|
|
Sapo parteiro: características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións-Identificación | Habitats | Alimentación |
| Distribución en Galicia | Reproducción | Curiosidades |
| Interés | Protección | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Alytes obstetricans. ( Laurenti, 1768)
|
||||
| Nome galego |
Sapiño comadrón. Sapo parteiro. Sapiño troiteiro. Sapeta.
|
||||
| Nome castelán |
Sapo partero común.
|
||||
| Dimensións |
Entre 4 - 6 cms. Trátase polo tanto dun sapo pequeno.
|
||||
| Identificación: |
Este sapo ten verrugas vermellas no dorso, a menudo formando unha serie no costado. Este sapiño cincento zarramanchado de negro e vermello polo dorso, ten as partes inferiores tirando a brancas.
É un sapo máis ben pequeno. As patas son curtas, a pel verrugenta, non tén glándulas parótidas e tres calos plantares.
Tamén no lombo ten unha especie de V invertida moi característica A cabeza é máis ancha que longa.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas, os arácnidos, as mariposas, etc.
|
||||
| Habitats: |
Prefere os prados , prados con matorrais e zonas pedregosas e barrancos próximas a charcas e regatos. É unha especie pouco vencellada á auga, da que se pode arredar moito.
|
||||
| Reproducción: |
A reproducción é continua no verán e no outono. Os machos chaman polas femias, que contestan o macho. O seu canto lembra o tinteneo dunha campaíña. Despois do coito e da posta de ovos, entre 50 a 150 ovos, o macho fecunda os ovos e durante uns minutos trata de enrollalos na parte posterior, como se observa na fotografia, sacada en Orduña, Burgos. O macho transporta os ovos durante tres semáns. Transcurrido este tempo o macho métese na auga, normalmente pozas que non quedaron sin auga no verán, e as larvas eclosionan. Hai todos uns estudios sobre o número de larvas relacionado co tamaño posterior.
En xeral son moteados e poden ter un gran tamaño. Incluso vivir máis dun ano ata que remata a metamorfosis. Os cágados alcanzan a madurez o ano e poden vivir ata 7 anos.
Nas fotografías vense distintos estadios do cágado deste sapo que o final perderá a cola e se convirtirá no adulto.
|
||||
| Interés: |
Moito, como tódolos anfibios. Os sapos fan a súa misión como todos os seres vivos. Hai que pensar que o sapo aliméntase de insectos, arácnidos, etc. o cal é un beneficio por exemplo para o agricultor. Sempre se dixo que ter un sapo nunha finca é un beneficio.
|
||||
| Protección: |
Non está protexido que eu sepa. Non aparece na UICN. Non catalogado. E case ameazada; NT na Categoría España.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos lugares máis, por soposto. Así é corrente atopalo pola zona do Támega, xa tocando con Portugal, tamén pola zona da Veiga e o zonas pretas o río Xares. En Lugo é menos común. A fotografía está sacada no Monte Aloya en Tuy, Pontevedra.
|
||||
| Curiosidades: |
Como reacción defensiva arquea a espalda, agachando a cabeza e estirando ó máxima os membros anteriores hacia diante. Para oir como canta ir a este link. Deste link saquei algunhas fotografías.
|
Fonte: Esos Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y Mario Garcia Paris. Editorial Esfagnos. Mayo del 2001 .
Tamén utilizo o libro "Peixes, anfibios, reptiles e Mamiferos" realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. Colección Patrimonio Ecolóxico.
![]()