sepa. Si está ameazada. Evidentemente poden verse ameazadas pola desecación de zonas húmidas, así como a introdución de peixes e crustáceos foráneos, moi típico últimamente en Galicia. Estos actuan sobre as postas e as larvas. Por suposto os incendios e a presión urbanística son outras das causas da regresión da píntiga.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo é moi común en Galicia e atópase prácticamente en calquera lugar, sobre de todo no outono e períodos húmedos. A proba do anterior é que se trata dun animal que ten moitísimos nomes, esto demostra que é coñecido e que é abondoso en toda Galicia. Tamén se pode pensar que os nomes lle veñen de que é o anfibio máis fuxido polas xentes, xa que coidan que ten pezoña, aínda que no sexa peligrosa. Pode atoparse ata alturas de 1.800 metros. De tódolos xeitos é máis abundante no norte que no sur de Galicia.
|
||||
| Curiosidades: |
A píntiga sempre foi perseguida no noso país galego e tamén en Asturias, sempre foi, inxustamente, acusada de envelenar fontes e regatiños pequenos.
Realmente trátase do seguinte: cando se molesta solta un líquido de aspecto leitoso e desagradable e que pode producir en algúns un pequeno prurito na pel. Nada máis. Basta con lavar as mans. Polo demáis sobra decir que é moi beneficiosa . A súa defensa as veces, aparte do xa dito, é facerse a morta, para elo, ponse panza arriba e a esperar, as veces da resultado.
|
||||
| Folk: |
Os labregos en Galicia sempre tuveron a píntiga como velenosa, e pensaron que podía dañar ao gando si chegaba a tocar o zume que botan polas costas, e que lle chaman orballo.
A verdade é que non é certo. A mordedura da píntiga pode producir un coxo ou goxo, que e unha sorte de pequeno prurito, pero nada máis.
De tódolos xeitos para atallar o mal, que se decía que era unha especie de chaga ou tumor, fanse cruces no sitio infetado e recitase un ensalmo : "Si es de salamantiga, deiqui abanta".
|
Fonte: "Esos anfibios e reptiles gallegos". Jose Curt y Pedro Galán. Tamén utizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.
A maioría das fotografías están sacadas de Internet e non figuran os autores.
Tamén teño consultado, octubro do 2006 o libro "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi.